O Tribunal superior condena a Sanidade por vulnerar os dereitos dos médicos e pediatras de atención primaria. Considera probado que o SERGAS incumpre coas súas obrigacións en materia de prevención de riscos laborais, en relación co exceso de carga de traballo.
A Xunta fai un chamamento a doazón de sangue pola caída das reservas. Os grupo sanguíneos que máis falla fan agora mesmo son o 0 positivo e o A positivo.
A confraría da illa de Arousa persoarase na demanda por un vertido de fuel. O patrón maior, Juan José Rial, sinala que hai afeccións nos bancos marisqueiros.
Só hai constancia de efectos na ría de Arousa.
Xa viaxan cara Granada os restos óseos extraídos no marco dunha investigación que trata de determina-la orixe de Colón. Na Facultade de Medicina extraerán material xenético para comparalo co obtido dos restos analizados do descubridor e de dous familiares.
O tempo. As chuvias limitaranse á metade sur... temperturas un pouco máis baixas.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O Consello galego de pesca analiza hoxe o acordo sobre as capturas permitidas en 2023. Non hai TAC 0 pra xurelo e anguía, pero non evita que o cerco fale de "catástrofe". Mellor foi o resultados pr outras especies de gran interés pra a pesca galega como a pescada, a xarda ou linguado. Ademais hai espectativas dun acordo positivo co Reino Unido. Agora escoitamos as opinións. Tamén as dos transportistas que piden que se aclare xa que vai pasar coa bonificación do gasoil.
O tempo.
Hoxe teremos chuvias, máis probables no suroeste. As temperaturas seguen con valores altos para esta época do ano
A frota galega denuncia que a cota pro xurelo acadada trala reunión de ministros de pesca da Unión Europea é insufiente e vai ter un gran impacto socioeconómico é unha das novas que deixa este martes 13 de decembro...
Tamén, A ministra de educación , Pilar Alegria, presidiu este martes unha reunión coas comunidades autonomas pra acordar formalmente o aprazamento por un ano á nova ABAU . Algo que Galicia pediu xunto a outras 14 comunidades ao considerar que incrementa a desigualdade entre os alumnos.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Da cota cero para o xurelo pásase a máis de 3 mil toneladas pero de pesca accesoria, non directa. E a anguía poderá capturarse, iso si, haberá 6 meses de veda. Son os principais acordos dos ministros europeos de pesca, que o goberno central ven moi satisfactorios. Pero desde Galicia a opinión é totalmente contraria e fálase de consecuencias nefastas.
A Xunta non entende por que a nosa comunidade paga as malas prácticas, di a conselleira, doutros territorios na xestión por exemplo da anguía. Os armadores do cerco sinalan que a pesca só accesoria do xurelo fai perigar a viabilidade económica.
Os traballadores de Sodexo desconvocan as xornadas de folga que tiñan previsto dende hoxe ata o xoves. As negociacións coa empresa, que se encarga dos comedores de Inditex en Narón, veñen de fructificar no último momento. A dirección comprométese a acabar coa sobrecarga que obrigaba ós empregados a coller numerosas baixas laborais.
- A Plataforma por un Transporte Digno en Ferrolterra convoca unha nova mobilización pro día 28. Baixo o lema "A Ruta dos Inocentes", marchará entre a estación de autobuses e o concello.
- Hoxe, derradeiro pleno ordinario do ano na Coruña. O goberno local aínda non presentou proxecto de orzamentos.
- Despois de case dúas semanas sen actividade, hoxe retómase o xuízo de Angrois en Santiago.
- O mozo de Neda detido por roubar tres autobuses ingresa en Psiquiatría do Hospital de Ferrol. Tratou de atropelar ó seu pai e á súa irmá
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Pronosticábase longa e así está sendo. A reunión dos ministros de pesca da UE pr fixar as cotas de 2023 reanúdase agora cun novo documento sobre a mesa no que de madrugda traballaron os técnicos.
Stellantis abre unha nova liña entre Vigo e Liverpool para abastecer a planta que o grupo ten no Reino Unido.
E hoxe reanúdase o xuizo do alvia... esta semana, a última de actividade este ano, xa comezará a intervención dos peritos
A segunda xornada do cumio de pesca en Bruxelas continua arestora sen moitos avances pra determinar canto peixe poderán pescar os barcos o vindeiro ano. En Galicia preocupa especialmente a cota do Xurelo, que Bruxelas quere prohibir no norte de Fisterra, algo que, segundo a Xunta, perxudicaria a frota galega
Tamén, visita da ministra de industria a Galicia. En Ourense, Reyes Maroto falou do reparto dos fondos next generation pra nosa comunidade en resposta a preocupación que trasladou o presidente da Xunta, esta mañá, sobre o apoio do goberno á industria galega.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Fernando Toubes, el dueño de una librería y administración de lotería de Lugo, ha repartido 50 décimos para la Lotería de Navidad por toda la ciudad y publicará las pistas para encontrarlos en un periódico gallego. Una tradición que se remonta a hace dos años, cuando decidió esconder varios décimos por su barrio y animar a sus vecinos a encontrarlos para recuperar la ilusión tras las restricciones por el coronavirus.