Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

 Os gandeiros continúan co bloqueo das industrias lácteas. Anuncian tamén accións nas instalacións de Vegalsa, Gadisa e Mercadona. Máis de 130 mil litros de leite derramados en Frades. Aseguran que as empresas están tratando de traer leite de fóra.

Pasou a planta o único dos feridos no Rally da Coruña que seguía na UCI.

Entre hoxe e mañá coñeceranse os resultados das análises microbiolóxicas na área pediátrica do novo hospital de Vigo.

Avances para unha Marea Galega.

Os gandeiros,que durante esta semana atrancaron o tráfico en Santiago, empezaron a retirar os tractores, pero acordaron novas medidas, de presión, pra esixir mellores prezos, para o leite. Farán unha folga de entrega , e impedirán,a entrada e saída de produto, en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas prestou declaración no xulgado de Ponteareas. 11/09/15

Os gandeiros,que durante esta semana atrancaron o tráfico en Santiago, empezaron a retirar os tractores, pero acordaron novas medidas, de presión,pra esixir mellores prezos, para o leite. Farán unha folga de entrega , e impedirán,a entrada e saída de produto,en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago. Tamén contra os responsables do bloqueo, que lles está a causar, din , perdas de 3 millóns de euros diarios // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas di no xulgado de Ponteareas, que investiga a morte do musico, que o fixo porque temeu pola vida do outro garda. A parella da garda civil acudira ó domicilio da vítima, atendendo unha chamada da familia. 11/09/15

Os gandeiros farán unha folga de entrega, e impedirán,a entrada e saída de produto, en industrias e almacéns // O grupo de distribución DIA estuda emprender accións legais contra a administración polo bloqueo, durante catro días, do seu centro loxístico para toda Galicia, situado en Santiago // O garda civil que lle disparou ó batería do exgrupo Los Piratas prestou declaración  no xulgado de Ponteareas. 11/09/15

 -Asemblea dos gandeiros en Santiago, tras considerar decepcionante o documento xurdido da Interprofesional Láctea. Decidiron seguir coas movilizacions e bloquear as industrias. Tamén manterán os tractores rodeando o edificio da Xunta en San Caetano, en Santiago, ainda que permiten a libre circulación de vehículos. En Lugo, tamén continuarán cos tractores. Mentres, reunión dos seus representantes co presidente da Xunta.

-Declara como imputado o garda civil que disparou ó batería de los Piratas. Afirma que o fixo porque temía pola vida do seu compañeiro.

-O presidente da Federación galega de Automovilismo di que se se queren incrementar  as medidas de seguridade hai que investir cartos. Tamén pide mais axentes da garda civil.

Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen. Mentres, os tractores seguen a bloquear centros comerciais en Santiago. Nesta cidade e en Lugo, continúan interrompendo o trafico en determinados puntos // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos. Durante dous anos, non pagarán xuros nin amortización de capital. O Consello tamén dispuxo axudas para a reforma de cociñas e baños en vivendas, con axudas de ata o 40 % do custe do cambio // Hoxe volveron ó colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. Despois de dous meses de vacacións, foi un dia para reencontros, ou presentacións, de compañeiros e profesores, e de comezar a adaptarse á rutina de clases, transporte e comedores. 10/09/15

Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen. Mentres, os tractores seguen a bloquear centros comerciais en Santiago. Nesta cidade e en Lugo, continúan interrompendo o trafico en determinados puntos // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos. Durante dous anos, non pagarán xuros nin amortización de capital. O Consello tamén dispuxo axudas para a reforma de cociñas e baños en vivendas, con axudas de ata o 40 % do custe do cambio // Hoxe volveron ó colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. Despois de dous meses de vacacións, foi un dia para reencontros, ou presentacións, de compañeiros e profesores, e de comezar a adaptarse á rutina de clases, transporte e comedores. 10/09/15

Milleiros de gandeiros participaron en Santiago e Lugo en manifestacións para reclamar mellores prezos para o leite que producen // A Xunta aproba axudas para os gandeiros que teñan solicitado prestamos para ampliar as granxas ou teñan contratado a mozos // Hoxe volveron ao colexio 200.000 escolares de infantil e primaria. 10/09/15

 -Día clave para o sector lácteo, con manifestacions de milleiros de gandeiros en defensa de prezos xustos para o leite que producen. Marchas en Santiago e Lugo cadrando coa reunión en Madrid de productores, industria e distribución.

-O presidente da Xunta anuncia axudas para os gandeiros que teñan créditos para ampliar explotacions.

-200 mil nenos de Infantil e Primaria comenzan as clases, nunha xornada sen incidencias, agás algunhas protestas de pais pola reducción do número de profesores.

-Mañá declarará ante a xuiza de Ponteareas como imputado o garda civil que disparou ó ex batería de Los Piratas.

O Presidente da Xunta  confía en que saian resultados positivos da reunión DE mañá no Ministerio entre administración, produtores de leite, industria e distribución. Díxoo logo de recibir aos gandeiros que protestan cos seus tractores  PEDINDO un prezo para o leite en orixe  que lles cubra os custes de produción // No polígono do Tambre, en Santiago, un grupo de manifestantes levan dende onte atrancando a entrada do almacén da cadea de distribución Día // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. 09/09/15

A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta. O Presidente, Alberto Núñez Feijóo, acompañado pola Conselleira de Medio Rural, recibiu a representantes dos principais sindicatos agrarios, das cooperativas, e das organizacións de produtores que lle expoñen as súas reivindicacións, dun prezo que lles cubra os custes de producción // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas. A Federación Internacional de Automobilismo, que vai esixir maior coordinación nas probas para  cumprir a regulamentación, algo que ata agora non sempre pasaba // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións  preferentes manterán a súa actividade ata o 31 de decembro. Así o confirmou o director xeral de xustiza, alegando o elevado número de asuntos que se  manteñen por resolver. 09/09/15 

A situación pola que pasan os produtores de leite, é tratada nunha reunión entre representantes dos gandeiros e a Xunta // A normativa de seguridade nos Rallyes podería cambiar, logo do tráxico sinistro de Carral, no que faleceron 7 persoas e 16 quedaron feridas // Os xulgados de Vigo e A Coruña creados para atender casos de afectados por participacións  preferentes manterán a sua actividade ata o 31 de decembro. 09/09/15

No tempo, temos ceos anubrados  con algunhas choivas febles na parte oeste. Iso é asi porque desde o Atlántico entra unha pequena fronte, que trae esas pingueiras. 09/09/15