Telexornal Galicia 04-06-2026 | Vexa
Telexornal - Galicia  Telexornal Galicia 04-06-2026

A PAU remata con queixas por erros nalgúns exercicios | Protestas contras listas de agarda ns Sanidade | Chega a selección para o amigable contra Iraq

04/06/2026 00:25:05
Recomendable para todos los públicos
Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 04-06-2026 Telexornal - Galicia - Telexornal Galicia 04-06-2026
Telexornal Galicia 04-06-2026 00:25:05 04/06/2026
Recomendable para todos los públicos Sub
Sinopsis

Rematan as probas de acceso á universidade con polémica por erros detectados nalgúns exercicios, sobre todo nas materias de Debuxo Técnico e Historia de España. A comisión organizadora promete telo en conta na corrección pero descarta repetir os exames | A Plataforma SOS Sanidade Pública protagoniza concentracións diante dos hospitais e centros de saúde, en protesta polo aumento das listas de agarda. Unhas listas que, aseguran, son unha das principais causas da prolongada duración das baixas laborais contra a que pretende loitar a Xunta | Riazor acolle o amigable da Selección Española fronte a Iraq. Unha oportunidade para repartir minutos ante as ausencias de Lamine Yamal ou Nico Williams, xusto antes de saír cara o mundial. A partir das 9 da noite, partido retransmitido pola Primeira con narración en galego e en castelán | O Museo Gaiás, en Santiago, convida a mergullarse nas culturas de Oceanía, cunha homenaxe á riqueza e diversidade dos seus habitantes, na exposición "Voces do Pacífico". Por primeira vez, exhibe en Galicia obxectos históricos e obras de arte, pezas únicas procedentes do British Museum. 04-06-2026

Ficha técnica
Dirigido por
Xan Touceda, Lois Docampo
Géneros
Información y actualidad
Accesibilidad
Subtitulado