Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A deste luns pode ser unha xornada longa en Bruxelas onde os ministros de pesca deciden os TAC's e cotas de capturas para 2023. Ata a vindiera madrugada non se agarda o remte da reunión. O sector agarda que haxa unha rebaixa nas pretensións de recortes que presentan as autoridades comunitarias.
No xurelo xa se da por feito un recorte drástico.... O cerco espera que se poida compensar con outras pespecies.
Agora lles contamos en que estado están as negociacións.... Antes con Pablo Montero outros titulares deste luns.

A elección da Coruña como sede da Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial suporá pra cidade a creación de máis dun milleiro de novos postos de traballo. Pro reitor da Coruña, que estivo en Radio Nacional, o máis importante será a proxección internacional da cidade e da universidade. Confía ademais en que axude a manter e retornar o talento investigador e tecnolóxico.

- Os bombeiros de Narón desenvolven unha campaña de recollida de sinaturas para reclamar un aumento do cadro de persoal.

- O goberno municipal de Santiago ten previsto aprobar hoxe tres actuacións no rural cun investimento superior ós 700 mil euros.

- A Plataforma polo Transporte Digno de Ferrolterra celebra esta tarde unha asemblea para estudar novas mobilizacións

A deste luns pode ser unha xornada longa en Bruxelas onde os ministros de pesca deciden os TAC's e cotas de capturas para 2023. O sector agarda que haxa unha rebaixa nas pretensións de recortes que pretende as autoridades comunitarias.

E, este domingo varios milleiros de persoas sairon á rúa pra denunciar o impacto que os proxectos eólicos teñen no rural galego.

Deportes, En fútbol, segunda derrogta consecutiva do Lugo, neste caso cun rival directo para evitar o descenso, a Ponferradina,

e, en baloncesto, derrota do Breogan co Barça en lUgo por catro puntos e triunfo do Obradoiro en Bilbao.

O tempo.

Estamos na influencia das baixas presións co paso dunha fronte activa asociada a unha borrasca situada ao noroeste do territorio, con chuvias persistentes que a partir do mediodía xa serán máis intermitentes

As marchas contra a invasión eólica dos montes percorren aínda arestora moitas localidades galegas. Están convocadas pola coordinadora "Eólica, Así Non" e reclaman un modelo alternativo.

Polo demais, pendentes do consello de ministros de Pesca da Unión Europea e da súa repercusión en Galicia.

E no Grove, xa foi localizado o corpo sen vida do mergullador desaparecido este sábado.

Na entrevista, contra ás dúas menos vinte, hoxe falamos co reitor da Universidade da Coruña, con Julio Abalde.
 


O Goberno e o concello da Coruña anuncian un convenio de forma inmediata para que a Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial comece a funcionar ao longo do vindeiro ano. É o compromiso transmitido pola vicepresidenta Nadia Calviño, que visitou a cidade.

Por outra banda, imos coñecendo máis detalles da planta de hidróxeno verde de Meirama.

A Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial que se ubicará na cidade da Coruña estará operativa ó longo do vindeiro ano pero aínda non hai data concreta. Así o anunciou hoxe, na sua visita a cidade herculina, a vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, quen sinalou que o goberno e o concello da cidade xa están a traballar nun convenio que suporá o primer paso pra que a AESIA poida estar operativa canto antes

O vindeiro ano estará en funcionamento a Axencia de supervisión da Intelixencia artificial. De inmediato xa se vai traballar no conveno correspondente pra poñe-la en marcha. Esta mañá a número dous do Goberno, Nadia Calviño, achegouse ata o exterior deste edificio desde o que emitimos, que será a sede da Aesia.

A vicepresidenta referiuse a bonificación dos carburantes: limitarase ós colectivos máis afectados

Na mesma liña, Calviño sinalou que o Goberno tamén estuda como evitar unha suba extrema das peaxes a partir do 1 de xaneiro

A vicepresidenta primeira do Goberno, Nadia Calviño, está hoxe na Coruña. A visita xira en torno á futura sede da Axencia de Supervisión da Intelixencia Artificial, que se ubicará na cidade herculina.

Concretamente no edifico da Terraza, nos xardíns de Méndez Núñez. Un inmoble de titularidade municipal.
Calviño adiantou que a próxima semana se comezará a traballar co concello no convenio pra poñer en marcha a nova sede e asegurou que estará operativa ó longo de 2023.

A vicepresidenta tamén asegurou que se está a buscar unha ubicación alternativa pra RadioTelevisión Española, que actualmente ocupa o edificio da Terraza.
Tras reunirse coa alcaldesa, Nadia Calviño tamén celebrou un encontro con algunhas das empresas punteiras en intelixencia artificial na cidade, como Abanca, Inditex ou Altia

A vicepresident Nadia Calviño estará esta mañá na Coruña pra coñecer a que vai ser sede da Axencia española de intelixencia artificial. Logo entrevistarase coa alcaldesa e ten previsto un encontro con empresas e axentes sociais.
O sector pesqueiro está preocupado ante a próxima reunión dos ministros de pesca da Unión europea que van decidir os topes de captura pra o vindeiro ano. Agardan que non se aprobe o tac 0 pra o xurelo. o sector cre que se pode recuperar a especie sen medidas tan drásticas.

Deportes. O lugo caeu no Anxo Carro co Spórting, Fran Justo non poido encadear tres partidos se perder e o Lugo segue en postos de descenso.

O tempo. Hoxe Galicia quedará nun corredor de ventos do nordés que traerán aire frío. Baixan polo tanto as temperaturas máximas.