Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

- O tribunal superior de Xustiza de Galicia denega a petición de suspender o permiso do vertido da mina de San Finx, en Lousame porque considera que non responde a unha especial urxencia.

-Os veciños de Mera denuncian ante a conselleria de medio ambiente o mal estado das augas do río que da nome ao concello


- Xa prestaron declaración os dous tripulantes do veleiro belga que se deu á fuga tras embestir un pesqueiro en Corme e que deixou o patrón ferido. Os feitos ocorreron este luns.

Alfonso Rueda frea os rumores: o adianto das eleccións xerais non afecta ás autonómicas previstas para dentro dun ano. Pero a tóda-las formcións politicas lles parece ben, aínda que por motivos distintos, a decisión adoptada por Pedro Sánchez.
O presidente do PP galego estará hoxe en Madrid para participar na xunta directiva nacionala do partido.

O tempo. Mantense a inestabilidade e o risco de chuvascos treboentos, máis probables pola tarde en zonas do interior.
Onte unha forte tromba de auga causou inundacións en Ourense, incluído o centro comercial Ponte Vella.

Ainda aterrando despois do 28M os partidos reuniron as súas executivas ante o adianto das eleccións xeráis, tralo anuncio de Pedro Sánchez de adiantalas ao 23 de xullo.

Un anuncio positivo pras principáis formacións galegas. O bng considera que chega non mellor momento pro seu partido. O PSDG valora a valentía de Sánchez e o PPDG considera que os bos datos do domingo avlan ós populares en Moncloa, Mentres, Alfonsdo Rueda,nega un adianto das elecións Autonómicas.
 

-En Santiago, preocupa que empecen a detectarse na cidade prácticas ilegais vencelladas ó turismo masificado...

-En Sada, ven de crearse a Fundación Monumento a Terraza de Sada. A idea é traballar na promoción do edificio e convertelo nun espazo de promoción cultural

- Dende hoxe, os veciños de Santiago e a súa contorna, xa poden solicitar os permisos pra realización de cacharelas e sardiñadas pra noite do San Xoán.

As eleccións muncipais deixa tres cambios e algunhas incognitas: haberá cambio na cor política nas alcaldías de Ferrol, que recupera o PP, e Santiago, que será para o BNG. Ademais a Deputación de Pontevedra volve a mans do Partido Popular. A incógnita, Ourense... Unha das sopresas da noite foi a victoria de Democracia Ourensana.... as noticias que sairon durante a campaña sobre a xestión do alcalde Pérez Jácome non só non lle provocaron ningún desgaste senón que sobe e convértese na formcion máis votada....Baltar para manter a Deputación terá que falar outra vez con Jácome.
Hoxe é día de análise... non para o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, que xa anunciou que abandona a política.
Ciudadanos desaparece e Vox consegue o seu único edil en Avión

Deportes. o Celta complícouse a vida. Xogarase o descenso na última xornada en Balaídos contra o Barcelona.