Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Durante as primeiras horas un frente frío poco activo llegará deixará un auemnto de nubes con posibilidade dalgunha chuvia illada, mais probable ao norte e noroeste. As temperaturas sen cambios significtivos. 25-03-2021

Enclaves turísticos da costa como Sanxenxo e Baiona afrontan a Semana Santa con maiores restricións, ao multiplicarse alí os contaxios rexistrados dende a ponte de San Xosé. // Baixan a 2.400 os casos activos, ainda que repuntan lixeiramente os novos contaxios, 162, nas últimas horas. A presión hospitalaria segue á baixa, e rexistráronse catro mortes máis. //.Demanda conxunta contra 11 entidades financeiras para reclamar a devolución de comisións de apertura de préstamos hipotecarios. A Asociación Galega de Consumidores considera que foron cobradas indebidamente. // Un sistema de cores e letras para identificar cómo de saudables son os alimentos. O semáforo nutricional Nutri Score comenza a ser usado por algunhas marcas, a espera da sua regulación obrigatoria polo goberno, ainda que moitos consumidores o descoñecen. 25-03-2021

A pandemia entrou en GAlicia nun punto de estabilidade. Os novos casos teñen unha baixada moi lixeira nun día de repunta dos contaxios, e os hospitais continúan baleirando camas.

O baixo ritmo de vacinación e a posibilidade dunha cuarta vaga xeran incerteza na economía. Galicia resiste mellor que o conxunto do Estado o envite da crise, pero o PIB galego cae case un 9%.

Consello da Xunta monográfico sobre os fondos europeos "Next Generation". Analizaron 354 proxectos pra optar a eses fondos europeos. A Xunta apoiará ás pequenas empresas pra que poidan optar

Adolfo Domínguez quere prescindir de 300 traballadores en toda España. Descoñécese aínda o impacto que o ERE terá nos servizos centrais de Ourense.

Nova concentración da Ciga, en paralelo cos sindicatos nacionalistas de Cataluña e Euskadi. Reclaman a derrogación íntegra da reforma laboral

A Igrexa do mosteiro de Santo Estebo segue desvelando segredos agochados durante séculos. As obras de restauración sacaron á luz varias pinturas murais dos séculos 15 e 16.

No tempo, máis nubes e posibilidade dalgún orballo illado e ocasional no extremo norte.

Mañá entran en vigor os reaxustes adoptados polo Comité Clínico o pasado martes...
Os concellos coruñeses de Ortigueira, Abegondo e Neda, estarán dende este venres en nivel alto de restriccións.  En nivel medio quedan Boimorto, Bergondo, Culleredo, Ponteceso, Arteixo, A Coruña, A Laracha, Betanzos, Camariñas, Laxe e Valdoviño.
No resto dos concellos estarán fixadas as condicións do nivel medio baixo

Mentres vai amencendo con nubes e claros, vanse concretando os detalles de cara á Semana Santa. A última reunión entre o Goberno e as autonomías acabou case como empezou. O Executivo Central decidiu deixar en mans das comunidades posibles medidas máis restrictivas. Con carácter xeral, o toque de queda, como máximo, ás once da noite e prohibición, iso si, de reunións sociais nos domicilios.

Isto en Galicia tradúcese en que non hai novidades: a hostalaría pechará as nove e teremos que estar na casa sempre antes das dez.

No que coinciden delegación do Goberno e Xunta é en advertir que estamos nunha situación crítica, nunha fase de meseta, que nos pode levar a unha cuarta vaga. Para evitalo, insisten, será obrigado restrinxir a mobilidade ó mínimo

Frear a cuarta vaga. É a prioridade que se marca a Xunta para manter as restricións que xa están vixentes durante a Semana en toda Galicia, con algúns cambios a partir do venres: Os concellos de Maside e Beade serán os únicos en nivel máximo. Sanxenxo e Baiona suben ao nivel alto. Rexeita, en cambio o peche por provincias proposto polo goberno central. // A frota galega que faena en augas comunitarias poderá seguir cos mesmos cupos de capturas ata o mes de agosto, logo da prórroga acordada pola Unión Europea, mentres negocia un acordo definitivo para todo o ano co Reino Unido // A velocidade inadecuada e as distracccións ao volante, como usar o telefono mobil, son a causa da metade das mortes que se producen cada ano nas estradas. Un cambio na lei endurece o actual sistema de puntos do carnet de conducir para tratar de porlle freo o número de accidentes. // Novo recoceñecemento para Guadi Galego. Un dos seus temas, Cólico elixido coma mellor canción en galego no Aritmar, un certamen que organiza a escola oficial de idiomas de Santiago. 24-03-2021

A vacina de AstraZeneca volve ser administrada a profesionais esenciais como Policías, bombeiros, persoal sociosanitario e das garderías. Entre os citados, incluirase a partir de agora aos que teñen ata 65 anos. // O Comité Clínico da Xunta decide manter as restricións vixentes durante a Semana Santa en toda Galicia, con algúns cambios a partir do venres: Os concellos ourensáns de Maside e Beade serán os únicos en nivel máximo. Sanxenxo e Baiona suben ao nivel alto. // Conductores afectados polas peaxes durante as obras da Ponte de Rande comparecen na vista de apelación da sentenza contra Audasa. // Abre as suas portas o MOV, o primeiro museo que se crea en España en formato cen por cen dixital. Un espazo de 3.000 metros cadrados, a disposición de artistas e productores de contidos impulsado pola Fundación María José Jove. 24-03-2021

Xornada de ceo con nubes tipo alto en xeral máis compactas da provincia da Coruña e norte de Pontevedra. As temperaturas mínimas se ncambios e as máximas eperimentarán un descenso. 24-03-2021

A vacina de AstraZeneca volve ser administrada a profesionais esenciais como Policías, bombeiros, persoal sociosanitario e das garderías. Entre os citados, incluirase a partir de agora aos que teñen ata 65 anos. // O Comité Clínico da Xunta decide manter as restricións vixentes durante a Semana Santa en toda Galicia, con algúns cambios a partir do venres: Os concellos ourensáns de Maside e Beade serán os únicos en nivel máximo. Sanxenxo e Baiona suben ao nivel alto. // Conductores afectados polas peaxes durante as obras da Ponte de Rande comparecen na vista de apelación da sentenza contra Audasa. // Abre as suas portas o MOV, o primeiro museo que se crea en España en formato cen por cen dixital. Un espazo de 3.000 metros cadrados, a disposición de artistas e productores de contidos impulsado pola Fundación María José Jove. 24-03-2021

Os hospitais galegos baixaron a terceira vaga. As camas e UCIs ocupadas están en niveis de outubro.

Hoxe volveron as vacinas a traballadores esenciais. Segundo o conselleiro de Sanidade, unhas 67 mil persoas destes colectivos xa recibiron a súa dose.

No consello interterritorial desta tarde, Galicia rexeita ampliar as restricións. Sí pedirá ao Ministerio que se evite que veñan persoas doutras comunidades se os galegos non poden saír.

No Parlamento galego, a dous días da xuntaza entre os líderes dos tres partidos, a oposición centrou a sesión de control na relacion do PP galego coa Caixa B do Partido POpular.

Hai uns minutos asinábase en madrido Acordo por unha transición enerxética xusta. Importante pro futuro da comarca de ferrolterra.

Na audiencia de POntevedra quedaron vistos pra sentenza os recursos presentados contra unha sentenza que condenou a Audasa a devolve-las peaxes cobradas durante as obras da ponte de Rande.

No tempo. Temperaturas algo máis baixas, ceos pouco anubrados

Este martes houbo reunión do comité clínico para evaluar o impacto da pandemia... os posibles cambios teñen máis que ver coa situación dos propios concellos, nos que algúns cambian de nivel, que coa incorporación de novas medidas...

Iso sí, haberá que esperar a comparecencia do conselleiro de sanidade ao longo da mañá para concretar máis o acordado na reunión do comité.

Sanidade confirmou o falecemento de dúas persoas na área sanitaria de Santiago-Barbanza nas últimas horas.

Acordo en Santiago sobre o uso dos remanentes de 2020. O goberno local acepta a proposta da oposición e destinará a axudas tres millóns e medio dun total de cinco.

O PP presentou onte no Parlamento unha moción sobre a necesidade urxente de carga de traballo para Navantia.

Galicia esperta hoxe con algunha nube máis no ceo e cun novo mapa de restriccións polo coronavirus que entrará en vigor a partir do venres. Daquela quedarán só en nivel máximo os concellos ourensáns de Beade e Maside, pero do máis chamativo é tamén que ás portas da Semana Santa, municipios turísticos como Sanxenxo e Baiona teñan que conformarse co nivel alto. A hostalaría, polo tanto, só poderá abrir no exterior.

Antes de ir cos detalles destas últimas decisións do comité clínico, lembramos tamén que hoxe volve administrarse a vacina de AstraZéneca en Galicia.

E que á unha da tarde se asina en Madrid o acordo para a transición xusta das centrais térmicas en peche. Entre elas, Endesa, nas Pontes.