Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Chegou a Vigo o mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, coa medalla do seu quinto campionato mundial de triatlón // Reaccións á petición da fiscalía de imputar a medio cento de politicos, funcionarios e empresarios dentro da Operacion Patos, sobre supostas irregularidades en contratacions publicas en varios concellos e a recepcion de agasallos // Cúmprense dous anos da aparición do cadáver de Asunta Basterra e a nai publicou esquelas en varios xornais para lembrala. 22/09/15

Chega a Vigo o mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, coa medalla do seu quinto campionato mundial de triatlón // Ao cumprírense dous anos da aparición do cadáver da pequena Asunta Basterra, a súa nai publica nos xornais esquelas para lembrala // Un colectivo feminista reclama que o Consello Xeral do Poder Xudicial investigue se a xuíza do caso da morte de Isabel Fuentes actuou con neglixencia ao non protexela da súa parella // A fiscalía pide imputar a medio cento de políticos, funcionarios e empresarios na Operacón Patos, sobre supostas irregularidades en contratacións públicas en varios concellos e a recepción de agasallos // O alcalde da Coruña insta ao presidente da Xunta a non usar a institución como arma de partido. Responde ás acusacións de Núñez Feijóo de que os gobernos das mareas fan políticas de xestos. O alcalde de Santiago di non sentirse aludido // O Celta recibe mañá ao Barcelona. O Deportivo viaxa a Sevilla para enfrontarse o xoves ao Betis // Reeditado en castelán o Códice Calixtino. 22/09/15

Chega a Vigo o mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, coa medalla do seu quinto campionato mundial de triatlón // Ao cumprírense dous anos da aparición do cadáver da pequena Asunta Basterra, a súa nai publica nos xornais esquelas para lembrala // Un colectivo feminista reclama que o Consello Xeral do Poder Xudicial investigue se a xuíza do caso da morte de Isabel Fuentes actuou con neglixencia ao non protexela da súa parella // A fiscalía pide imputar a medio cento de políticos, funcionarios e empresarios na Operacion Patos, sobre supostas irregularidades en contratacións públicas en varios concellos e a recepción de agasallos. 22/09/15

Última semana de traslados ao novo hospital de Vigo, que atenderá aos  primeiros pacientes de urxencias. Tamen entrarán en servizo os quirófanos // Os bombeiros traballan no incendio dunha nave industrial en Lugo. O lume derretiu boa parte da estructura metalica da nave. Tamén arderon tres camións que habia dentro dela // Núñez Feijóo anuncia novas rebaixas fiscais para o vindeiro ano, nun acto no que foi presentado polo exalcalde da Coruña, o socialista Francisco Vazquez. 22/09/15

Última semana de traslados ao novo hospital de Vigo, que atenderá aos  primeiros pacientes de urxencias. Tamen entrarán en servizo os quirófanos // Os bombeiros seguen traballando no incendio dun nave industrial en Lugo, que derretiu mesmo boa parte da estructura de metal da nave, na que tamén arderon varios camións // Hai dous anos da morte da nena Asunta Basterra, asfixiada presuntamente polos seus pais, que seguen no cárcere. A próxima semana comeza o xuízo contra eles // Núñez Feijóo anuncia novas rebaixas fiscais para o vindeiro ano, que, dixo, van ser as mais importantes habidas ata agora en Galicia // Máis de 65.000 galegos sofren alzheimer // Terceira vitoria do Celta en Liga. Impúxose ao Sevilla en terras andaluzas por 1 a 2. O Dépor sufriu a primeira derrota na casa fronte ao Sporting de Gijón cun 2 a 3 // O pentacampión mundial de triatlón Javier Gómez Noya, o mellor triatleta de todos os tempos, volta á casa. Mañá chega a Vigo. 22/09/15

Última semana de traslados ao novo hospital de Vigo, que atenderá aos  primeiros pacientes de urxencias. Tamen entrarán en servizo os quirófanos // Os bombeiros seguen traballando no incendio dun nave industrial en Lugo, que derretiu mesmo boa parte da estructura de metal da nave, na que tamén arderon varios camións // Hai dous anos da morte da nena Asunta Basterra, asfixiada presuntamente polos seus pais, que seguen no cárcere. A próxima semana comeza o xuízo contra eles // Núñez Feijóo anuncia novas rebaixas fiscais para o vindeiro ano, nun acto presentado polo exalcalde da Coruña, o socialista Francisco Vázquez // Terceira vitoria do Celta en Liga. Impúxose ao Sevilla en terras andaluzas por 1 a 2. O Dépor sufriu a primeira derrota na casa fronte ao Sporting de Gijón cun 2 a 3. 22/09/15

O presidente da Xunta anuncia novas rebaixas fiscais no imposto de sucesións e doazóns.

Balance dos cen primeiros días de goberno nos concellos tralo 24M.

Retómase o traslado ó novo hospital de Vigo.

Accidente de tráfico mortal no Porriño.

Aparece unha persoa morta ó carón da vía do tren en Santiago.

Dous anos da morte de Asunta Basterra.

Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // A Xunta vai desenvolver o próximo ano unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Un barcelonés inicia o Camiño de Santiago en cadeira de rodas, que pretende percorrer en só oito días desde Roncesvalles, Navarra. 18/09/15

Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // Na crise láctea, compás de espera ante a sinatura, o próximo mércores, dun acordo que garanta a sostibilidade dos prezos do leite. Leite Celta e Lechera Asturiana comercializarán por xunto a súa marca branca para a gran distribución // A Xunta vai desenvolverá en 2016 unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Silleda acolle Galicia.Net, o encontro de afeccionados aos videoxogos e á informatica // O Deportivo disputa este domingo en Riazor un partido considerado de alto risco, contra o Sporting de Xixón. O Celta visita ao Sevilla // Un barcelonés inicia o Camiño de Santiago en cadeira de rodas, que pretende percorrer en só oito días desde Roncesvalles, Navarra. 18/09/15

Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // Na crise láctea, compás de espera ante a sinatura, o próximo mércores, dun acordo que garanta a sostibilidade dos prezos do leite // A Xunta vai desenvolver en 2016 unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Silleda acolle  Galicia.Net, o encontro de afeccionados aos videoxogos e á informatica. 18/09/15 

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, nega a súa implicación na Operación Patos contra a corrupción. A Marea de Vigo persoarase na causa como acusación particular.

O PP rexeita unha petición da oposición no Parlamento para que o Consello de Contas fiscalice de maneira específica o novo hospital de Vigo.

Compás de espera do sector lácteo mentres se acaba de concretar o documento que se asinará o mércores en Madrid.

O grupo Leite Noso adquire as marcas que comercializaba Alimentos Lácteos.

A familia do batería de Los Piratas exercerá a acción penal contra o garda civil que realizou o disparo que lle provocou a morte.

O catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo, recibirá esta tarde o Premio Nacional de Xenética.

 

Os cen mil empregados publicos de Galicia cobrarán antes de que acabe o ano, o 25% da extra non abonada anteriormente. En 2016 cobrarán o 50% que lles falta.

O boleto da Primitiva premiado hai 3 anos na Coruña con case 5 millóns de euros segue sen dono. Se antes do día 25 non aparece, o premio será para o loteiro da cidade que atopou o billete.

A vendima na Ribeira Sacra é especialmente difícil pola pendente dos viñedos, de ata o 50%. A algunhas viñas só se chega en barca, e con tantas pedras, que subir e baixar supón risco físico. (17/09/15)