Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Os cribados masivos mediante mostras de saliva son empregados xa con 50.000 galegos, e teñen permitido detectar ata 180 positivos asintomáticos. En conxunto, o test dos últimos días reflexan que a tendencia é a diminuir o número de contaxios, e a Xunta anticipa a posibilidade de aliviar as restricións a próxima semana. // Drástico descenso nos casos activos en Galicia. Caen ata os 19.240, 720 menos ca onte. Baixan tamén os novos contaxios, tras rexistrarse 526 no último día, colas a cifra máis baixa desde antes de Reis e de dispararse a curva desta terceira vaga. A taxa de positividade baixa ao 4,5%. // Hoxe celébrase o Día Internacional da Epìlepsia. En Galicia hai 33.000 persoas que padecen esta enfermidade. Conseguir un emprego estable é un dos principais problemas que teñen e que o paro aumenta coa pandemia tamén neste colectivo.

Os casos activos caen por terceiro día consecutivo, e sitúanse na cifra máis baixa dende o nadal. Os hospitalizados, sen embargo, seguen a aumentar, e nas UCI chegan ao máximo de 254. // Distribuidores de hostalaría protestan en Lugo mediante unha caravana caravana de vehículos, en demanda de axudas públicas directas e subvencións á mercadoría caducada.// Profesores e alumnos das tres universidades galegas adaptanse, dende hoxe, a retomar a actividade mediante clases exclusivamente telemáticas. Os rectores aseguran contar con tódolos medios necesarios para seguir coa docencia online ata que mellore a situación sanitaria. // Nadar, montar en bici ou os videoxogos, son actividades vetadas para quen sofre epilepsia, Un trastorno crónico que conta en Galicia cuns 30.000 afectados. 08-02-2021

Galicia queda na influencia dunha borrasca que se situa ao norte, o que propiciará ceos parcialmente cubertos con chubascos probables en cualquier punto, que ocasionalmente poderán vir acompañados de saraiba e treboadas.A cota de neve quedará nos 900-1.000 metros. 08-02-2021

Os casos activos caen por terceiro día consecutivo, e sitúanse na cifra máis baixa dende o nadal. Os hospitalizados, sen embargo, seguen a aumentar, e nas UCI chegan ao máximo de 254. // Distribuidores de hostalaría protestan en Lugo mediante unha caravana caravana de vehículos en demanda de axudas públicas directas e subvencións á mercadoría caducada. // Profesores e alumnos das tres universidades galegas adaptanse, dende hoxe, a retomar a actividade mediante clases exclusivamente telemáticas. Os rectores aseguran contar con tódolos medios necesarios para seguir coa docencia online ata que mellore a situación sanitaria. // Nadar, montar en bici ou os videoxogos, son actividades vetadas para quen sofre epilepsia, Un trastorno crónico que conta en Galicia cuns 30.000 afectados. 08-02-2021

En noviembre de 2019, la Policía Nacional y Guardia Civil apresaron el primer narcosubmarino en costas europeas. El sumergible procedía de la Amazonia y contenía un alijo de cocaína en su interior. Desde este viernes, el submarino se puede visitar en el Museo de la Policía Nacional en Ávila, donde se encuentra la Escuela Nacional de Policía. Se pone así punto y final a una disputa entre Policía Nacional y Guardia Civil para ver quién se quedaba con ello.

Polémica pola prohibición da caza do lobo en todo o territorio. A satisfacción dos ecoloxistas contrasta co malestar das asociacións de gandeiros e cazadores, trala decisión adoptada polo Ministerio de Transición Ecolóxica de incluir ao Lobo Ibérico na listaxe de Especies de Protección Especial. // Importante descenso nos casos activos, que caen por baixo dos 22 mil por primeira vez en oito días. // A Xunta ofrece formalmente axuda sanitaria a Portugal, que podería, por tanto, derivar doentes de covid ao Hospital Alvaro Cunqueiro de Vigo. Así o confirmou o presidente Núñez Feijóo, // Ourense acolle por primeira vez a celebración do Campionato Nacional de hockey sala masculino, cos oito mellores equipos de España. Entre eles, o Barrocás de Ourense, que este mediodía perdía o seu primeiro partido contra o Barcelona, o vixente campión. 05-02-2021