Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Unhas 120.000 persoas congregadas no Monte do Gozo, en Santiago, durante tres días de concertos, con máis de 40 artistas nacionais e Internacionais, de C Tangana a Liam Gallaguer. Así será a edición deste ano do O Son do Camiño, que xa levou a poñer o cartel de completo na hostalaría compostelá.

A Universidade de Santiago celebra o 50 aniversario do mítico concerto de José Afonso, no que estreou o Grándola Vila Morena, o tema que se convertiría en emblemático da revolución dos caraveis de Portugal e marcou a toda unha xeración de estudantes.

Unha exposición recolle, na Coruña, a creadoras de primeira liña dos séculos XX e XXI que, porén, non tiveron o recoñecemento debido por seren mulleres. 

A comarca pontesa agarda a recuperación industrial co proxecto de fábrica de pneumáticos, promovido por un grupo chinés, con máis de 500 millóns de euros de investimento e que permitiría crear 750 empregos directos.

Buño (A Coruña) acolle unha exposición de quen foi man dereita de Isáac Díaz Pardo nos deseños de Sargadelos.