Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

-O popular Gonzalo Concheiro é o novo alcalde de Boimorto en sustitución do nacionalista Xosé Luis Rivas. O BNG vai denunciar a moción ante a xustiza ó considerar que incumpre o pacto antitransfuguismo xa que contou co apoio dun edil elexido nas listas socialistas.

-O presidente do Goberno Mariano Rajoy anuncia que pedirá á Comisión Nacional da Competencia que se pronuncie sobre  a legalidade das axudas de Francia ós productores de leite. 

-Nova manifestación en Santiago dos mariñeiros que traballaron en Noruega, para pedir o recoñecemento das súas pensions.

-Detidos cinco homes en Marín e Sevilla, acusados de formar parte dunha organización criminal que operaba desde Galicia. Parte dos detidos están acusados do asasinato dun cidadán marroquí na localidade sevillana de El Coronil.

Unha empresa da que a sede en España se atopa na Coruña  está a ser investigada por unha presunta estafa en internet. A firma, de nome Libertagia, tería supostamente estafado a preto de dous millóns de persoas. Ao parecer, ofrecíalles aos seus socios, a cambio dun investimento inicial, 70 euros diarios por ver durante cinco minutos anuncios en internet // O Xuíz Santiago Pedraz, da Audiencia Nacional, deixou en liberdade con cargos  o veciño de Narón detido por vender roupa con emblemas yihadistas e fotos de atentados do Estado Islámico. Agora terá que comparecer cada semana no xulgado e foille retirado o pasaporte // Os armadores do cerco guindaron hoxe bocarte, no porto de Vigo, para pedir que lles concedan máis cota de pesca de esta especie logo de esgotaren a que tiñan en apenas dous meses. 13/08/15 

Unha empresa da que a sede en España se atopa na Coruña está a ser investigada por unha presunta estafa en internet. A firma, de nome Libertagia, tería supostamente estafado a preto de dous millóns de persoas. Ao parecer, ofrecíalles aos seus socios, a cambio dun investimento inicial, 70 euros diarios por ver durante cinco minutos anuncios en internet // O Xuíz Santiago Pedraz, da Audiencia Nacional, deixou en liberdade con cargos o veciño de Narón detido por vender roupa con emblemas yihadistas e fotos de atentados do Estado Islámico. Agora terá que comparecer cada semana no xulgado e foille retirado o pasaporte // Os armadores do cerco guindaron hoxe bocarte, no porto de Vigo, para pedir que lles concedan máis cota de pesca de esta especie logo de esgotaren a que tiñan en apenas dous meses. 13/08/15 

Unha empresa da que a sede en España se atopa na Coruña está a ser investigada por unha presunta estafa en internet // O Xuíz Santiago Pedraz, da Audiencia Nacional, deixou en libertade con cargos o veciño de Narón detido por vender roupa con emblemas yihadistas e fotos de atentados do Estado Islámico // Os armadores do cerco guindaron hoxe bocarte, no porto de Vigo, para pedir que lles concedan máis cota de pesca de esta especie logo de esgotaren a que tiñan en apenas dous meses. 13/08/15 

 -Protesta da flota do cerco no porto de Vigo. Reclaman mais cota para pescar bocarte ó sur de Fisterra.

-Os sindicatos piden a demisión da conselleira de Medio Rural. Acusan a Rosa Quintana de mentir cando fala de 7.000 traballadores na loita contra os incendios cando en realidade, din, só hai 4.000, moitos con contratos parciais. O portavoz do PP de G, Miguel Tellado, defende a actuación da Xunta.

-A garda civil imputa a dous veciños de Viana do Bolo, un home e unha muller, polo incendio que queimou 300 hectáreas de Rede Natura neste municipio ourensán.

-O xuiz da Audiencia Nacional Santiago Pedraz deixa en liberdade ó veciño de Narón, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Prohíbeselle sair de España.

Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras. Piden a intervención das administracións para atallar unha situación que, din está a obrigar a boa parte das granxas a vender o produto a prezos que non cobren o que custa que as vacas o dean // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Impútanlle delitos de  proselitismo e humillación ás vítimas do terrorismo por vender prendas con imaxes relativas ás execucións perpetradas polo estado islámico // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. 12/08/15

Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras. Piden a intervención das administracións para atallar unha situación que, din está a obrigar a boa parte das granxas a vender o produto a prezos que non cobren o que custa que as vacas o dean // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista. Impútanlle delitos de proselitismo e humillación ás vítimas do terrorismo por vender prendas con imaxes relativas ás execucións perpetradas polo estado islámico // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. Pretendían traer a terra  máis de tonelada e media de cocaína, nun veleiro interceptado en alta mar. 12/08/15

La Policía Nacional ha detenido a un hombre en Nalón, en A Coruña, acusado de apología del terrorismo porque vendía a través de una tienda online, material relacionado con los terroristas del Estado Islámico. Está acusado de proselitismo y humillación a las víctimas del terrorismo yihadista. Según el Ministerio del Interior, el arrestado, de nacionalidad española, utilizaba las redes sociales para difundir mensajes que podrían incitar a cometer actos terroristas.

Centos de tractores ocuparon hoxe as rúas de Lalín, en demanda dun prezo para o leite que permita a supervivencia das explotacións gandeiras // Detido en Narón, o dono dunha tenda on line e dun establecemento de estampación de camisetas, acusado de apoloxía do terrorismo xihadista // Prestaron declaración no xulgado de Vigo dez dos quince detidos nunha operación da policía contra o tráfico de cocaína nas nosas costas. 12/08/15

-Nova tractorada dos gandeiros galegos contra a crise do leite. Foi en Lalín, onde tamén houbo unha marcha a pé e onde os comercios pecharon os establecementos en solidariedade.

-Controlados os dous únicos incendios en activo en Galicia: o de Viana do Bolo, que queimou case 300 hectáreas, e do capital ourensá, con 30.

-Os brigadistas antiincendios de Ourense critican o avellentamento e avarias que sofren as máquinas motobombas, e a falta de persoal pra combatir o lume.

-Detido un veciño de Narón acusado de apoloxía do terrorismo. Vendía en su tenda e a través de Internet camisetas con mensaxes xihadistas e con fotos de execucións do Estado Islámico.

Seis incendios seguen activos nos nosos montes. Os catro que están a resultar máis dificiles de controlar, sitúanse na provincia de Ourense. Alí, levan calcinadas mais de 300 hectáreas en Viana do Bolo, entrimo e no entorno da propia cidade, onde hai un en Pereiro de Aguiar e outro en Castro de Beiro. As autoridades insisten na intencionalidade da maioría dos sinistros e sinalan que, por exemplo, a pasada noite, se declararon no entorno da cidade de Ourense seis lumes que chegaron a por en perigo algunhas vivendas // Mariano Rajoy destacou, na localidade pontevedresa de Mondariz, o bo momento que está a atravesar o sector turístico en toda España. Dixo que este verán se espera batir o record no número de turistas e destacou o caso concreto de Galicia. 11/08/15