Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Universidade de Santiago celebra o 50 aniversario do mítico concerto de José Afonso, no que estreou o Grándola Vila Morena, o tema que se convertiría en emblemático da revolución dos caraveis de Portugal e marcou a toda unha xeración de estudantes.

O xulgado autoriza a venda de Barreras ó grupo Armón ó ser a mellor oferta económica. A xuiza consider que os traballadores non ofreceron argumentos que xustifiquen a necesade de contar con todo-los trabaladores para recuperar a actividade.

Os transportistas acusan ás petroleiras de subir o prezo do gasóleo de maneira fraudulenta. Ampalian unha demanda de 2020 na que esixen a devolución do que cren que se lles cobrou indebidamente.

A corporación de Cambados celebra á tarde un pleno para manifestarse contra o informe de Costas que cuestiona o futuro de tres depuradoras. Candrando coa sesión están convocada unha concentración que apoian tódalas forzas políticas e os sectores afectados.

A Universidade de Santiago conmemora hoxe os 50 anos do concerto que 'Zeca' Afonso deu na cidade. Foi en maio do 72. Neste concerto interpretou por primeir vez o tema "Grádola, vila morena" que despois se convertiría no himno da revolución dos caraveis.

Do tempo, poucos cambios, aínda con temperaturas moi cálidas e con esas brétemas costeiras que chegaron a pasada tarde...

En menos de dúas horas, Alfonso Rueda, vai pronunciar o seu discurso como candidato ó a presidencia da Xunta. ás nove e media comeza o debate de investidura. Na cámara galega aínda estará neste pleno o aínda presidente en funcións, Alberto Núñez Feijóo, que en días vai cambiar o escano do Hórreo polo do Senado o que lle mereceu as críticas da oposición que ve nese cambio o xeito de que Feijóo continue aforado e que o PP se aforre dous salarios.

Poderán seguir o discurso de Rueda e o xoves as intervencións da opsoción polo circuito galego de Radio 5.

o tempo. Hoxe as néboas van suavizar ás temperaturas no litoral norte. No resto van seguir altas

Deseguido ampliamos a previsión antes comprobamos como empeza a xornada nas principais cidades

Á vespera da investidura de Alfonso Rueda, Os hasta agora senadores do PP por designación autonómica do Parlamento de Galicia, Juan Serrano e Elena Muñoz, formalizaron hoxe a sua renuncia ó seu escano na cámara alta a favor de Feijoo e Miguel Tellado. Mentres, na oposición critican que o PP realice un uso partidista do Senado.


Controlado o incendio forestal do municipio de Begonte, en Lugo que queimou máis de 25 hectáreas. Medio rural confirmou que ainda están pendentes dunha nova medición para saber as hectáreas reais afectadas.


Alberto Núñez Feijoo e Miguel Tellado serán senadores do PP por designación autonómica. Os actuais cédenlle o seu escano, algo que lles permitirá realizar unha oposición máis activa, o propio Feijoo interpelará mensualmente a Pedro Sanchez. Poden manter así a súa condición de aforados.

Desde a oposición, falan de uso partidista das institucións. Tanto BNG como PSDEGA preparan xa as súas propostas alternativas a Alfonso Rueda para o debate de investidura: céntranas no reforzo da sanidade pública.