Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os pequenos comercios, a piques de recuperar, mañá o horario habitual. O sector segue afectado pola limitación de cabida ao 50 por cento e as restriccións de mobilidade. // Tamén se recupera a actividade cultural, e volverá haber público en cines, teatros e auditorios, con cabidas máximas do 30 por cento. Máis de 300 profesionais e unhas corenta compañías de teatro sofriron as restriccions. // A Hostalaría acolle con resignación a continuidade do peche total dos establecementos ao público, pero advirte da sua grave situación e reclama máis axudas. A Xunta ultima un plan para a reapertura mediante un control de cabida e un rexistro de clientes. // División entre as forzas políticas sobre a prohibición da caza do lobo. O PP pronunciase en contra, mentre a oposición acusa á Xunta de non afrontar os danos que provoca o lobo os gandeiros. 16-02-2021

A tradición do Martes de Antroido rexistra a sua edición máis estraña. Sen desfiles urbanos nin eventos masivos, pequenas localidades, como a parroquia de Sande, en Cartelle, manteñen viva a celebración. // A Hostalaría acolle con resignación a continuidade do peche total dos establecementos ao público, pero advirte da sua grave situación e reclama máis axudas. A Xunta ultima un plan para a reapertura mediante un control de cabida e un rexistro de clientes. // Socialistas e nacionalistas desmárcanse do rexeitamento do Partido Popular a prohibición da caza do lobo en Galicia. Acusan á Xunta de mala xestión nas axudas aos gandeiros afectados. // Continúa o descenso de casos activos, con menos contaxios novos, e a presión hospitalaria baixa a menos de mil ingresados, 205 nas UCi. Nas últimas horas notifícanse 28 falecementos máis. 16-02-2021

Unha fronte fría cruzou Galicia deixando chuvias que foron remiten a partir do mediodía e mesmo irán dando paso a apertura de claros ao longo da tarde. No mar, alerta amarela en parte da costa coruñesa por ondas de ata cinco metros. As temperaturas baixan. 16-02-2021

O Comercio recuperará o mércores o seu horario habitual. Será, xunto coa reapertura de actividades culturais, o primeiro paso dunha desescalada que se prevé moi gradual e incluirá certas actividades progresivas ou as clases presenciais na Universidade. Así o acordou o Comité Clínico, que deixou para dentro dunha semana como mínimo a decisión sobre a hostalaría. // A Federación de Hostalería de Pontevedra presentou unha demanda ante o tribunal de xustiza galego. Buscan a suspensión cautelar das restriccións ao sector decretadas pola Xunta por mor da pandemia. // O rei emérito non está xa no mapa de rúas de Pontevedra. O pleno do concello aprobou hoxe a retirada nunha avenida da cidade do nome de Juan Carlos I. Será sustituido polo de Virxinia Pereira, a viuva de Castelao. 15-02-2021