Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Traballadores da automoción, reclaman en Vigo solucións ante a crise polo desabastecemento mundial de microchips que ameaza con frear a recuperación e segue a cobrar vítimas na industria galega. A empresa Galfor de Ourense, que fabrica cigüeñais, inicia un ERTE para os seus 320 empregados.

// Os investimentos previstos para Galicia nos Presupostos do Estado supoñen algo máis de mil millóns de euros. O corredor Ferroviario Atlántico acapara as maiores partidas. // Vagóns, máquinas, antigas estacións, un patrimonio relacionado cos trens e o seu impacto na historia dos últimos 200 anos, que o Consello da Cultura Galega quere poñer en valor para un aproveitamento cultural e turístico. // O que lle pasou á humanidade dende o confinamento ata hoxe. É o tema da mostra que acolle a Fundación Barrié. Con obras de hai anos que agora se reinterpretan a conta da pandemia. (14/10/2021)

Segue o panorama de ceos moi despexados, con apenas algunha néboa matinal illada en puntos do interior. O máis chamativo é, de novo, a gran oscilación térmica ao longo do día, ao pasar dende mínimas como os 7 graos de Ourense, aos máis de 23 en tódalas cidades, cunha máxima de 28 en Pontevedra. (13/10/2021)

As escolas infantís serán totalmente gratuítas en Galicia a partir do próximo curso, tanto as públicas como a privadas, independentemente no número de fillos. A medida beneficiará a uns 10.000 nenos. // Galicia porá fin a próxima semana ao estado de emerxencia sanitaria vixente dende marzo de 2020. Un paso cara a normalidade, Ainda que as restricións non desaparecerán por completo. // Satisfacción no sector turístico e a hostalaría polo resultado de actividade durante a ponte festiva. A ocupación rozou o pleno en moitos puntos, e superou o 90 por cento en prácticamente toda Galicia, favorecida polo incremento de viaxeiros nacionais.// A soprano María José Moreno e o barítono Juan Jesús Rodríguez, no remate da edición deste ano do Festival de Lírica da Coruña. Concerto dedicado aos falecidos pola pandemia, con zarzuela e ópera no teatro Rosalía.(13/10/2021)

O bo tempo e o alivio das restricións están enchendo Galicia de turistas nesta ponte // Animáronse tamén as reservas no sector do turismo rural // A Xunta pon en marcha un sistema de bonos que permitirá consumir produtos culturais a metade de prezo // Os números da pandemia seguen á baixa e hoxe apenas se notifican 500 casos activos // O aumento da exportación de viños das Rias Baixas fixo que aumentaran, de forma importante, os prezos que se pagaron pola uva albariña. (11/10/2021)

O bo tempo e o alivio das restricións están enchendo Galicia de turistas nesta ponte // A Xunta pon en marcha un sistema de bonos que permitirá acceder aos cines, comprar libros, música ou outros produtos culturais a metade de prezo // Os números da pandemia seguen á baixa e hoxe apenas se notifican 500 casos activos, despois de rexistrarse só 14 contaxios novos // O aumento da exportación de viños das Rias Baixas fixo que aumentaran, de forma importante, os prezos que se pagaron pola uva albariña. (11/10/2021)

Comezamos semana con anticiclón, con aire quente que vén do sur. As temperaturas son altas para a época do ano na que estamos, e non terán cambios significativos respecto dos días de atrás. No Norte serán algo máis baixas. (11/10/2021)

Empeza a fin de semana na que se relaxan en Galicia as medidas sanitarias. Os locais poderán acoller ata o 90 por cento da cabida e quedan eliminados os límites para as xuntanzas, mentres os casos activos de covid baixan de 600. // Nova parada en Stellantis Vigo. A planta do grupo de automoción suspende hoxe o turno de noite debido aos problemas de aprovisionamento de compoñentes electrónicos. A dirección comunicoullo xa aos traballadores da quenda que monta furgonetas e monovolúmes. // Remata a investigación da peza principal da operación Pokemon contra acorrupción. O xuíz propón levar a xuízo a trece sospeitosos, entre eles oexconcelleiro socialista en Lugo e expresidente da Confederación Hidrográfica, Francisco Fernández Liñares, condenado xa por prevaricación noutra peza da Pokemon. // Comeza esta noite o Festival de Blues de Ourense, no que o cantante e guitarrista coruñés Néstor Prado presenta o seu último traballo en acústico, con cancións propias inspiradas no gospel e no blues máis primixenio. // 08-10-2021

Ceos practicamente despexados, e apenas se espera algún aumento de nubes altas pola noite. As temperaturas seguen altas para a época do ano, e pasan da mínima de 10 graos en Lugo ata acadar os 29 de máxima en Ourense. 08-10-2021

É, para moitos, a primeira gran escapada, sen apenas freos á mobilidade. Máis de 650.000 desprazamentos están previstos nas estradas galegas, para os próximos días. Nos puntos turísticos como Santiago os hoteis contan cunha ocupación por riba do 60 por cento. // Entra en vigor a normativa que relaxa as medidas sanitarias. Os locais poderán acoller ata o 90 por cento da cabida, no que servirá de ensaio para a desaparición total das restricións prevista para as próximas semanas. // Homenaxe ás vítimas do Franquismo no Pazo de Meirás, mentres A familia Franco é autorizada a acceder hoxe ao edificio para facer inventario dos obxetos que pretende trasladar. // Foi a primeira muller en obter o título de Medicina na Universidade de Santiago e como investigadora sería a pioneira no estudo da xenética en España. Jimena Fernández de la Vega, recibe hoxe a homenaxe como cientifíca do ano pola Real Academia Galega de Ciencias. 08-10-2021

Loito e emocionado silencio na Xunta en memoria do falecido conselleiro de Facenda. Alberto Núñez Feijóo e tódolos seus conselleiros, xunto co equipo máis próximo a Valeriano Martínez, e centos de traballadores da Xunta, gardaron este mediodía un minuto de silencio, que acabou prolongándose ata cinco, e rematou cun longo aplauso. // Voluntarios que saquen a pasear en triciclo a persoas maiores ou con mobilidade reducida. É no que consiste o proxecto da Afundación chamado"Pedalear e Conversar", presentado hoxe na Coruña e que está presente en 50 países do mundo. Para a primavera o plan é de estendelo ao resto de Galicia. // Os traballadores de Alu Ibérica da Coruña concentráronse na Praza de María Pita para demandar solucións á súa situación. Temen polo futuro da factoría, actualmente en mans dun administrador concursal, logo do fracaso da xestión a raiz da súa venda por Alcoa...//. 07-10-2021

Consternación dos seus compañeiros de goberno e do persoal da administración autonómica, pola morte do conselleiro de Facenda, mentres traballaba no seu despacho. Valeriano Martínez foi un dos máis próximos colaboradores de Núñez Feijóo, con 36 anos de traxectoria en distintos departamentos. // Baterías para que as casas almacenen a sua propia electricidade. Unha opción que se abre paso, ante a escalada de prezos. Dous enxeñeiros con experiencia na industria aeronáutica deseñan en Galicia uns dispositivos acumuladores que complementan aos paneis solares. //. Ainda que sen as casetas tradicionais, o polbo está presente, de novo, no San Froilán, a principal cita festiva de Lugo, que se achéga aos días grandes en pleno alivio das restricións, con barracas de atraccións e un programa de múltiples actividades e concertos. // 07-10-2021

Lembrando a solidariedade que recibiron cando o afundimentos do Prestige, reciños de Corme recollen produtos para os afectados polo volcán da illa de La Palma. Tras un primeiro envío de tonelada e media, seguen coa iniciativa coa colaboración de entidades e comercios da comarca.

O conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, falece repentinamente, a causa dunha parada cardiorrespiratoria. Fontes da Xunta confirman que a morte producíuse no seu despacho de San Caetano, en Santiago, onde se atopaba traballando. // A eólica Vestas non retira o plan de despedimentos, pero propón transformar a fábrica de Chavín en Viveiro. Representantes da empresa e dos traballadores continúan as consultas sobre o ERE. // Inaugurado hoxe na Cidade da Cultura o Edificio Fontán, que acolle o Instituto de Ciencias do Patrimonio, e será sede dos servizos trasversais das tres universidades galegas. Con este edificio vese culminado o complexo deseñado por Peter Eisenman no Monte Gaiás, e realizouse aproveitando a estructura que inicialmente ia estar destinada ao Teatro da Ópera..//. Astarot, a veterana banda fundada en Cangas por Carlos Gandón, presenta novo traballo. Con cerca de 40 anos de traxectoria no mundo do Rock, ofrecen un tema baseado no poema de Rosalía de Castro "Negro Caravel". 06-10-2021

Tras apenas algún intervalo de nubes baixas e néboas matinais, os ceos locen practicamente despexados en toda Galicia, para quedar así nos próximos días, con temperaturas en ascenso, dende a mínima de 13 graos na Coruña ata acadar os 25 en Ourense ou Vigo. 06-10-2021

Todos os maiores de 70 anos recibirán unha terceira dose, de pfizer, a partir do próximo dia 25. É o acordo da Comisión de Saúde Pública, ainda que a Xunta pedía máis tempo para facelo coincidir co inicio da campaña de vacinación da gripe. // As residencias da rede pública van ser transformadas en centros dixitais intelixentes, a partir dun proxecto presentado hoxe na Estrada. Con habitacións con sensores que recopilan datos sanitarios que poden ser revisados por médicos en tempo real. // Ovos fritidos conxelados que ofrecen seguridade alimentaria, ou o polbo cultivado en catividade. Son novidades presentadas en Vigo na feira Conxemar. // Veciños de Corme lembran a solidaridade recibida no seu día polo Prestige, e recollen productos para axudar aos afectados polo volcán da illa da Palma. 06-10-2021