Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alfonso Rueda nomea a Francisco Conde vicepresidente primeiro e a Diego Calvo vicepresidente segundo. Calvo herda tamén boa parte da carteira que ata o dagora asumía Rueda.

Que tal, boas tardes... son as principais novidades do Gabinete designado polo presidente da Xunta, que queda coas competencias de Turismo. Polo demais, Alfonso Rueda mantén o resto de conselleiros e conselleiras que foran nomeados por Alberto Núñez Feijóo.

O novo Executivo galego, que celebrará mañá o primeiro Consello, é un dos asuntos principais do relato informativo deste domingo 15 de maio, no que se cumpren tres meses do naufraxio do Villa de Pitanxo. E hoxe en Sanxenxo lembran a Juan Manuel Tábara, que hai un mes faleceu na praia de Silgar atropelado por unha lancha rápida.

Neste contexto de cambio político, no tempo da entrevista falamos con Xosé Manuel Beiras.

Alfonso Rueda xurou sobre o Estatuto de Autonomía o seu cargo como presidente da Xunta. É o sexto da historia da Autonomía.

Que tal, boas tardes... no seu primeiro discurso Rueda comprometeuse a manter a estabilidade, a gobernar con prudencia e sen dogmas. Di que despois de anos preocupado por axudarlle ao presidente Alberto Núñez Feijóo a gobernar está prepardo para asumir agora a ponte de mando.

Mentres, dende a oposición fixan a suba dos prezos, o deterioro da atención primaria e o coidado dos maiores como algúns dos principais retos que deberá asumir o novo Goberno. Mañá coñeceremos os conselleiros que designará Alfonso Rueda.

E mentres tiña lugar este acto protocolario, a toma de posesión, no interiro do Parlamento, fóra do Pazo do Hórreo manifestáronse os bateeiros para pedir máis zonas nas que extraer a mexilla

Poucas horas xa para que Alfonso Rueda tome o mando da Xunta de Galicia. Hoxe o Dog e Boe recolleron de forma oficial a sua proclamación como sexto presidente da historia da democracia galega.

Rueda Tomará posesión no mediodía de mañá ante o Parlamento de Galicia e o Domingo podería facer público quenes o acompañarán na súa nova traxectoria en San Caetano.

Os familires do falecidos no Villa de Pitanxo iInsisten en que o goberno ten que poñer medios pra baixar ó pecio. A dous días de que se cumpran 3 meses do afundimento do arrastreiro en Terranova concentráronse ante a Delegación do Goberno, na Coruña

Catro de cada dez galegos ten sobrepeso: unha porcentaxe lixeiramente superior á media española. Mellorar estes parámetros é o obxectivo do Plan "Obesidade Cero", que vén de presentar en Santiago a Consellería de Sanidade

Xornada de folga nos centros de chamadas. Os traballadores levan dende 2019 cos soldos conxelados e denuncian condicións laborais precarias.

Comisións Obreiras denunciará polo penal ó alcalde de Ourense tra-la súa agresión a unha sindicalista. Considera que a agresión, ademais de presentar un posible maltrato de obra, constitúe unha vulneración dos dereitos sindicais.

Do tempo, por diante unha tarde con poucas nubes, e con temperaturas en ascenso.

Alfonso Rueda elexido novo presidente da Xunta. Mañá tomará posesión do cargo e nas horas seguintes dará a coñecer a composición do seu goberno.

Antes da votación no Parlamento reiterou que ten intención de dar continuidade ó proxecto actual. A oposición insistiu en que o do PP é un proxecto esgotado.

Este venres gardarase un minuto de silencio pola morte dunha muller galega en Tenerife, supostamente a mans do seu marido. E, en Vigo veredicto de culpabilidade para o home xulgdo esta semana, acusado de matar á súa irma e unha sobriña

Alfonso Rueda elixido novo presidente da Xunta de Galicia. É a noticia do día. Rueda proclamouse o sucesor de Feijoo tras acadar a maioría absoluta na votación celebrada no pleno de investidura desta mañá. Un pleno, intenso a pesar de saber previsiblemente cal sería o resultado.

Tamén, xornada de mobilizacións na sanidade pública coincidindo co día internacional da enfermaría.