El presidente de los populares, Alberto Núñez Feijóo, será senador por designación autonómica a propuesta del Parlamento gallego. Para ello, Juan Serrano presentará su renuncia en el Senado mañana. De esta manera, el líder del PP, que no es diputado, podrá debatir cara a cara con Pedro Sánchez. Feijóo tendrá que reunir la información requerida por el Senado como la declaración de actividades, bienes patrimonialers y rentas.
FOTO: El presidente del Partido Popular, Alberto Núñez Feijóo, durante su intervención en un acto en Madrid. EFE/Javier Lizón
As vilas de As Pontes e de Viveiro están conmocionadas despois de saber que unha rapaz oriunda da localidade da Mariña, que residía ca súa parella no concello coruñés, está entre os falecidos polo estourido no Hotel Saratoga da Havana. As autoridades traballan para repatriar axiña o seu corpo.
Na política, este mediodía Alfonso Rueda pechou en Vigo a súa campaña para relevar ao frente do PP Galego a Alberto Núñez Feijoo. O martes comeza o debate de investidura que o situará ao frente da Xunta.
No tempo da entrevista escoitaremos o experto en economía enerxética, Xabier Labandeira. Este catedrático da universidade de Vigo aposta por pedirlle ás empresas que deixen os beneficios en Galicia da xeración de electricidade.
Entrevista coa Directora de Luneda Produccións, Aitana Cuétara, co gallo da celebración en Santiago de Compostela da segunda edición do festival "O que non se escribe".
Alberto Núñez Feijoo apura as súas ultimas horas e días na escea política galega. Este sábado participou no seu derradeiro acto como presidente da Xunta na entrega dos Premios da Cultura. Logo, a partir das dúas, clausurará o décimo terceiro congreso local do PP de Pontevedra.
Mentras, tanto BNG coma os socialistas, que celebraron esta mañá senllos actos de oranización en Santiago, reivindicanse como a alternativa ao goberno popular da Xunta.
Tanto a líder nacionalista, Ana Pontón, como o socialista, Valentín González Formoso, traballan coa vista posta na próxima cita electoral: as municipais de 2023.
Tamén esta fin de semana a Asociación pola recuperación dos desaparecidos no Franquismo está a dar digna sepultura aos restos de familiares e amigos recuperados estes anos pasados en foxas e veiravías.
Luz verde pra petición de dimisión ao rexidor de Ourense, Gonzalo Perez Jácome, tralo incidente cunha sindicalista este martes no marco da folga do transporte urbano. A moción de urxencia foi aprobada pola oposición e a abstención do PP de Ourense.
Noutros aSUNtos. Malestar entre Os armadores galegos que faenan en caladoiros internacionais para percibir as bonificacións que se aplican ó combustible . E boas novas pros familiares dos falecidos do villa de pitanxo trala reunión coa valedora do pobo que accedeu a trasladar a sua petición de baixar ao pecio ao defensor do pobo
Dúas fábricas son hoxe protagonistas. Ence, en Lourizán, e Altri, que está por chegar a Palas de Rei. Os traballadores de ENCE non entenden por que unha mesma consultora atopou terreos pra fábrica de fibras téxtiles en Palas, cando non foi capaz de dar unha localización alternativa pra pasteira ENCE, ante a súa futura saída de Lourizán, en Pontevedra. Os empregados culpan directamente á Xunta
- Os barcos galegos que faenan e resposan en caladoiros internacionais teñen problemas para percibir as bonificacións ó gasóego.
Os armadores reclaman solucións urxentes e pragmáticas porque están nunha situación límite.
- Sanidade comunica outros dous novos casos de hepatite infantil de orixe descoñecida.
Os dous casos pertencen á area de Vigo: un xa pasou a enfermidade en marzo; o outro aínda está ingresado, pero evoluciona favorablemente.
- Os familiares dos falecidos do Villa de Pitanxo seguen buscando apoios á súa demanda pra que se baixe ó pecio.
Hoxe reuníronse coa Valedora do Pobo. Consideran que agora de cara o verán é o momento oportuno para realizar este operativo.
- O grupo británico Muse actuará en Vigo o 8 de setembro.
O estadio de Balaídos acollerá este concerto despois de que o alcalde accedera a poñer o recinto a disposición da Xunta
O pleno da corporacion de ourense terá pronunciarse hoxe sobre a petición de dimisión do alcalde Pérez Jácome. O grupo socialista leva á sesión de hoxe unha iniciativa neste sentido. Obrigará así a pronunciarse ó PP que segue sen aclarar se vai manterse no goberno local aínda que rexeita a agresión do alcalde a unha sindicalista.
No que non hai cambios é na folga de buses, que estivo na orixe do conflicto, e hoxe non se vai celebrar a reunión prevista entre as partes.
Agora lles contamos os detalles desde Ourense. Antes o tempo que
seguirá soleado e con temperaturas máximas en ascenso. Deseguido ampliamos a previsión antes comprobamos como empeza a xornada nas principais cidades.
Alberto Nuñez Feijoo presidiu hoxe o seu último consello da Xunta, o último tamén antes do pleno de investidura. A semana que ven vai ser sustituído polo actual vicepresidente Alfonso Rueda.
Mentres a oposición que votará en contra da investidura de Rueda, pide un cambio na política do goberno galego.
Xornada tamén de concentracións do sector naval en Vigo e do sector do siderometal na provincia da Coruña. Tamén nuns intres, dará comezo unha mobilización en Ourense en repulsa ao incidente do rexidor Perez Jacome cunha sindicalista hai dous dias
Gonzalo Pérez Jácome segue a ser protagonista da actualidade tras a súa agresión a unha voceira sindical. Esta tarde nova concentración en Ourense contra o alcalde. Nela estará o secretario xeral socialista, Valentín González Formoso. Xa avanzou que o seu grupo está disposto a falar con quen sexa necesario, isto inclúe ó PP, para ver a Jácome fora do consistorio antes de que remate a lexislatura. Alfonso Rueda tratará o tema co grupo municipal popular, ó que o BNG lle pide responsabilidades por facilitar o goberno de Democracia Ourensana. Todo no marco da folga dos autobuses urbanos de Ourense, hoxe terceiro día
- Última reunión do Consello da Xunta presidida por Alberto Núñez Feijóo.
A xunta de portavoces ordenou hoxe o debate de investidura de Alfonso Rueda que empezará o martes ás nove e media da mañá.
- Folga no sector do metal na provincia da Coruña.
Os sindicatos demanda un convenio colectivo que garanta o poder adquisitivo dos salarios. Son 16 mil os traballadores afectados.
- Premiado un test, creado en Pontevedra, que mellora o diagnóstico de trastornos autistas.
Unha ferramenta premiada no Congreso europeo de neurosiquiatria que facilita a atención precoz e mellora o tratamento.
- En Galicia hai arredor de 1.800 menores tutelados pola Xunta.
Distintos especialistas analizan estes días en Santiago as ameazas ás que se ve sometida a infancia, dende o maltrato físico e psicolóxico á trata de persoas