Galicia queda hoxe baixo a influencia das altas presions, o que significa unha xornada con ceos pouco anubrados, ou despexados en xeral, un ambiente que vai continuar ata o xoves. As temperaturas mínimas baixaron lixeiramente, a sete graos en Lugo, e aumentan as máximas, ata 23 graos en Ourense. 26-10-2021
Rapaces de entre sete e 14 anos sofren a cotío agresións no entorno educativo. A Garda Civil quere concienciar sobre a realidade do acoso escolar cun video, presentado en Pontevedra. // Os novos contaxiosde Covid repuntan a 43, case 20 máis que o día anterior, ainda que a incidencia segue a ser a máis baixa de España. A consellería de Educación estuda relaxar o protocolo de medidas sanitarias nos centros de ensino, co debate aberto sobre eliminar a máscara obrigatoria nos recreos. // Segue a polémica pola referencia á Galicia Profunda na resolución da xuíza de Marbella sobre unha nai que marchou co seu filla a vivir a Muros. O Parlamento Galego expresa o seu rexeitamento unánime. // O Celta desquítase, cunha vitoria contra o Getafe, por cero a tres, a terceira da temporada. O equipo vigués recupera o bo xogo e a eficacia con goles de Santi Mina e Iago Aspas. 26-10-2021

Unha asociación cultural e artística organiza unha exposición coas imaxes dos veciños que un día habitaron o lugar de Bexán, no Saviñao (Lugo)
Maiores de 80 anos que non viven en residencias, citados para recibir a dose de reforzo contra a covid nun brazo e a vacina da gripe no outro. Unhas 60.000 persoas recibirán esa opción ao longo da semana. Mentres, comenza a inmunización da gripe para todolos maiores de 65. // Os traballadores de Vestas reclamanlle á Xunta que condicione calquera acordo coa multinacional dinamarquesa a que manteña a actividade industrial na Mariña. Así o deixaron constar nunha marcha en Santiago, onde representantes da empresa mantiñan unha xuntanza cos da Consellería de industria. // "Emilia Pardo Bazán, 100 anos despois" é o título do congreso que acolle dende hoxe a Real Academia Galega. Elíxese esta sede porque alberga a casa-museo da escritora. Durante toda a semana, expertos internacionais van debater sobre a importancia desta figura da literatura. 25-10-2021
A semana comenza cunha xornada de transición, con intervalos de nubes baixas e algunhas chuvias febles pola mañá, que deixan paso a ceos con grandes claros pola tarde. As temperaturas ascenden tamén lixeiramente, con máximas que van dos 15 graos en Lugo aos 18 en Ourense. 25-10-2021
Vacina da tercerca dose da covid nun brazo e simultáneamente, a da gripe no outro. Unha opción que comenza hoxe para os maiores de 80 anos que non viven en residencias, e para a que serán citadas 60.000 persoas ao longo desta semana. // A vicepresidenta do goberno, Yolanda Díaz, admitía en Santiago que a coalición entre os socialistas e Unidas Podemos pasa por un momento delicado, debido as diferentes posturas sobre a reforma laboral. // O certificado de pesca responsable da frota atuneira recibe un dos premios de Alimentos de España polo respeto ao medio ambiente e as condicións laborais. Unhas condicións que o sector reclama que cumplan tamén os seus competidores asiáticos. 25-10-2021

O Museo da Limia homenaxea ao poeta co gallo do seu centenario.
Falecido en 2004, foi unha das voces poéticas máis destacadas do século XX.
Satisfación da hostalaría ante o paso cara a normalide que significa o remate da emerxencia santiaria. A medida vai supor desde esta medianoite Ocupación dos locais ao cen por cento, barras incluídas, horarios ampliados e fin das restricións en comercios, ximnasios e outras actividades. O Tribunal Superior de Xustiza autoriza esixir o certificado covid en tódolos locais de lecer nocturno. // O acordo sobre cómo debe ser o novo sistema de financiamento autonómico centrou a xuntanza en Sevilla entre os presidentes da Xunta de Galicia e de Andalucía. Núñez Feijóo e Juanma Morero coiciden en que a negociación do novo modelo non pode ser bilateral, e debe contemplar o custe real dos servizos que prestan as comunidades autónomas, como a sanidade, a educación e atención aos maiores. // Lucas Yáñez, patinador de Oleiros de 17 anos, acaba de proclamarse campión do mundo en categoría junior. Consegue a medalla de ouro, logo de meses no que non puido adestrar con normalidade. Agora ten como obxetivo gañar o mundial na categoría absoluta. 22-10-2021
Todos os sectores recuperan a totalidade das cabidas a partir deste sábado
A fin de semana arranca coa volta da influencia anticiclónica en toda Galicia, con ceos con alternacia de nubes e claros, máis despexados pola tarde. As temperaturas con acusada oscilación, especialmente en Ourense, onde pasan dos 7 graos de mínima aos 21 de máxima. 22-10-2021
Ocupación dos locais ao cen por cento, barras incluídas, horarios ampliados e fin das restricións en comercios, ximnasios e outras actividades. É o paso á normalidade que supón o remate da emerxencia sanitaria. // A Xunta advirte de que algunhas normas de prevención deberán seguir en uso, como a máscara. O lecer nocturno recupera tamén as cabidas e a apertura ata as cinco da mañá, pero deberá pedir aos clientes o Certificado Covid. // Cómo chegar a ser piloto, profesional da banda deseñada ou acceder ao Exército. Son preguntas que se poden respostar no Salón Edugal, en Pontevedra, que reúne a oferta formativa galega, cun amplo espazo para FP e os graos universitarios. // O Museo da Limia réndelle homenaxe a Antón Tovar, o escritor ourensán falecido en 2004, ao cumprírense cen anos do nacemento do que foi unha das voces poéticas máis destacadas do século XX. 22-10-2021

Investigadoras do CSIC estudan as pezas medievais máis valiosas da catedral de Ourense.
Un equipo de TVE foi testemuña do achado dun puñado de terra que podería pertencer á tumba de San Rosendo.
Os gardas do Campus de Vigo terán o apoio dun can robot con cámara de visión térmica. É o primeiro exemplo en Europa de uso dunha rede privada 5G aplicada á seguridade.
Os novos horarios na Hostalaría entrarán en vigor a partir da medianoite de mañá. A Xunta tamén vai solicitar informes xurídicos e sanitarios para ver a posibilidade de prescindir do uso da máscara nos patios dos colexios. // Unha pancarta, asinada por un grupo anónimo foi atopada hoxe na illa da Palma, na zona onde unha empresa galega de drons tentaba localizar a varios cans atrapados pola lava. Nas últimas horas, a temperatura da colada seca baixou, e -segundo os técnicos- é posible que alguén accedera a pé ata o lugar e levara ós cans. De confirmarse, a empresa galega Aerocámaras daría por rematada a operación. // Admiración no fútbol europeo pola xesta do equipo xuvenil do Deportivo da Coruña, que venceu por 4-0 os polacos do Pogon. O equipo clasíficase para a seguinte ronda da UEFA xuvenil, ao protagonizar unha remontada insólita, tras perder por 3-O, no partido de ida. // 21-10-2021
Vai entrando o vento norte, que trae unha masa de aire máis fría. Así, os ceos alternan nubes e claros, con chuvascos máis probables na metade norte. As temperaturas sofren un moderado descenso respecto aos días pasados, con mínima de 9 graos en Lugo, e máximas por debaixo dos 20 graos en tódalas cidades. 21-10-2021
Os locais de Hostalaría poderán acoller xa o 100 por cen da cabida de clientes, e abrir ata a unha e media da mañá as fins de semana. A Xunta elimina tamén as restricións nas residencias e declara rematado o estado de emerxencia sanitaria. // Galicia e a comunidade coa mellor situación da pandemia, cunha incidencia de 14 casos por 100.000 habitantes, a máis baixa dende agosto de 2020, e cunha taxa de ocupación hospitalaria por debaixo 1%. //.Un can robot con cámara de visión térmica que axuda aos vixilantes nas rondas polo campus da Universidade. É o primeiro exemplo en Europa de uso dunha rede privada 5G aplicada á seguridade. A tecnoloxía foi presentada hoxe en Vigo. // Figuras de xadrez de cristal de rocha, elaboradas en Oriente; unha arqueta de marfil da que apenas hai cinco similares en todo o mundo. Son pezas de valor incalculable que forman parte do Tesouro de San Rosendo, que Científicas do CSIC están a analizar en Ourense. 21-10-2021
Unha empresa de drons de Lalin intenta rescatar os catro cans atrapados entre a lava na illa da Palma.
Parte da operación depende da reacción dos cans, porque deben entrar nunha rede atraidos por un cebo, e logo poder izalos.
O rescate só pode facerse un por un.