Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Nadal atípico coa convocatoria de eleccións como tamén o será o antroido, en plena campaña electoral.

O presidente da Xunta adiantou as eleccións autonómicas para o 18 de febreiro.

Un día coma hoxe... normalmente só falariamos da lotería do nadal... pero coa convocatgoria de eleccións hai actividade dos principais partidos políticos.

Deportes. o Racing gaña en Valladolid e acaba o ano en segunda posición, de ascenso directo a primeira.

O tempo.

Hoxe recuperamos a influencia do anticiclón. Vexamos como abre este venres nas principais cidades

Despexouse a incógnita da data de celebración das eleccións autonómicas galegas. Serán dentro de pouco menos de dous meses, o domingo 18 de Febreiro. Van cadrar en plenas festas do Entroido. Alfonso Rueda consultou ao seu antecesor na Xunta, Alberto Núñez Feijoo, quen xa avanzou que se vai volcar na campaña.

A oposición está preparada. Tanto BNG como os socialistas teñen proclamados aos seus candidatos: Ana Pontón e José Ramón Gómez Besteiro, respeitivamente. Sumar Galicia recoñeceu esta tarde que vai ter que acelerar os prazos para contar cun cabeza de cartel electoral en poucas semanas.

Galicia volverá ás urnas o vindeiro 18 de febreiro. Unha convocatoria adiantada que ven de anunciar o presidente da Xunta, Alfonso Rueda.

Por outra banda, nova xornada de preocupación e sorpresa pros traballadores de Alcoa en San Cibrao. Esta mañá almorzaron coa noticia de que os parques eólicos que tiñan que garanti-la metade do suministro de enerxía limpa pro futuro da factoría teñen caducado o seu permiso de conexión á rede. A delegación do goberno empraza a traballadores, xunta e empresa a traballar xuntos pra sacar adiante a reactivación da factoría.

Continúan as reunións pra desatascar o conflito do lixo na Coruña. Malia as xuntanzas destos días entre a patronal, Prezero e o sindicato STL, aínda non se chegou a ningún acordo pra desconvocar a inminente folga que comezaría a partir deste domingo. Con todo, este xoves os dous bandos volverán verse as caras nunha nova xuntanza.

O último pleno do parlmento deste periodo de sesións nos permitiu aclarar se haberá adianto electoral. A oposición da a lexislura por acabada, pero o presidente da Xunta dixo que seguen tomando decisións como as que prevé adoptar hoxe no consello de goberno... entrelas o proxecto de lei de recursos naturais.

No Grove, os traballadores da conserveira Atunlo coñeceron este martes as intencións da empresa: prescindir do 90 por cento dos traballadores.

E, estamos as portas do nadal... como marca a feira do capón de Vilalba.

O tempo. Aínda con nubes baixas e algunha chuvia feble no norte. Pero vanse ir abrindo claros. Destaca o aumento das temperaturas mínimas.

Boas tardes. Ata as oito resumimos as noticias deste mércores en Galicia...xornada na que o Parlamento pechou este periodo de sesións. Agora a incognita está en saber se reanudará a súa activide tra-lo parón previsto pra xaneiro ou o presidente da Xunta convoca eleccións.

Hoxe recollemos a satisfacción dos transportistas tras coñecer que en dez días abre o primeiro dos dous viaductos da A-& que caeron en Pedrafita.... e tamén a preocupción na Coruña pola posible folga na recollida de lixo cadrando co nadal.

O tempo...mañá conforme avance o día vanse ir abrindo claros. Este noite como estará cuberto non se agardan temperaturas moi baixas

Os transportistas reciben con alivio a apertura dun dos viaductos de Pedrafita o vindeiro día 30. Eliminará un desvío perigoso no inverno. Iso sí, lamentan que non se fixeran as obras dos dous viadutos ó mesmo tempo.

Os colectivos ecoloxistas rexeita ó documento que vén de publicar a Xunta sobre a Minaría. Sinala que favorece ó lobby mineiro mentres desacredita cn mentiras as accións dos ecoloxistas e colectivos cidadáns.

Os sindicatos anuncian tamén folga na limpeza na provincia de Pontevedra. Advirten que as catro provincias poderían verse afectadas; en Lugo, xa suman dous meses de paro.

O lixo xa se amorea nas rúas da Coruña antes do inicio da folga convocada no servizo de recollida a partir do luns. O sindicato convocante do paro sinala que é consecuencia da falta de persoal e xa adianta que non cumprirán os servizos mínimos.

O tempo. xa sen chuvias e coa apertura de grandes claros.