Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Escenas de ledicia e de cariño familiar, na casa de Becerreá en Lugo onde descansa xa Teresa Romero, a primeira persoa infectada de ébola, fóra de África.

 Teresa dixo hoxe que xa  puido comer o caldo e a empanada que lle preparou súa nai.

    A Xunta destina 4 millóns de euros a un programa para reter a investigadores galegos.  Ofreceralles contratos estables de 5 anos de duración.

  En Consello tamén aprobou unha estratexia para a integración social da poboación xitana, con  90 medidas entre as que destaca mellorar a educación dos nenos deste colectivo

   O Deportivo sae hoxe  para Andalucía onde mañá se enfrontará ao Córdoba. Un partido de moita tensión no que os coruñeses tratarán de saír da perigosa situación na que se atopan.  E no Celta, Augusto  volve estar a disposición do adestrador, despois de máis dun mes de baixa (06/11/14)

Teresa Romero, a primeira persoa infectada de ébola, fóra de África, descansa xa na casa da súa nai, en Becerreá

 A Xunta destina 4 millóns de euros a un programa para reter a investigadores galegos. 

   O Deportivo sae hoxe  para Andalucía onde mañá se enfrontará ao Córdoba. (06/11/14)

Teresa Romero, la auxiliar de enfermería que ha superado el virus del ébola, ha pasado su primera noche en casa de su madre, en Becerreá, en Lugo. Allí se ha marchado por unos días, tras su salida este miércoles del hospital, para descansar y recuperarse de las secuelas del ébola.

Primeira comparecencia pública de Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega que superou o ébola. Os médicos que a atenderon deixaron claro esta mañá que está totalmente curada, que non supón en absoluto, risco de contaxio e que, no seu organismo non queda rastro do virus. Agora poderá facer vida normal e agárdase que nas próximas horas veña ata Becerreá para visitar á súa nai // Case 4 horas estiveron reunidos o presidente da Xunta e mais o líder dos socialistas galegos // Núñez Feijóo ofreceu converter en lei as medidas  contra a corrupción aprobadas no último debate sobre o Estado da Autonomía que buscan máis control do financiamento dos partidos // O líder socialista pediu unha comparecencia de Núñez Feijóo no Parlamento para falar dos casos de corrupción e incluír no acordo ao resto das forzas políticas // Abanca obtivo uns beneficios de 474 millóns de euros, nos nove primeiros meses do ano. A entidade di que está aumentando o volume de depósitos dos clientes. 05/11/14 

En cuanto abandonó el aislamiento, Teresa ya anunció que lo primero que iba a hacer en cuanto saliera del hospital era viajar a Lugo, a Becerreá para darle un gran abrazo a su madre.

 

Primeira comparecencia pública de Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega que superou o ébola. Os médicos que a atenderon deixaron claro esta mañá que está totalmente curada, que non supón en absoluto, risco de contaxio e que, no seu organismo non queda rastro do virus. Agora poderá facer vida normal e agárdase que nas próximas horas veña ata Becerreá para visitar á súa nai // Case 4 horas estiveron reunidos o presidente da Xunta e mais o líder dos socialistas galegos // Núñez Feijóo ofreceu converter en lei as medidas contra a corrupción aprobadas no último debate sobre o Estado da Autonomía que buscan máis control do financiamento dos partidos // O líder socialista pediu unha comparecencia de Núñez Feijóo no Parlamento para falar dos casos de corrupción e incluir no acordo ao resto das forzas políticas // Abanca obtivo uns beneficios de 474 millóns de euros, nos nove primeiros meses do ano. A entidade di que está aumentando o volume de depósitos dos clientes. 05/11/14 

Primeira comparecencia pública de Teresa Romero, a auxiliar de enfermeiría galega que superou o ébola // Case catro horas estiveron reunidos o presidente da Xunta e mais o líder dos socialistas galegos // Abanca obtivo uns beneficios de 474 millóns de euros, nos nove primeiros meses do ano. 05/11/14 

A inxente cantidade de raios que caeron en moitas zonas de Galicia é o efecto máis destacado do temporal na xornada de hoxe. Descargaron máis de mil sobre terra, pero en total rexistráronse por riba de seis mil, a maioría deles sobre o mar // O paro subiu en Galicia en outubro en 5.800 persoas, cunha porcentaxe do 2,45%, superior á media estatal. O incremento notouse sobre todo no sector servizos e na agricultura polo fin da campaña de verán; baixou na industria. Tamén baixou o número de afiliados á seguridade social en case 4.000 persoas // A biblioteca da cidade da cultura conta a partir de hoxe con sesenta e nove incunables. Son uns fondos cedidos por Abanca  ademais de outros 3500 valiosos libros editados entre os séculos XV e principios do XX. 04/11/14 

A inxente cantidade de raios que caeron en moitas zonas de Galicia é o efecto máis destacado do temporal na xornada de hoxe. Descargaron máis de mil sobre terra, pero en total rexistráronse por riba de seis mil, a maioría deles sobre o mar // O paro subiu en Galicia en outubro en 5.800 persoas, cunha porcentaxe do 2,45%, superior á media estatal. O incremento notouse sobre todo no sector servizos e na agricultura polo fin da campaña de verán; baixou na industria. Tamén baixou o número de afiliados á seguridade social en case 4.000 persoas // A biblioteca da cidade da cultura conta a partir de hoxe con sesenta e  nove incunables. Son uns fondos cedidos por Abanca  ademais de outros 3500 valiosos libros editados entre os séculos XV e principios do XX. 04/11/14 

A inxente cantidade de raios que caeron en moitas zonas de Galicia é o efecto máis destacado do temporal na xornada de hoxe // O paro subiu en Galicia en outubro en 5.800 persoas, cunha porcentaxe do 2,45%, superior á media estatal // A biblioteca da cidade da cultura conta a partir de hoxe con sesenta e nove incunables. 04/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións. Na zona coruñesa de Boiro acadáronse os 70 litros por metro cadrado. En Cedeira, tamén na costa coruñesa, o vento superou os 130 km/hora e as temperaturas baixaron dez graos, respecto ás que tiñamos hai unha semana // Arden dúas casas en Betanzos esta madrugada. Ao parecer un cepo de madeira que quedou prendido toda a noite nunha lareira, puido ser a causa do lume. Hai dous feridos leves entre eles a filla do dono das vivendas // O tamaño dos barcos que constrúen os estaleiros galegos estalles a impedir aproveitar os beneficios fiscais do novo Tax Lease, autorizado pola Unión Europea.  Mentres os vascos están a fabricar xa buques duns 40 millóns de custe, os de Vigo aínda non conseguiron ningún contrato novo con este sistema. 03/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións. Na zona coruñesa de Boiro acadáronse os 70 litros por metro cadrado. En Cedeira, tamén na costa coruñesa, o vento superou os 130 km/hora e as temperaturas baixaron dez graos, respecto ás que tiñamos hai unha semana // O consello de contas pide mais medios e material para poder previr a corrupción, no caso de que este órgano fiscalizador do sector publico asuma ese novo cometido // A busca de saídas laborais está a mudar a demanda de estudos superiores. Cada vez son máis os que optan pola formación profesional. A FP duplicou o número de alumnos nos últimos cinco anos chegando aos cincuenta mil. 03/11/14

A borrasca que nos está a afectar deixou xa intensas precipitacións // O consello de contas pide mais medios e material para poder previr a corrupción // A busca de saídas laborais está a mudar a demanda de estudos superiores. Cada vez son máis os que optan pola formación profesional. 03/11/14 

Precipitacións xeneralizadas e descenso das temperaturas. Ese é o resumo do prognóstico do tempo. Pola noite, as chuvias quedarán en forma de chuvascos  intermitentes. 03/11/14