Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A policía, coa detención do principal sospeitoso, da por resolto o homicidio da veciña de Lugo que morreu acoitelada na súa casa. O detido aínda continúa en dependencias policias.

Sanidade comprométese cos médicos a estudar unha reestructuración do mapa de centros de saúde. Pero ambas partes, tras reunirse en Santiago, non aclararon se iso suporá peches.

Quedaron de volver a reunirse en breve.

A Xuntanza produciuse a unhas horas das mobilizcións convocadas en toda Galicia para demandar un reforzo da atención primaria e poucas horas despois de que O tribunal superior anulara unha instrucción do Sergas que permitía ós farmacéuticos de atención primaria renovar as recetas de tratamentos crónicos para pacientes

A policía detivoo esta mañá en Lugo ao único sospeitoso pola morte da veciña de 42 anos que apareceu asasinada no seu domicilio o pasado domingo. Polo de agora traballas nas últimas dilixencias antes de decidir se pasa ou non a disposición xudicial.

No xuízo polo accidente do tren Alvia, o exdirector de Seguridade de Renfe Antonio Lanchares declara que circular con Asfa na curva da Grandeira xeraba un risco considerado aceptable.

En Lugo, a policía segue buscando probas que conduzan á detención do culpable ou culpaables da morte de Cristina Cabo. A muler foi atopada morta o domingo na súa casa con feridas de arma branca. De momento non hai detencións.

No xuizo do Alvia hoxe declara Antonio Lanchares, responsable de seguridade na circulación de Renfe que estivo varios anos imputado, aínda que agora, ademáis do maquinista, só está o que ocupaba o mesmo posto pero no Adif

Todavía sen detidos na investigación pola morte da muller de Lugo de 42 anos atopada morte na noite deste domingo en Lugo. Hoxe decalraron ante a policía familiares e achegados da vítima. Todalas posibilidades están abertas.

Xornada de manifestacións e protestas en varios sectores galegos. Esta mañá na Coruña, e noutras cidades, os traballadores de Correos e tamén dos centros de Chamadas concentráronse en prol de mellores condicións laboráis.

Investígase en Lugo a morte violenta dunha muller. Tiña 42 anos, vivía no barrio da Milagrosa e era propietaria dunha froitería. O seu corpo, atopado a pasada noite sen vida na súa casa, presentaba feridas de arma branca. Non hai detidos e desde o concello piden cautela para avanzar no esclarecemento dos feitos e determinar se estamos ante un novo asasinato machista. Queda agora pendente coñecer tamén o resultado da autopsia, prevista para esta xornada.