O alcalde de Granada anuncia acción xudiciais contra o acordo do Consello de ministros que outorgou á Coruña como sede da Aesia.
O rexedor granadino, tamén socialista como a da Coruña, asegura que, segundo vai coñecendo máis detalles do proceso de designación da Coruña vai aumentando a súa indignación e lamenta a falta de transparencia do proceso
Polémica pola elección de A Coruña como sede da Axencia Estatal da Intelixencia Artificial. Nin dúas semanas despois da decisión do goberno, unha das cidades candidatas, Granada, estuda impugnar a elección. O alcalde reúne ás institucións implicadas para analizar a transparencia do procedemento. Considera que os membros do executivo non actuaron de forma correcta.
Francisco Cuenca, alcalde granadino e compañeiro de partido da rexedora coruñesa Inés Rey, é claro: canto máis sabe de como foi a elección, máis dúbidas lle crea
- Monforte acollerá un novo Centro de Competencias Dixitais de RENFE, segundo anunciou a secretaria de Estado de Transportes.
Estará especializado en operacións de ciberseguridade. Será o primeiro destas características a nivel europeo.
- En Arousa continúa a vixilancia da mancha de fuel que, nas últimas horas, obrigou a pechar a recollida de mexillón en varias bateas da Pobra do Caramiñal.
Faise un seguemento por terra e por mar. o vento e as correntes axudaron a espalla-lo vertido.
- Os colectivos ecoloxistas acollen con certa desconfianza a reforma legal anunciada pola Xunta pra asumi-las competencias plenas do litoral.
Estas organizacións temen que o cambio poida fomentar certa "marbellización" da nosa costa.
- No clínico de Santiago, os especialistas de xinecoloxía acordaron esta mañá en asemblea convocar unha folga.
Protestan porque a xerencia continúa obrigándoos a facer gardas no hospital comarcal do Barbanza
A Xunta avanza no seu obxectivo para asumir as competencias sobre a actividade na costa. Acusa ó Goberno de provocar inseguridade xurídica e aproba un anteproxecto de lei que prevé aprobar o vindeiro ano.
Sanidade.. ábre un novo conflicto no Clínico de Santiago relacionado coa cobertura de gardas no hospital comarcal do Barbanza.
E, a aparición de novas manchas de fuel obriga a pechar varios poligonos bateeiros no Grove.
O tempo.
Hoxe quedamos na influencia das altas presións situadas ao noroeste de Galicia.
A xornada empeza con máis nubes e neboas pero vai ir abrindo ata quedar o ceo despexado en boa parte de Galicia.
A xunta da o primeiro paso pra conseguir o control da costa no conflito que mantén co Goberno central. Hoxe no consello semanal iniciou o trámite da lei do litoral que permitirá regularizar edificacións e instalacións existentes na costa así como a instalación de parques eólicos mariños
A lei para a ordenación do litoral galego dá un paso máis. O consello da Xunta aprobou o anteproxecto da norma, avanza así na súa loita co goberno central para poder administrar a zona costeira desde a nosa comunidade.
O goberno galego pretende identificar as actividades estratéxicas e dar seguridade xurídica ás empresas que traballan no litoral
- Os médicos pidenlle ó SERGAS non recurra a sentenza que o condena por vulnerar dereitos laborais en atención primaria
Asegura que o fallo evidencia que non funcionan as axendas de consultas tal como están establecidas.
- A asociación Vellez Digna pide á Xunta que cambie o protocolo de visitas dos familiares ás residencias de maiores.
Denuncia que as deixa á discrecionalidade dos centros e que estes cometen abusos contra os dereitos de familiares e usuarios.
- O xuízo polo accidente do tren Alvia interrómpese ata despois de Nadal.
En xaneiro reanudarase a fase de declaración de peritos, logo de que hoxe compareceran tres policías.
- Representantes de Comisións Obreiras entregaron na delegación de goberno 5.000 das sinaturas pra demandar un gran pacto pola industria.
Este sindicato apostan por aproveitar o momento para reindustrializar o país. Sinala que Galicia conta con recursos e experiencia en sectores moi diversificados
Baixa a presión asistencial nas urxencias do hospital da Coruña. Hai 38 pacientes esperando por camas, un deles crítico, fronte ós 60 doentes e 3 críticos de onte
As peaxes na AP9 e na A53 poderían conxelarse en 2023. O Congreso ven de aprobar unha proposta non de ley pra instar a Pedro Sánchez a evitar a suba prevista a partir do 1 de xaneiro.
E no mar o Consello Galego de Pesca pide compensacións pros pescadores do cerco e fisterra que non poderán pescar xurelo, ante a prohibición de Bruxelas.