Accidente dun camión con 200 porcos en Sandiás | Chega a kombucha feita en Galicia | Lula Goce traballa en Nigrán no mural máis grande de España
03/06/2026 00:10:03Accidente dun camión cargado con cerca de 200 porcos na estrada nacional 525 á altura do concello ourensán de Sandiás | Alfonso Rueda reivindica o papel da Xunta para atraer a multinacional chinesa SAIC para unha fábrica de coches en Ferrol, mentres o socialista Gómez Besteiro atribúe o maior mérito ao goberno central | A Kombucha, a bebida fermentada de moda, elaborada, normalmente, a partir do té verde e coñecida polo seu aporte de bacterias saudables, vai ter, a partir de agora, unha versión producida en Galicia | Todo preparado na Coruña para o partido amistoso de mañá da selección española contra Irak. O campo de Riazor xa está acondicionado logo dos desperfectos que sufríu o domingo durante a festa de ascenso do Deportivo | En Baiona toma forma o que será o mural máis grande de España. A artista Lula Goce traballa sobre o muro do espigón nunha obra de 1.400 metros cadrados que busca reflectir a alma mariñeira da vila. 03-06-2026
- Dirigido por
- Xan Touceda, Lois Docampo
- Géneros
- Información y actualidad
- Accesibilidad
- Subtitulado