O barrio ferrolán de Canido volveu converterse en centro da arte urbana. O Festival das Meninas naceu para frear o abandono da zona. Máis de cen creadores xa deixaron a súa pegada reinterpretando a obra de Velázquez.
A internet é hoxe en día un gran competidor das librarías.
Moita xente elixe a modalidade de venda en liña por prezo ou comodidade.
Pero hai librarías que lle fan fronte a este competidor.
Descontos ou trato directo coa clientela é o seu segredo, ademais de garantir que o pedido chegará a tempo.
Entramos no cárcere de Teixeiro para asistir a un concerto. Aquí a música forma parte do tratamento penitenciario. A través dela buscan desenvolver a motivación, as habilidades sociais e a reinserción dos internos.
Organizado pola cantante Luz Casal, no pobo onde naceu, o festival cumpre 15 anos.
Luar na Lubre, Nena Daconte ou The Rapants, entre outros, forman parte do cartel.
O "Festival de la Luz" busca poñer en valor a contorna rural e levar a un público familiar unha oferta que abrangue estilos moi diversos.
Os beneficios son destinados a causas benéficas.
Chegan estudantes de toda Galicia e tamén de fóra.
Cada vez hai máis alumnado do entorno urbano.
Algúns elixen estes estudos para poder acceder a carreiras universitarias como veterinaria.
O que se nota é un aumento de interese polo campo como saída laboral.
Os censados na parroquia apenas son 600 e menos de 7.000 en todo o concello de Valdoviño, poboación que se multiplica estes días pola Pantín Classic.
A xente que chega a localidade é moi dispar e os negocios traballan arreo.
Na Pantín Classic de surf que nesta edición deu un salto para convertirse en internacional participan uns 300 deportistas que proceden de 15 países.
Desde o concello traballan por un turismo sostible.
É un dos grandes eventos deportivos do verán.
Nesta edición pasou de ser competición europea a mudial polo que participan surfistas de tódolos continentes.
A cita deportiva atre até Valdoviño arredor de 100.000 visitantes durante os nove días que dura a competición.
Dous galegos, Daniela Alonso e Manuel Fernández, competirán na proba principal.
O operativo desenvolveuse durante a madrugada deste sábado cando os axentes detectaron o transporte da mercadoría.
Practicáronse rexistros en tres domicilios da Pobra. A maior parte da droga foi localizada nunha vivenda en nun cobertizo anexo.
Foron detidas tres persoas, entre elas a que a Policía identifica como líder do clan dos Fanchos.
Os tres detidos pasaron esta mañá a disposición xudicial.
Os monicreques son estes días os protagonistas en Rianxo. Titiriberia, o festival de títeres tradicionais trae á vila unha chea de actividades e espectáculos que buscan conservar e renovar o patrimonio do teatro de monecos.
Volver á vila e emprender. É o que fixo unha parella de Pontedeume, na Coruña, os dous enxeñeiros. Exerceron a profesión polo mundo adiante e nos tempos da covid decidiron o retorno. Montaron un negocio de comercio electrónico co que lles gustaría animar a outros xoves empresarios.
28 persoas poden gozar desta exclusiva viaxe entre San Sebastián e Ferrol.
Unha experiencia que inclúe aloxamento, excursións e gastronomía.
Os salóns proceden de antigos coches de comezos do século XX.
A primeira viaxe foi en 1983.
- Culmina el largo proceso por el que el inmueble ha pasado de manos de la familia Franco a titularidad pública
- Fue adquirido en 1941 de manera fraudulenta por el dictador y en 2020 la justicia declaró que pertenecía al Estado
Mirar o ceo sempre espertou a curiosidade da humanidade. Pero moito antes dos telescopios espaciais ou das misións á Lúa, foron instrumentos como astrolabios, globos celestes ou esferas armilares os que permitiron comprender o Universo. O Museo Centro Gaiás percorre esa historia nunha exposición que convida a descubrir como aprendemos astronomía.
Máis de 70 autores e 24 exposicións nesta edición do festival de banda deseñada 'Viñetas desde o Atlántico', na Coruña. Este ano, con especial fincapé no cómic social, de memoria democrática e en recuperar o público infantil e xuvenil.
Confírmase que estará despexado en máis do 80 por cento dos concellos nos que a eclipse será total. Só se agardan nubes baixas na Mariña e en Bergantiños. Meteogalicia habilita unha ferramenta para consultar a previsión en cada punto concreto do territorio.
- El operativo conjunto de la Guardia Civil, la Policía Nacional y Vigilancia Aduanera continúa abierto
- Las actuaciones están vinculadas con una descarga de droga que habría tenido lugar en la Praia de Arnela
Ao principio tiñan poucas pretensións pero, en dous anos, publicaron o seu primeiro disco.
Amosaron a música celta a MIke Oldfield.
Levaron as súas composicións por todo o mundo, especialmente a América onde son moi queridos.
Naceron na cidade da Coruña en 1986.
A alta demanda para o día da eclipse provoca aumento de prezos dos aloxamentos turísticos. Na Coruña, os hoteis están un 15 % máis caros. Alúganse apartamentos e casas por ata 1.000 euros só para esa noite. Os restaurantes coas mellores vistas xa non admiten máis reservas.
Comenza a conta atrás para a eclipse solar. Entre os mellores lugares para contemplalo hai algúns puntos que xa contan con seu propio atractivo turístico, especialmente nestas datas de verán. Vemos como se agarda en San Andrés de Teixido, en Cedeira.
Dende Ribadeo ata A Guarda, Galicia xa está conectada por unha ruta de máis de 1.300 quilómetros a través da costa. É o Camiño do Litoral, 52 etapas para percorrer a nosa comunidade, a que ten máis quilómetros de costa de España. Hoxe comezaron a instalarse en Soutomaior as primeiras sinais para informar das rutas.
Aprobouse nun consello de ministros presidido polo rei Xoán Carlos e celebrado na Coruña, aproveitando a primeira visita institucional a Galicia dos monarcas.
A medida beneficiou a tódolos presos condenados por delitos políticos ou de opinión excepto integrantes de grupos terroristas.
Outra excepción foi a dos membros da Unión Militar Democrática xa que non puideron reintegrarse no exército.
Os sindicatos UGT, CCOO e CIG denuncian que os salarios están conxelados dende hai ano e medio e os empresarios queren eliminar o complemento do 100% durante as baixas laborais. A patronal acusa ós sindicatos de levantar da mesa de negociación, e aseguran que están abertos ao diálogo. Patricia Liste e Carlos Purriños
Un documental recolle a historia, ritos e lendas do Pico Sacro, una singular montaña de Boqueixón de 530 metros de altitude. Un faro natural da comarca da Ulla e símbolo vivo vinculado aos camiños de Santiago.
Falta mes e medio para que comece o curso, pero a maioría dos estudantes universitarios teñen xa onde vivir. En Santiago pagan de media 300 euros por unha habitación. Moitos quéixanse de que os pisos non están en boas condicións.