Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alberto Nuñez Feijoo presidiu hoxe o seu último consello da Xunta, o último tamén antes do pleno de investidura. A semana que ven vai ser sustituído polo actual vicepresidente Alfonso Rueda.
Mentres a oposición que votará en contra da investidura de Rueda, pide un cambio na política do goberno galego.

Xornada tamén de concentracións do sector naval en Vigo e do sector do siderometal na provincia da Coruña. Tamén nuns intres, dará comezo unha mobilización en Ourense en repulsa ao incidente do rexidor Perez Jacome cunha sindicalista hai dous dias

Gonzalo Pérez Jácome segue a ser protagonista da actualidade tras a súa agresión a unha voceira sindical. Esta tarde nova concentración en Ourense contra o alcalde. Nela estará o secretario xeral socialista, Valentín González Formoso. Xa avanzou que o seu grupo está disposto a falar con quen sexa necesario, isto inclúe ó PP, para ver a Jácome fora do consistorio antes de que remate a lexislatura. Alfonso Rueda tratará o tema co grupo municipal popular, ó que o BNG lle pide responsabilidades por facilitar o goberno de Democracia Ourensana. Todo no marco da folga dos autobuses urbanos de Ourense, hoxe terceiro día

- Última reunión do Consello da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo.

A xunta de portavoces ordenou hoxe o debate de investidura de Alfonso Rueda que empezará o martes ás nove e media da mañá.

- Folga no sector do metal na provincia da Coruña.

Os sindicatos demanda un convenio colectivo que garanta o poder adquisitivo dos salarios. Son 16 mil os traballadores afectados.

- Premiado un test, creado en Pontevedra, que mellora o diagnóstico de trastornos autistas.

Unha ferramenta premiada no Congreso europeo de neurosiquiatria que facilita a atención precoz e mellora o tratamento.

- En Galicia hai arredor de 1.800 menores tutelados pola Xunta.

Distintos especialistas analizan estes días en Santiago as ameazas ás que se ve sometida a infancia, dende o maltrato físico e psicolóxico á trata de persoas

O partido popular rexeita a agresión do alcalde de Ourense a unha sindicalista e o futuro presidente, Alfonso Rueda, que hoxe ten un acto como candidato en Ourense ten previsto reunirse co grupo municipal. Sindicatos e oposición pídenlle ó PP que non sosteña máis tempo a Jácome na alcaldía.
E novidades no caso Déborah Fernández, un informe que xa está en mans do xulgado de Tui sostén que o seu ordenador foi manipulado cando estaba en mans da policía.
Deportes. O Celta abre expediente e aparta do traballo do equipo a Santi Mina, condenado a catro anos de prisión por abuso sexual.

Alfonso Rueda califica de inaceptable o comportamento do alcalde de Ourense ao empurrar a unha sindicalista durante as protestas dos traballadores de urbanos na tarde de onte.

O caso de debora fernandez , a viguesa asasinada en Vigo no ano 2002, segue destapando irregularidades. A empresa encargada do informe pericial do disco duro da vitima, Lazarus Tecnology, confirma que foi manipulado despois de ser entregado a policia.

Todo nun día que tamén trae boas novas. Os desempregados baixan en Galicia en 2.734 persoas menos

Os sindicatos poñen deberes ó futuro presidente da Xunta tralos datos de emprego coñecidos esta mañá. As cifras non son malas, deixa a 2700 persoas menos nas ringleiras do paro, con auxe no sector servizos, con baixadas lixeiras na construción e no sector primario, e coa cara B na industria. Tódolos sectores reducen o desemprego menos o industrial.

- Os traballadores de Barreras anuncian medidas legais contra a venda do estaleiro a Armón.

Critican que o administrador concursal se desentedera dos traballadores. O grupo asturiano só se compromete a dar emprego a unha vintena dos 120 traballadores.

- En Ourense, Comisións Obreiras ten intención de denunciar ó alcalde pola agresión a unha afiliada.

Tanto este sindicato como os partidos da oposición pídenlle ó Partido Popular que non sosteña por máis tempo a Jácome na alcaldía.

- O grupo parlamentario socialista pide unha actualización da lei do xogo que data de 1985.

Rexistrou na Cámara unha proposición de lei pra poñer freo os problemas de ludopatía que afectan, sobre todo, ós máis novos.

- O Correlingua, en defensa do galego, recupera este ano a rúa logo da pandemia.

Hoxe comezou en Pontevedra. Non hai as habituais marchas doutras edicións pero si festas coa participación dos escolares