ESPERA E DESESPERA. Este é o nome que escolle a confederacion de persoas con discapacidade COGAMi pra resumir a situación deste colectivo en galicia. As cifras pra conseguir un certificado chegan ó ano e son superiores as da media nacional. No dia internacional da convencion dos dereitos das persoas con discapacidade as organicacions que representan a este colectivo mobilizaronse por toda a comunidade. Denuncian a falta de medios e de avaliacion axeitada da sua situacion... algo que lles dificulta por exemplo acceder a prestacions que faciliten a inclusion e a igualdade.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
Comezou o proceso para a investidura do futuro presidente da Xunta. Esta mañá O Presidente do Parlamento, Miguel Santalices reuniuse cos representantes dos grupos parlamentarios para propoñer un candidato.
Será Alfonso Rueda, quen conta coa maioría absoluta do PP na cámara galega. O pleno para a súa investidura celebrarase a vindeira semana. O sábado 14 tomará posesión. A Oposición xa anunciou que votará en contra.
E tras a fin de semana os hospitalizados con covid subiron en todalas áreas sanitarias agás Ferrol. Galicia acumula así o maior número destes doentes no que levamos de ano. Son 745. Con todo a Consellería de Sanidade fai un chamento a tranquilidade e pide precaución.
- As agresións a través do móbil e das redes sociais non paran de medrar
- Os expertos recomendan fomentar a confianza para detectar axiña os sinais nas vítimas
Súfreno un de cada cinco nenos galegos, medran as agresións a través do móbil e as redes. Os expertos recomendan fomentar a confianza para detectar cando antes os sinais das vítimas.
Alfonso Rueda é xa formalmente o candidato a suceder a Nuñez Feijoo como presidente da Xunta despois de que o PP comunicase o seu nome ó presidente do Parlamento. Miguel Santalices reuniuse cos voceiros dos tres grupos da cámara... os socialistas dan uns días de cortesía a Rueda pra saber as súas propostas antes de decidir o seu voto... o BNG xa anuncia que, como era de esperar, non votarán a favor da investidura do actual vicepresidente en funcions, en todo caso, está garantida coa maioría absoluta popular. O día 14 Galicia terá novo presidente.
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
As novas da provincia de Ourense presentadas por Marta Landeira e Carlos Cerecedo
O río Miño vólvese a cobrar outras dúas víctimas. A pasada tarde foi recuperado o corpo do neno que foi arrastrado pola auga o sábado... o pai que intentou valerlle morreu tamén afogado.
Este luns recollemos tamén as reivindicacions dos traballadores no primeiro de maio que se centraron na recuperación do poder adquisitivo.
E hoxe iníciase o proceso para elexir ó substituto de Feijóo na presidencia da Xunta. O presidente do Parlamento reúnese cos portavoces dos grupos parlamentrios para propoñer un candidato.
Deportes. o Celta deixo dous puntos no desconto; o Lugo caeu derrotado no Anxo Carro. En baloncesto cara e cruz para Breogan e Obradoiro e en balaonmán o Guardés caeu na final de copta
Cambia o tempo.... baixan as temperaturas, sobre todo no norte onde poden producirse algunhas precipitacións.
Entrevista coa Secretaria Xeral de CCOO en Galicia, Amelia Pérez.
Realizada por Xosé Manuel García.
Primeiro de maio. Xornada reivindicativa que este ano chega coa clase traballadora afogada pola inflación. Por iso piden que se conteñan os prezos e se aumenten os salarios. As principais marchas rematan arestora. UGT e Comisións, xuntos, na Coruña; e a CIG, en Vigo...
Voz unánime na rúa neste Día do Traballo que tamén nos deixa loito en Arbo. Na praia fluvial deste concello pontevedrés un home morreu e o seu fillo está desparecido ó seren arrastrados pola corrente.
No tempo, hoxe con algunha nube máis.
Entrevista co cineasta galego especializado en animación, Ángel de la Cruz.
Realizada por Andrea Oca.
Alfonso Rueda tomará posesión como novo presidente da Xunta, previsiblemente, o 14 de maio. O presidente do Parlamento inicia este luns a rolda de contactos cos grupos políticos de cara á investidura. Vaise pechando o calendario do proceso unha vez que a renuncia de Feijóo xa aparece publicada hoxe oficialmente no DOG e no BOE.
Da pandemia, o máis destacado... que continúan subindo os casos. Agora a piques de chegar ós 18 mil. Con todo, hai 28 persoas menos ingresadas con covid nos hospitais.
Nas estradas, un motorista falecido esta madrugada en Paderne, A Coruña.
É día tamén de tristes aniversarios. Hoxe cúmprense 28 anos do dobre crime do Cash Récord en Lugo e 20 da desaparición e morte da moza viguesa Déborah Fernández.
No tempo da entrevista, falamos co cineasta Ángel de la Cruz.