Quen queira coñecer Galicia sen utilizar o coche, pode facelo viaxando nos trens turísticos que percorren o territorio de xuño a outubro. Este programa ofrece trece rutas nas que se combina a viaxe en tren con itinerarios guiados para coñecer o noso patrimonio, a nosa gastronomía e os nosos viños.
A Selección Española, despedida por grupos de afeccionados no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, voa xa cara a Estados Unidos, para competir no Mundial. Foi tras disputar o partido contra Iraq, en Riazor, con empate a uns | Polémica polos erros nos exames da PAU en materias como Debuxo Técnico ou Historia. A comisión organizadora promete telos en conta na corrección das probas, que comeza hoxe, pero defende a súa xestión | Aceites infusionados procedentes de Dubai ou bombóns de queixo con viño de Zamora. Son produtos alimentarios innovadores, que se presentan na Semana Verde de Galicia, en Silleda, que abre unha nova edición. 05-06-2026
A Selección Española, despedida por grupos de afeccionados no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, voa xa cara a Estados Unidos, para competir no Mundial | Polémica polos erros nos exames da PAU en materias como Debuxo Técnico ou Historia. A comisión organizadora promete telos en conta na corrección das probas | Arranca a temporada do programa de trens turísticos de Galicia | Aceites infusionados ou bombóns de queixo con viño de Zamora. Son produtos alimentarios innovadores, que se presentan na Semana Verde de Galicia, en Silleda. 05-06-2026
A fin de semana comeza con nubes e con chuvias que chegarán pola noite e se estenderán por todo o territorio durante a madrugada. Mañá sábado e sobre todo o domingo recuperamos a influencia do anticiclón con ascenso de temperaturas xa con valores máximos por riba dos 25 graos. Hoxe oscilarán entre 19 en Santiago e Pontevedra e 26 en Ourense. 05-06-2026
A Selección Española, despedida por grupos de afeccionados no aeroporto Rosalía de Castro de Santiago, voa xa cara a Estados Unidos, para competir no Mundial. Foi tras disputar o partido contra Iraq, en Riazor, con empate a uns | Polémica polos erros nos exames da PAU en materias como Debuxo Técnico ou Historia. A comisión organizadora promete telos en conta na corrección das probas, que comeza hoxe, pero defende a súa xestión | Arranca a temporada do programa de trens turísticos de Galicia, coa saída da Ruta dos Faros, as da Ribeira Sacra polo Sil e polo Miño e a dos Mosteiros | Aceites infusionados procedentes de Dubai ou bombóns de queixo con viño de Zamora. Son produtos alimentarios innovadores, que se presentan na Semana Verde de Galicia, en Silleda, que abre unha nova edición. 05-06-2026
Procedentes das illas do Pacífico, máis de 200 pezas da colección do Museo Británico, chegan a Santiago para abraiarnos coa riqueza e a creatividade das culturas de Oceanía. Ata finais de novembro, o Museo Centro Gaiás mergúllase nun océano repleto de vida, xentes e conexión.
O xoves de Corpus Christi non se entende en Redondela sen a tradicional Festa da Coca. O traslado da virxe A Gabacha, a gran protectora dos veciños, acompañada pola danza das espadas nunha vila chea de alfombras florais.
A PAU remata con polémica despois dos erros detectados en varios exames, entre eles o de Debuxo Técnico, que incluso recoñece a propia comisión que se encarga da organización das probas, que asegura que serán tidos en conta á hora de correxir os exames | Concentracións de protesta hoxe, diante da maioría dos hospitais e centros de saúde convocadas pola Plataforma SOS Sanidade Pública | No mes de maio, en Galicia rexistráronse dezaoito mortes que o Ministerio de Sanidade atribúe á calor. O incremento das temperaturas, cunha media case dous graos por riba da habitual, obrigou ao goberno a recalcular os umbrais de alerta | A Selección Española xa está na Coruña para desputar o amigable contra Iraq. A festa comeza esta tarde na Fan Zone instalada na praza de María Pita | Procedentes das illas do Pacífico, máis de 200 pezas da colección do Museo Británico, chegan a Santiago. 04-06-2026
Claros pola tarde despois dunha mañá con algunhas chuvias polo paso dunha fronte pouco activa. As temperaturas baixan aíndan máis.. As máximas entre os 18 graos en Santiago e 22 en Ourense. 04-06-2026
A PAU remata con queixas por erros nalgúns exercicios. A comisión organizadora di que se terán en conta na correción | Concentracións de protesta diante da maioría dos hospitais e centros de saúde convocadas contra o aumento das listas de agarda | A Selección Española xa está na Coruña para desputar o amigable contra Iraq | O Museo Gaiás rende homenaxe á riqueza e diversidade de Oceanía, na exposición "Voces do Pacífico". Por primeira vez, exhibe obxectos históricos e obras de arte procedentes do British Museum. 04-06-2026
Rematan as probas de acceso á universidade con polémica por erros detectados nalgúns exercicios, sobre todo nas materias de Debuxo Técnico e Historia de España. A comisión organizadora promete telo en conta na corrección pero descarta repetir os exames | A Plataforma SOS Sanidade Pública protagoniza concentracións diante dos hospitais e centros de saúde, en protesta polo aumento das listas de agarda. Unhas listas que, aseguran, son unha das principais causas da prolongada duración das baixas laborais contra a que pretende loitar a Xunta | Riazor acolle o amigable da Selección Española fronte a Iraq. Unha oportunidade para repartir minutos ante as ausencias de Lamine Yamal ou Nico Williams, xusto antes de saír cara o mundial. A partir das 9 da noite, partido retransmitido pola Primeira con narración en galego e en castelán | O Museo Gaiás, en Santiago, convida a mergullarse nas culturas de Oceanía, cunha homenaxe á riqueza e diversidade dos seus habitantes, na exposición "Voces do Pacífico". Por primeira vez, exhibe en Galicia obxectos históricos e obras de arte, pezas únicas procedentes do British Museum. 04-06-2026
- Ocupa 1.400 metros cadrados do muro do espigón da Doca de Baiona
- A artista Lula Goce leva semanas traballando nunha gran paisaxe mariñeira
En Baiona, toma forma o mural máis grande de España. A artista Lula Goce, natural desta localidade e con obras en todo o mundo, leva semanas traballando sobre o muro do espigón nunha obra de 1.400 metros cadrados e case medio quilómetro de longo na que busca reflectir a alma mariñeira da vila.
Accidente dun camión con preto de 200 porcos na estrada 525 á altura do concello de Sandiás. O vehículo envorcou e os animais tiveron que ser rescatados coa participación de equipos de bombeiros. O condutor só sufriu feridas leves.
Accidente dun camión cargado con cerca de 200 porcos na estrada nacional 525 á altura do concello ourensán de Sandiás | Alfonso Rueda reivindica o papel da Xunta para atraer a multinacional chinesa SAIC para unha fábrica de coches en Ferrol, mentres o socialista Gómez Besteiro atribúe o maior mérito ao goberno central | A Kombucha, a bebida fermentada de moda, elaborada, normalmente, a partir do té verde e coñecida polo seu aporte de bacterias saudables, vai ter, a partir de agora, unha versión producida en Galicia | Todo preparado na Coruña para o partido amistoso de mañá da selección española contra Irak. O campo de Riazor xa está acondicionado logo dos desperfectos que sufríu o domingo durante a festa de ascenso do Deportivo | En Baiona toma forma o que será o mural máis grande de España. A artista Lula Goce traballa sobre o muro do espigón nunha obra de 1.400 metros cadrados que busca reflectir a alma mariñeira da vila. 03-06-2026
Ceos parcialmente cubertos, con máis nubes na metade oeste. Pola noite os chuvascos febles estenderanse a metade leste. As temperaturas mínimas sufren un descenso e as máximas ascenden lixeiramente, pero con valores baixos para a época do ano, entre os 19 graos de Santiago e os 28 de Ourense. 03-06-2026
Accidente dun camión cargado con cerca de 200 porcos na estrada nacional 525 á altura do concello ourensán de Sandiás | O grupo Inditex rexistra un beneficio neto de máis de 1.300 millóns de euros no primeiro trimestre fiscal, un 5,4% máis en comparación co mesmo período de 2025 | A Kombucha, a bebida fermentada de moda, coñecida polo seu aporte de bacterias saudables, vai ter, a partir de agora, unha versión producida en Galicia | En Baiona toma forma o que será o mural máis grande de España, a cargo da artista local Lula Goce. 03-06-2026
Accidente dun camión cargado con cerca de 200 porcos na estrada nacional 525 á altura do concello ourensán de Sandiás. O vehículo quedou envorcado e os animais tiveron que ser rescatados coa participación de equipos de bombeiros | O proxecto de fábrica de coches da multinacional chinesa SAIC en Ferrol centra a sesión de control do Parlamento. Rueda reivindica o papel da Xunta para atraer investimentos, mentres Besteiro atribúe o maior mérito ao goberno central | O grupo Inditex rexistra un beneficio neto de máis de 1.300 millóns de euros no primeiro trimestre fiscal, un 5,4% máis en comparación co mesmo período de 2025. As vendas aumentan case un 6 por cento. Unhas cifras record, pese ao incremento de custos que fan aumentar nun 5 por cento cotización bursatil da multinacional | A Kombucha, a bebida fermentada de moda, coñecida polo seu aporte de bacterias saudables, vai ter unha versión producida en Galicia. A Casa Grande de Xanceda adapta as suas instalacións para lanzala ao mercado a partir dunha receita milenaria. 03-06-2026
- As primeiras testemuñas, dous mozos, relatan dúas pelexas consecutivas
- A Fiscalía só acusa a un dos procesados, para o que pide 14 años de cárcere