Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

NATALIA AYALA.- El alcalde de Carral, donde ha tenido lugar el trágico accidente en el que un coche que participaba en el rally de A Coruña ha dejado 6 muertos y 16 heridos tras salirse de la vía, ha señalado que "el tramo no aparentaba ser para nada peligroso". Jose Luis Fernández ha añadido que aún es pronto para saber si tras las causas hay un fallo técnico o un error humano.

A muralla de Lugo segue rodeada de tractores. Máis de 1000 tractoristas pasaron a noite ó pé da muralla onde continúan concentrados. Piden que as administración lles expliquen as medidas  para paliar a crise de prezos do leite // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio da pasada fin de semana e inicio desta que calcinou  máis de tres mil hectáreas na zona ourensá da Limia // O estaleiro Armón de Vigo vai construír un buque de investigación pesqueira e oceanográfica para Arxentina por uns 25 millóns de euros. Foi a única oferta que se presentou ao concurso público do Instituto de Investigación e Desenvolvemento Pesqueiro de aquel país. 04/09/15 

A muralla de Lugo segue rodeada de tractores. Máis de 1000 tractoristas pasaron a noite ó pé da muralla onde continúan concentrados. Piden que as administración lles expliquen as medidas para paliar a crise de prezos do leite // Unha multitudinaria manifestación recorreu as rúas de Vigo, en defensa da sanidade pública. Os manifestantes expresaron o seu descontento coa xestión sanitaria na area de Vigo trala posta en funcionamento do novo hospital // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio na pasada fin de semana e inicio desta que calcinou  máis de tres mil hectáreas na zona ourensá da Limia. O Presidente da Xunta reuniuse hoxe cos alcaldes de Cualedro, Xinzo, Trasmiras e Baltar e anuncioulles axudas económicas para paliar os efectos do lume nas infraestructuras públicas e propiedades privadas. 04/09/15

A muralla de Lugo segue rodeada de tractores // Unha multitudinaria manifestación recorreu as rúas de Vigo, en defensa da sanidade pública // O Delegado do Goberno di que, nas próximas horas, podería haber detencións polo incendio de Cualedro. 04/09/15

 -A conselleira de Sanidade, Rocío Mosquera, solicita comparecer no Parlamento para explicar o traspaso ó novo hospital. Faino trala manifestación que reuniu en Vigo a mais de 100.000 persoas pedindo a súa dimisión e a solución ós problemas do centro sanitario.

-Os tractores continúan en Lugo, rodeando a muralla. Os gandeiros decidiron, nunha asemblea, permanecer na capital luguesa ata que acuda alí a falar con eles a conselleira de Medio Rural.

-O presidente Núñez Feijoo visita a zona do incendio de Cualedro. Anuncia axudas para os concellos e labregos afectados.

Os tractores toman hoxe as rúas de Lugo e rodean a muralla. Os gandeiros reclaman prezos xustos para o leite para evitar o peche de granxas obrigadas a vender o leite por baixo do que custa producilo // O Sergas nega que a muller que faleceu no novo hospital de Vigo se contaxiara de asperxillus na UCI dese novo centro. O xerente do CHUVI di que é seguro e cumpre cos requisitos de seguridade nas áreas en funcionamento. A Xunta de persoal pide información para evitar alarmas innecesarias // A Xunta acordou pagarlles o recibo da luz, durante dous meses ao ano, ás familias que non poidan afrontalo. O Consello tamén aprobou o plan de regasificación ata o 2020 no que se investirán 195 millóns de euros e creará 900 postos de traballo. 03/09/15

El gerente del Complejo Hospitalario Universitario de Vigo (CHUVI), Felix Rubial, ha desmentido este jueves que la paciente fallecida este miércoles en el hospital Álvaro Cunqueiro se hubiese contagiado por aspergillus en este centro y ha considerado que es imposible determinar "con claridad meridiana" dónde entró en contacto con el hongo. En conferencia de prensa, Rubial ha reiterado también que el nuevo centro hospitalario vigués es "seguro" y ha abundado en que cumple con todos los parámetros ambientales de seguridad, ya que, en caso contrario, no habrían entrado en funcionamiento varias unidades.

Os tractores toman hoxe as rúas de Lugo e rodean a muralla. Os gandeiros reclaman prezos xustos para o leite para evitar o peche de granxas obrigadas a vender o leite por baixo do que custa producilo // O Sergas nega que a muller que faleceu no novo hospital de Vigo se contaxiara de asperxillus na UCI dese novo centro. O xerente do CHUVI di que é seguro e cumpre cos requisitos de seguridade nas áreas en funcionamento. A Xunta de persoal pide información para evitar alarmas innecesarias // A Xunta acordou pagarlles o recibo da luz, durante dous meses ao ano, ás familias que non poidan afrontalo. O Consello tamén aprobou o plan de regasificación ata o 2020 no que se investirán 195 millóns de euros e creará 900 postos de traballo. 03/09/15

Os tractores toman hoxe as rúas de Lugo e rodean a muralla en demanda de mellores prezos para o leite // O Sergas nega que a muller que faleceu no novo hospital de Vigo se contaxiara de asperxillus na UCI dese novo centro // A Xunta acordou pagarlles o recibo da luz, durante dous meses ao ano, ás familias que non poidan afrontalo. 03/09/15 

 -O xerente da Área Sanitaria de Vigo di que a paciente falecida no novo hospital non colleu o asperxillus no centro. Retrásase unha semana mais o traslado de pacientes, á espera dos resultados das mostras para comprobar se hai risco de infección. Os partidos da oposición piden a dimisión da conselleira de Sanidade.

-Centos de tractores rodean a muralla de Lugo nunha nova protesta para reclamar solucions á crise do leite.

-Xa quedou extinguido o lume de Cualedro tras queimar case 3.200 hectáreas. O comité en defensa do monte galego pide a dimisión da conselleira de Medio Rural.

-O presidente da Xunta ofrécese para que Galicia poida acoller 300 refuxiados ante a traxedia humanitaria que se vive en Europa. Tamén os concellos de A Coruña e Lalín se mostran dispostos a recibir inmigrantes.

Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en  2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22% // O tren  de alta velocidade do eixo atlántico transportou xa case un millón de viaxeiros, dende que entrou en funcionamento, no pasado mes de abril. Unha cifra que supón todo un récord, segundo destaca o Ministerio de Fomento que hoxe asinou coa xunta un convenio  para facilitar o transporte combinado entre o tran e o avión // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada. 02/09/15 

Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto. Nun mes tradicionalmente malo para o emprego, o número de inscritos nas listas de desocupados baixou en  2.639 persoas, o que supón un descenso do 1,22%.

Asináronse 76 mil novos contratos // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras din que lles van esixir ás administracións axudas para reparar os efectos dos incendios nas infraestructuras e propiedades. Destacan a clara intencionalidade destes sinistros e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada // Milagros Otero tomou posesión coma valedora do pobo. Catedrática de filosofía do dereito, compostelá de 55 anos é a primeira muller en acceder a este cargo de alta comisionada do Parlamento Galego. 02/09/15

Galicia é a comunidade autónoma na que mais se reduciu o paro, no pasado mes de agosto // Os alcaldes de Cualedro, Xinzo, Baltar e Trasmiras sinalan a clara intencionalidade dos incendios e sinalan a localización de artefactos incendiarios en diversos puntos da zona queimada // Milagros Otero tomou posesión coma valedora do pobo. 02/09/15 

Seguimos con ceos anubrados pero que apenas han deixar chuvia. Só norte de Lugo podería chover un pouco e tamén en forma de chuvasco nas zonas altas de Ourense. 02/09/15