Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

José Ramón Gómez Besteiro sinala que vén á Delegación do goberno para facer política e defender a xustiza social. No acto de toma de posesión, tendeu a man á Xunta.

Moitos movementos no ámbito local no día no que o Boletín oficial do Estado publica a convocatoria das eleccións municipais. En Narón, os edis socialistas abandonan o goberno local por orde da dirección galega; a candidata do PP en Lugo ficha a un antigo edil da súa rival Lara Méndez, e o PP leva ó xulgado ós concelleiros de Santiago que aprobaron o aluguer dun local cunha empresa vinculada ó anterior edil de medio rural

Terceiro día de loito en Ribadeo pola morte de catro mozos nun accidcente de tráfico este sábado en Xove. Pola tarde recibirán sepultura.

Acción contra o trafico de cocaína en Pontugal na que, segundo as primeiras noticias, tería morto un presunto narcotraficante galego.

Dous nomes propios este luns, Yolanda Díaz, que será candidata á presidencia do Goberno; e José Ramón Gómez Besteiro, que a primeira hora da tarde toma posesión como delegdo do goberno en Galicia.

E, o sorteo do Bonoloto deixa máis de dous millóns de euros en Lalín. O boleto foi selado na administración de Loterías número dous de Lalín, situada na praza da Mariña.

Hoxe teremos outra xornada de tempo seco e solleiro, aínda que pola tarde aumentarán as nubes polo oeste.

Neste domingo de Ramos, inicio forma da Semana Santa relixiosa, temos que falar de dous conflitos laborais que afectan aos servizo públicos das dúas principais cidades.

En Vigo, onde hoxe por certo se celebra o día da Reconquista, remata o terceiro día de folga dos traballadores do transporte urbano sen que haxa achegamento de posturas e pensando xa en novos paros. E na Coruña, hai convocada folga esta noite os traballadores da planta de tratamento de residuos de Nostián. Sen embargo antes celebrarán unha asamblea por a empresa concecionaria moveu ficha e podería suspenderse.

Lembraremos que hoxe é o día Día Mundial de Concienciación sobre o Autismo e, por suposto, iremos de procesións en Ferrol e Viveiro.

Cuatro jóvenes menores de 20 años han fallecido este sábado en Xove, Lugo, tras salirse de la vía el coche en el que viajaban junto a otros dos ocupantes, uno de ellos, el conductor, en estado grave. Los fallecidos son dos chicos de 18 y 19 años, una chica de 18 años y una menor, todos vecinos de Ribadeo, que ha decretado tres días de luto.

Foto: Accidente de tráfico en Xove, Lugo (EFE/Emilio Pérez)

Sábado tráxico nas estradas galegas este da primeira fin de semana da Semana Santa. Catro mozos, dous homes e dúas mulleres, morreron esta mañá nun accidente de tráfico ocorrido en Xove. Ningún cumprira os 20 anos. O condutor, que é o único que saiu con vida, atópase en estado grave. E mesmo ía no coche un sexto ocupante que resultou ferido leve.

E en Lugo, unha muller de idade avanzada morreu esta madrugada por mor dun lume que se iniciou na cociña e acabou afectando a toda a casa. Non puido fuxir das lapas porque estaba soa e tiña problemas de mobilidade.

Comeza a Semana Santa con varias folgas no trasnporte de viaxeiros por estrada. Cun seguemento maioritario hoxe quedou case un 40% dos servizos mínimos sen cubrir.

Nun día de moitos movementos polo inicio das vacacións pra moitos, no que a DXT agarda en Galicia máis dun millón e medio de desprazamentos en coche.