Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
- Asociacións de nais e pais dos colexios de Baamonde, Baralla, Navia de Suarna e O Courel constitúen unha plataforma en defensa das escolas rurais
O persoal sanitario, máis alá da primeira liña de atención, e os traballadores de axuda a domicilio comenzan hoxe a recibir a primeira dose da vacina. As autoridades estudan cómo será a partir de aogra o calendario de vacinación. // Malestar entre os epidemiólgos polas declaracións do xuíz do País Vasco que ordenou a reapertura da hostalaría naquela comunidade. Nunha tertulia radiofónica, o maxistrado calificaba a estes profesionais como simples médicos de cabeceira cun cursiño. // A xustiza falla a favor da investigadora María de la Fuente. Hai tres anos viuse perxudicada na súa evaluación obrigatoria, levada a cabo polo Instituto Carlos III. O tempo que adicaba aos seus fillos restoulle competitividade na súa promoción profesional. 11-02-2021
Asociacións de nais e pais dos colexios de Baamonde, Baralla, Navia de Suarna e O Courel constitúen unha plataforma en defensa das escolas rurais
O persoal sanitario, máis alá da primeira liña de atención, e os traballadores de axuda a domicilio comenzan hoxe a recibir a primeira dose da vacina. Son os seguintes colectivos prioritarios. // A incidencia da pandemia continúa á baixa, e nos hospitais baixan a 1.145 o ingresados, 234 nas UCI. A mellora exténdese a tódalas areas sanitarias, e o total de casos activos descende en case mil, nunha xornada na que se computan outros 23 falecementos. // Mobilización dos sindicatos Comisións Obreiras e UGT en tódalas cidades para reclamar o que consideran promesas incumpridas no pacto de goberno que permitíu a investidura de Pedro Sánchez. // Investigadoras galegas dirixen equipos que buscan tratamentos a enfermidades como o cancro ou o Alzheimer. No día mundial da muller na ciencia acuden ás aulas para concienciar ás nenas de que se queren, poden. 11-02-2021
Media Galicia está en alerta por chuvias. Son máis intensas nas provincias da Coruña e Pontevedra onde se poden acumular ata 50 litros por metro cadrado en doce horas. Chuvias que caerán en toda a comunidade e serán máis fortes nas horas centrais do día. Mañá tenden a remitir. 11-02-2021
O persoal sanitario, máis alá da primeira liña de atención, e os traballadores de axuda a domicilio comenzan hoxe a recibir a primeira dose da vacina. Son os seguintes colectivos prioritarios. // A incidencia da pandemia continúa á baixa, e nos hospitais baixan a 1.145 o ingresados, 234 nas UCI. A mellora exténdese a tódalas areas sanitarias, e o total de casos activos descende en case mil, nunha xornada na que se computan outros 23 falecementos. // Mobilización dos sindicatos Comisións Obreiras e UGT en tódalas cidades para reclamar o que consideran promesas incumpridas no pacto de goberno que permitíu a investidura de Pedro Sánchez. // Investigadoras galegas dirixen equipos que buscan tratamentos a enfermidades como o cancro ou o Alzheimer. No día mundial da muller na ciencia acuden ás aulas para concienciar ás nenas de que se queren, poden. 11-02-2021
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
A hostalaría seguirá prechada en toda Galicia, polo menos, durante unha semana máis. Así o decidíu o Comité Clínico da Xunta, que mantén as restricións. A resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, que permite a apertura naquela comunidade, anima ás asociacións galegas do sector a acudir tamén, de novo, aos tribunais. // Galicia suma hoxe 28 novas mortes por coronavirus, superando a barreira dos 2.000 falecementos. // O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia avala a instalación de escaleiras mecánicas na Gran Vía de Vigo sen o permiso da Xunta. Os maxistrados anulan a resolución da Administración autonómica que impedía, debido á catalogación dalgúns edificios, a instalación de escaleiras mecánicas nalgúns dos tramos da rúa. 10-02-2021
Asociacións de Hostalaría de toda Galicia recurren aos tribunais para pedir que se levante o peche total, trala resolución do Tribunal Superior de Xustiza do País Vasco, que permite a apertura do sector naquela comunidade, // Por oitavo día consecutivo, baixan os casos activos. Os falecementos rebasan a cifra de 2.000 dende que comenzou a pandemia, con 28 mortes nas últimas horas. // O Comité Clínico da Xunta decide manter as medidas restrictivas en toda Galicia, polo menos durante unha semana máis. Pese a constatar unha baixada da incidencia en máis do 40 por cento, Advirte que a presión hospitalaria segue a ser elevada especialmente nas UCI. // O sistema sanitario galego está preparado para administrar ata 100.000 vacinas ao día, en caso de contar con doses dabondo, así o asegurou o presidente da Xunta no Parlamento. 10-02-2021
Pequena tregua no tempo este mércores á espera de que xa esta noite volvan as chuvias que serán especialmente intensas na xornada do xoves Durante a tarde continuarán os ceos despexados nun día no que se recuperan algo as temperaturas. As máximas oscilarán entre os 10 a 15 graos. 10-02-2021