Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A oferta turística de Galicia, centrada na "calidade" como marca propia, xa está presente en Fitur. A feira internacional do sector abre as suas portas en Madrid, condicionada polo loito, con moitos dos eventos previstos cancelados, ante a traxedia ferroviaria de Adamuz | A Xunta comenza a prepararse para o eclipse solar, o evento que terá lugar o 12 de agosto e no que a nosa comunidade será unha das zonas máis privilexiadas para observalo. Hoxe constituíu unha comisión para coordinar a movilidade, a seguridade e a protección civil | O Concello de Lugo presenta a súa candidatura para albergar a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública. Un organismo que podería supoñer a creación de 300 postos de traballo na cidade. Compite con outras oito cidades, entre elas Barcelona | Encontro do director Manuel Gómez Pereira con Internos do cárcere da Lama para asistir á proxección da sua última película, "La Cena". Unha iniciativa enmarcada na entrega dos premios Feroz, o próximo sábado, en Pontevedra

Chega a primeira alerta vermella do inverno. Afectará esta noite á costa da Coruña, onde se agardan ondas que superarán os oito metros de altura. Xunta e Protección Civil insisten en advertir da perigosidade de acheguarse ó mar | O espazo de Galicia en Fitur e punto de encontro estes días para a axenda institucional e profesional do sector turístico, que reivindica a marca “Galicia calidade” como eixo estratéxico | a Xunta comenza a prepararse para o eclipse solar, o evento que terá lugar o 12 de agosto e no que a nosa comunidade será unha das zonas máis privilexiadas para observalo |Lugo compite con oito cidades, entre elas Barcelona, Murcia, Granada ou Zaragoza para ser a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública| Ledicia Costas, Lídia Jorge e o último premio Nadal, David Uclés, recibirán esta tarde o premio San Clemente de literatura organizado polo Instituto de Educación Secundaria Rosalía de Castro de Santiago |

Chega a primeira alerta vermella do inverno. Afectará esta noite á costa da Coruña, onde se agardan ondas que superarán os oito metros de altura | A oferta turística de Galicia xa está presente en Fitur. A feira internacional do sector, condicionada pola traxedia ferroviaria de Adamuz | A Xunta comenza a prepararse para o eclipse solar, o evento que terá lugar o 12 de agosto | Lugo presenta a súa candidatura para albergar a sede da Axencia Estatal de Saúde Pública. Un organismo que podería supoñer a creación de 300 postos de traballo |

A influencia das baixas presións deixa hoxe ventos fortes de compoñente oeste, con Refachos superiores aos 80 km/h no litoral e zonas altas. Xornada de ceos nubrados con precipitacións xeneralizadas máis frecuentes e intensas na metade oeste e acompañadas localmente de tormenta. As temperaturas en moderado ascenso

Atascos e dificultades de tráfico, a primeira hora da mañá, en Santiago, recollidas na sala de pantallas da policía local, nunha nova xornada de folga do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña, tamén sen servizos mínimos | O sector da pesca volve hoxe á actividade logo do acordo acadado en Madrid co Ministerio para modificar o Regulamento de control de capturas aprobado pola Unión Europea. As pesaxes non terán que ser a bordo para as pequenas embarcacións e xa non terán que preavisar con catro horas de antelación da chegada a porto | Segue a mobilizacición de gandeiros e agricultores contra o tratado de libre comercio entre a Unión Europea e Mercosur. En Lugo, rodean a muralla con tractores, e buscan concienciar aos consumidores con degustación de produtos de proximidade | 2025 foi un ano extremadamente cálido cunha temperatura media de 14,7 graos. Así figura no informe de Meteogalicia, que destaca tamén a calor e seca durante o verán, co mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros

Atascos e dificultades de tráfico en Santiago, recollidas na sala de pantallas da policía local, nunha nova xornada de folga do transporte de viaxeiros na provincia da Coruña | O sector da pesca volve hoxe á actividade logo do acordo acadado en Madrid co Ministerio para modificar o Regulamento de control de capturas aprobado pola Unión Europea. Entre as normas que consideraban imposibles de cumprir para as embarcacións pequenas, está a das pesaxes a bordo, que xa non terán que ser máis que unha estimación| Luz verde para o modelo descentralizado dos estudos de Medicina. O acordo entre os conselleiros de Sanidade e Educación da Xunta e os reitores das tres universidades galegas asinabase esta mañá con satisfación por todas as partes | 2025 foi un ano extremadamente cálido cunha temperatura media de 14,7 graos. Así figura no informe de Meteogalicia, que destaca tamén a calor e seca durante o verán, co mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros. Tamén choveu máis, cun 18 por cento máis de precipitacións |

Dificultades de tráfico en Santiago, nunha nova xornada de folga do transporte de viaxeiros, sen servizos mínimos | Satisfacción do sector pesqueiro polo acordo para modificar o Regulamento de control de capturas aprobado pola Unión Europea | Luz verde para o modelo descentralizado dos estudos de Medicina | 2025 foi un ano extremadamente cálido cunha temperatura media de 14,7 graos. Así figura no informe de Meteogalicia, que destaca tamén a calor e seca durante o verán, co mes de xuño máis cálido dende que hai rexistros |

Unha nova fronte atlántica mantén todo o litoral galego en aviso laranxa por ondas que poden chegar aos 7 metros. En terra, vento que soprará con forza de noite en toda a comunidade. Alerta tamén por chuvias que serán máis intensas e persistentes nas provincias atlánticas, de neve nos cumios máis elevados

Conmoción en toda Galicia, polo accidente ocorrido en Adamuz, na provincia de Córdoba, que leva contabilizadas 39 víctimas mortais. Institucións e grupos políticos cancelan os actos previstos en sinal de dó. Un sinistro ferroviario que trae á memoria a traxedia de Angrois, en 2013 | Xornada de movilización do sector pesqueiro para rexeitar o regulamento do control de capturas aprobado pola Unión Europea, unha normativa que os mariñeiros consideran imposibles de cumprir | Continúa o corte de tráfico na nacional 120 en Ourense, a cargo de agricultores e gandeiros, en protesta contra o acordo da UE co Mercosur. Din que supón unha ameaza para as explotacións ao non poder competir en igualdade cos produtos sudamericanos | Vitoria do Celta por un contundente 3 a cero, ante o Rayo Vallecano, que mantén ao equipo vigués ás portas das prazas europeas. Os seareiros acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias polos insultos homófobos que sufriu

O sinistro ferroviario de Aldamuz, relacionado coa alta velocidade, trae á memoria a traxedia de Angrois, en 2013, tal como lembraba a alcaldesa de Santiago | O sector pesqueiro amarrou hoxe a frota para protestar contra o novo regulamento europeo de control de capturas. Os mariñeiros consideran que a normativa contempla medidas que son imposibles de cumprir | Gandeiros e agricultores trasladaron a súa protesta do centro da cidade ao pé dun centro comercial para gañar en visibilidade e pola imposibilidade de facer cortes autorizados na autovía das Rías Baixas | Entra en vigor o novo abono único de transporte o primeiro que funciona para diferentes medios a nivel nacional. | Nova vitoria do Celta nunha xornada na que os seareiros do equipo acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias e encontra dos insultos homófobos que sufriu a pasada semana o xogador.

Conmoción en toda Galicia, polo accidente ocorrido en Adamuz que trae á memoria a traxedia de Angrois | movilización do sector pesqueiro para rexeitar o regulamento do control de capturas aprobado pola Unión Europea | corte de tráfico na nacional 120 en Ourense, a cargo de agricultores e gandeiros, en protesta contra o acordo da UE co Mercosur | | Vitoria do Celta por un contundente 3 a cero, ante o Rayo Vallecano, que mantén ao equipo vigués ás portas das prazas europeas. Os seareiros acudiron a Balaídos coas unllas pintadas para amosar o seu apoio a Borja Iglesias

Comeza a semana coa entrada dunha fronte atlántica durante a mañá. Luns de ceos nubrados con chuvascos máis frecuentes e intensos no terzo norte, ocasionalmente acompañados de sarabia. Serán de neve en zonas de montaña. Á tarde irán abrindo claros polo oeste. As temperaturas sen cambios

Produtores de carne, leite e hortalizas, marchan, de novo, en Lugo. Piden un posicionamento máis contundente dos Eurodeputados galegos contra o acordo da UE co Mercosur. Xunta e organizacións agrarias acordan reclamar conxuntamente que non se recorten as axudas da PAC | Outra xornada de folga de condutores de autobús da provincia da Coruña. A cidade de Santiago é a máis afectada, ao quedar, tamén, sen transporte urbano. Usuarios do Aeroporto ou do Hospital Clínico critican o incumprimento dos servizos mínimos | Plan da Xunta para prevención de infeccións de transmisión sexual. Inclue medidas pioneiras como un cribado a grupos de idade de maior incidencia para a detección precoz, mediante a realización de probas no propio domicilio | O grupo Inditex Anuncia o peche da primeira tenda que Amancio Ortega abríu, na Coruña, en 1975, e que deu lugar ao xigante textil. A compañía di que o establecemento, ubicado na rúa Juan Florez, de 300 metros cadrados, non encaixa ca súa proposta comercial actual e de futuro.

Produtores de carne, leite e hortalizas, marchan, de novo, en Lugo. Piden un posicionamento máis contundente dos políticos galegos contra o acordo da UE co Mercosur | Nova xornada de folga no transporte por estrada da provincia da Coruña, que en Santiago afecta ademáis aos buses urbanos. Os usuarios quéixanse de que os condutores non están cumprindo os servizos mínimos | A familia de Diego Bello, o mozo coruñés asasinado en Filipinas hai seis anos, prestou declaración nunha vista que se acaba de celebrar en Manila | A Consellería de Sanidade presenta un plan co que pretende eliminar as infeccións de transmisión sexual como problema de saúde pública en Galicia daquí a 2030 | Inditex pecha a histórica tenda Zara na rúa Juan Florez, a que supuxo o xerme do xigante textil. Logo de 50 anos aberto. O establecemento levaba dende maio como espazo conmemorativo do aniversario.

Produtores de carne, leite e hortalizas piden un posicionamento máis contundente dos políticos galegos contra o acordo da UE co Mercosur | Nova xornada de folga no transporte por estrada da provincia da Coruña, que en Santiago afecta ademáis aos buses urbanos | Plan da Xunta para prevención de infeccións de transmisión sexual. Inclue medidas pioneiras como un cribado a grupos de idade de maior incidencia para a detección precoz | O grupo Inditex Anuncia o peche da primeira tenda que Amancio Ortega abríu, na Coruña, en 1975, e que deu lugar ao xigante textil

Toda a costa en alerta laranxa por ondas que poden chegar aos 6 metro, ao paso dunha borrasca con entrada dunha masa de aire polar marítima. Chuvascos que poden vir con sarabia e tamén descenso de temperaturas e da cota de neve ata os 800 metros

Aumenta o seguimento da folga de Médicos, sobre todo nos hospitais. Os convocantes elévano ata o 85 por cento. A Xunta admite que se tiveron que cancelar máis de 200 operacións. A folga coincide cun incremento do 8% na incidencia do virus respiratorio sincitial | Os prezos rematan o ano 2025 cun aumento do 2´6 por cento na nosa comunidade, tres décimas por debaixo da media do conxunto de España. Os alimentos son o grupo de produtos que máis contribuiron ao aumento da inflación | As confrarias anuncian o amarre da frota de baixura o vindeiro luns en protesta polos novos controis a bordo que esixe o regulamento aprobado en Bruxelas. Contempla ata oito comunicacións electrónicas durante o tempo de faena, o que mariñeiros e armadores consideran "imposible" de cumprir | A Xunta presenta Un plan contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores. O medio centenar de actuacións van enfocadas no eido educativo, pero tamén familiar. Conta cun orzamento de máis de 7 millóns de euros para desenvolverse ata 2030

Aumenta o seguemento na segunda e última xornada da folga de médicos convocada esta semana a nivel nacional para reclamarlle ao Ministerio de Sanidade un estatuto propio. Un paro que, advirten, podería endurecerse a partir de febrero | O virus respiratorio sincitial segue aumentando na nosa comunidade. Os últimos datos da consellería de sanidade indican que a taxa de positividade supera o 8% | Hoxe coñecemos as cifras de doazóns do ano 2025 e aumentan tanto o número de doantes como o número de transplantes. 429 persoas tiveron o ano pasado unha segunda oportunidade | Galicia pechou o 2025 cunha inflación do 2,6%, tres décimas por debaixo da media nacional. A esa contención axudou que non se encareceu nin o turismo nin os carburantes e malia a suba do prezo dos alimentos, sobre todo dos ovos e a carne | A Xunta presenta Un plan contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores. Son 51 actuacións establecidas en cinco eixos enfocados na prevención, na información, na concienciación e na formación

Aumenta o seguimento da folga de Médicos, sobre todo nos hospitais. A Xunta admite que se tiveron que cancelar máis de 200 operacións | Hoxe coñecemos as cifras de doazóns do ano 2025 e aumentan tanto o número de doantes como o número de transplantes. 429 persoas tiveron o ano pasado unha segunda oportunidade | Os prezos rematan o ano 2025 cun aumento do 2´6 por cento na nosa comunidade | Plan da Xunta contra o uso inadecuado das novas tecnoloxías en menores |

Unha nova fronte atlántica barre Galicia con ventos que superaron os 134 km por hora con chuvias localmente fortes na metade oeste. No mar alerta laranxa por ondas que poden superar os 5 metros no litoral de Pontevedra e na Costa da Morte. A cota de neve baixará ós 1000 metros. As temperaturas sufrirán un lixeiro descenso en zonas do interior