Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Alfonso Rueda respalda ó conselleiro de Sanidade. Ante as críticas que Julio García Comesaña recibiu do colexio de médicos de Pontevedra ou as demisións nos hospitais, o presidente da Xunta sinala que Comesaña pode ter detractores, pero tamén concita moitos apoios entre os profesionais sanitarios.
Xa declararon ante a Garda civil os dous superviventes do accidente que se produciu o día de noiteboa en Cerdedo, pero non trascendeu nada do seu testemjño.

Deportes. O Celta retoma a competición de liga despois do mundial e despide o mesmo tempo o ano en Balaídos. Ás sete e cuarto recibe ó Sevilla. O que perda acabará 2022 en posición de descenso.


O tempo.
Soben as temperaturas, pero hoxe destaca o vento. Hai aviso amarelo en toda Galicia. Os refachos poden chegar ós 80 quilómetros por hora.

Traballo intensivo estes días nas gasolineiras o achegar o final da bonificación do goberno. Sobre todo nas máis próximas a Portugl.
Pero os donos das estacións de servizo avisan... non só notaremos que xa non nos descontan eses 20 céntimos senón que vai haber unha pequena suba.
Segundo os donos das estacións o prezo por litro subirá polo aumento da porcentaxe de biocombusble que pasa dun 8 a un 10 por cento.
Tamén imos escoitar a xustificación que da o ministro Luis Planas a decisión do Goberno de non baixar o Ive da carne e o peixe. 

Ineficaz e desleal. Son os calificativos que o presidente do colexio de médicos de Pontevedra lle dedicou ó conselleiro García Comesaña. Desde Sanidade insisten en que impera o bó clima de diálogo cos distintos interlocutores.
Sobre o autobús accidentado en Cerdedo. Os especialistas da Garda civil analizaron o lugar do sinistro e o propio autobús... o seguinte será tomarlle declaración ós dous superviventes..un deles o conductor.
E recolleremos as críticas en Galicia á nova suba de prezos da AP-9

O tempo.
Van continuar os chuvascos, pero pola tarde intensificaranse as chuvias no oeste e suroeste da Coruña e interior de Pontevedra.
 

Dous sectores, a pesca e o productor de carne, non ocultan a súa decepción coas medidas anticrise do goberno que non incluiu estes dous productos entre os que van ter unha rebaixa do ive a partir do domingo. Mellores noticias para o sector lácteo... este producto terá un ive 0 durante 6 meses. Pero hai outros dous asuntos que preocupan a estes dous sectores e ós transportinstas, os cambios na bonificación dos combustibles e o incremento das peaxes na AP-9.

Recuperado o bus accidentado no Lérez, agora empeza o traballo dos investigadores. Pero hoxe do que máis se fala e das medidas que entrarán en vigor o primeiro día do ano, suba dun 4 por cento das peaxes ou eliminación do ive pra productos como o leite; e das que non cambia... como o ive da carne ou do peixe. Desde o domingo tamén acaba a bonificción xeral 20 céntimos para o combustible.
Imos cambiar de ano pero seguimos cos mesmos problemas na sanidade. Este martes coñecíase a renuncia do xefe de neumoloxía do hospital de Ourense.
O tempo: Hoxe entra unha fronte moi activa polo noroeste que deixará chuvias, sobre todo, á tarde.
 

Agardamos que nuns minutos se complete a retirada do autobús que caeu ó sábado ó río Lerez. Accidente no que faleceron sete persoas.
Agárdase que o tcógrafo e o estudo do propio autobús permitan aclara-la causa do sinistro. Un equipo especializado da Garda civil desprazouse desde mérida pra facer unha reconstrucción dos feitos.
En Cerdedo insisten en que antes da Ponte, cando chove moito como o sábado, se forma unha bolsa de auga que deforma a estrada.
Agora imos Cerdedo para saber en que momento está a operción.