Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Aumentan a 12 os concellos en nivel máximo de restricións, coa incorporación de Viveiro, Burela e Foz, na Mariña de Lugo, ademáis de Monterroso, Muros e Baiona. As sete cidades están xa no nivel alto. O Comité Clínico advirte de que, pese ao avance da vacinación, a inmunidade de grupo queda máis lonxe do que se pensaba. // Os novos contaxios frean un pouco o seu aumento no último día pero ainda superan os mil, e os casos activos ascenden a 18.535. A presión hospitalaria descende lixeiramente, con 264 pacientes hospitalizados, dous menos que onte. // O Goberno Central retira o recurso de inconstitucionalidade contra a Lei de Saúde de Galicia. A decisión chega tras unha negociación coa Xunta. // O número de peregrinos segue en aumento e xa chega aos 50 mil. A Xunta insiste na seguridade que ofrece o camiño, pese aos dous brotes rexistrados ata o momento no que vai de verán na ruta francesa. 28-07-2021

Comeza en Ourense vacinación dos 17.000 adolescentes de entre 16 e 19 anos que solicitaron a autocita.

O 90 por cento dos novos contaxios estase a producir neste grupo de idade e no de menores de trinta.

A todos os vacinados ofrecíaselle a posibilidade de participar nun cribado.

A vacinación dos 17.000 mozos de entre 16 e 19 anos que solicitaron vacinarse polo sistema de autocita comezaba esta mañá en varias áreas sanitarias. O 90 por cento dos novos contaxios estase a producir neste grupo de idade e no de menores de trinta. // Os casos activos chegan hoxe a 18.061, a maior cifra dende principios de febreiro, logo dunha xornada na que se contabilizaron 1.300 novos contaxios. Os pacientes ingresados soben a 266, dos que 30 están nas UCI, cinco máis que onte// O tempo medio de espera para as intervencións cirúrxicas no Sergas e actualmente de 70 días, 30 menos que o ano pasado. // A patinadora de skater galega Julia Benedetti, participa nesta disciplina deportiva que se estrea nos xogos olímpicos de Tokio. É unha pioneira deste deporte e xa unha referencia nos campionatos internacionais. 27-07-2021

Viaxar pola AP9 será notablemente máis barato a partir do sábado. O desconto será do cen por cen do prezo da viaxe de volta se se realiza no mesmo día, e haberá un 20 por cento extra para quen faga máis de 20 viaxes ao mes. Para beneficiarse, haberá que levar no coche un dispositivo de telepeaxe. // Os novos contaxios moderan lixeiramente o seu ritmo de expansión. Hoxe son 1.115 os notificados nas últimas horas, que deixan o total de casos activos en 17.298. A presión hospitalaria, en cambio, aumenta con 53 novos ingresados, ata un total de 258, dos que 25 están nas UCI. Tamén se contabiliza un falecemento por Covid. // Preto do 70% dos galegos están xa inmunizados contra a covid, 1 millón 700 mil con pauta completa grazas a un amplo dispositivo humano e loxistico que acaba de recibir a medalla de ouro de Galicia. // A quinta vaga comenzará a remitir na primeira semana de agosto segundo o Presidente da Xunta. 26-07-2021

En 1956 comezaron as emisións en Madrid, pero non foi ata cinco anos despois cando se puideron ver de xeito regular aquí en Galicia. Foi grazas a instalación dun centro emisor en Santiago, a antena do Pedroso, inaugurada despois dunha complexa obra na que precisaron catro anos.

Os primeiros menores de 30 anos que acuden a cita para recibir a primeira dose, na Cidade da Cultura de Santiago. No resto das areas santiarias será a semana que ven cando arranque a vacinación para ese grupo de idade, // Dende a praza do Obradoiro, Preto, da rúa do Vilar, onde abriu a primeira delegación, en 1971, celebramos os 50 anos de TVE en Galicia cun programa especial. para abrir os nosos arquivos e tamén para algunhas reflexións sobre o presente e o futuro de Galicia. // Os contaxios rexistrados no último día baten hoxe un novo record. Son 1.483, a cifra máis alta dende xaneiro, e que deixan o total de casos activos en 13.963. A taxa de positividade segue rondando o 15 por cento. // Os pacientes ingresados aumentan a 175, dos que 22 están nas UCI, un máis que onte. // Abanca presentou hoxe os resultados do segundo trimestre de este ano cun beneficio de 157 millóns de euros. E un 18% maior ca o ano pasado. A dirección da entidade atribue eses datos á recuperación dos niveis de actividade previos á pandemia. 22-07-2021

Facemos hoxe o Telexornal máis especial dos que esta semana sacamos á rúa para celebrar os 50 anos de TVE en Galicia. Aqui moi preto, na rúa do Vilar, abriu a primeira delegación, en 1971, e logo nesta mesma praza estivo a segunda sede, na parte alta do Pazo de Raxoi.// Tamén en 1971 foi ano santo. Desde praza do Obradoiro imos saltar ó outro lado da catedral, á praza da Quintana, por onde os peregrinos entran á Porta Santa. // RTVE en Galicia ten a central en Santiago e RNE na Coruña. Facemos un rápido repaso polas distintas sedes provinciais, que acollen a radio e a television. // Este centro territorial ofrece dous telexornais en desconexión territorial. Pero tamén facemos chegar o que pasa aquí a toda España, a través dos telediarios ou a canle 24 horas. O centro territorial de Galicia está entre os tres que máis noticias aportan a informativos e programas nacionais. 22-07-2021

A vacinación de menores de 29 anos arranca mañá en Santiago, con mil persoas citadas, e seguirá no resto a partir da próxima semana. A Xunta impón a obriga de presentar Certificado de Vacinación ou de test negativo para acceder a bares e restaurantes nos concellos con máis incidencia. // Continúa a escalada dos casos activos nesta quinta vaga, xa son 12.889, e os novos contaxios detectados suman 1.092.Tamén aumentan significativamente os pacientes ingresados. Hoxe son 25 máis que o día anterior, ata un total de 174, dos que 21 siguen nas UCI. // A portavoz nacional do BNG, Ana Pontón, presentou hoxe no rexistro central da Xunta as sinaturas recollidas pola súa formación política en contra da subida da luz. // O Plan Director Galicia Destino Seguro, unha guía de actuación no sector para os próximos tres anos, foi presentado hoxe. Con él, a Xunta pretende recuperar o turismo con normalidade unha vez superada a crise da Covid. // 21-07-2021

A alameda compostelá é o principal parque interior de Santiago, que dá vistas ó casco historico e ó Obradoiro. Dende aqui emitimos hoxe un novo Telexornal especial, co gallo dos 50 anos de TVE en Galicia. // Nestes 50 anos de TVE en Galicia botamos unha ollada atrás para lembrar os inicios en 1971 e cómo fomos mudando ao longo desta cinco décadas, dende o branco e negro con imaxes rodadas en cine ata a era dixital na que estamos. // A popularización do Camiño de Santiago facilitou a recuperacion de moitas rutas de peregrinacion a Compostela. Tamén a marítima, moito menos concorrida pero moi atractiva. Xoán Leiro acaba de percorrela. // Gran parte dos nosos referentes simbólicos e culturais teñen raíces labregas. Sobre estes asuntos e sobre a situación e futuro do medio rural estivemos falando coa poeta Olga Novo, que co seu poemario Feliz Idade conseguiu o último Premio Nacional de Poesía. 21-07-21

A quinta onda da pandemia segue descontrolada. Os contaxios volven superar o milleiro e xa hai máis de doce mil positivos en Galicia // O comité clínico, que se reúne esta tarde, estuda limitar as reunións a dez persoas e controlar o acceso a bares e restaurantes // A Cidade da Cultura é a nosa segunda etapa neste camiño particular que facemos esta semana para conmemorar os 50 anos de TVE en Galicia // A Garda Civil e a asociación Stop Accidentes poñen en marcha unha campaña para mellorar a seguridade dos peregrinos no Camiño de Santiago // Dende hoxe, nas farmacias vanse poder comprar test de antíxenos ou de anticorpos sen necesidade de receita 20-07-2021

A Cidade da Cultura é a nosa segunda etapa neste camiño particular que estamos a facer esta semana para conmemorar os 50 anos de TVE en Galicia // A Cidade da Cultura tamén está de aniversario, porque cumpre 10 anos. É agora, coa pandemia, cando se está facendo máis coñecida, porque se converteu no maior centro de vacinación de Galicia // O Consello de Administración de RTVE trasladouse a Santiago para facer aquí a súa reunión mensual // Ás celebracións dos 50 anos de TVE en Galicia súmase RNE, con emisións especiais, desde este mércores ao venres, desde Santiago 20-07-2021

Galicia supera xa os 11.000 casos activos, nunha xornada na que aumentan a 130 os pacientes hospitalizados, 18 máis que onte. A incidencia triplícase nas últimas semanas e na Area Sanitaria de Ourense chega ao máximo de toda a pandemia. // O aumento dos casos preocupa á Xunta así o manifestaba esta maña o Presidente Alberto Núñez Feijóo nunha entrevista por mor da celebración dos 50 anos de TVE en Galicia. // As instalacións de TVE nun edificio da Rúa do Vilar de Santiago eran inauguradas o 25 de xullo de 1971. Nacía así este Centro Territorial de Galicia, que cumple, polo tanto, 50 anos.. //. Perruqueiros e esteticistas de toda Galicia maniféstanse para reclamar ao Goberno a recuperación do IVA reducido. O sector segue pagando un 21% de IVA nunha situación delicada para eles e especialmente agravada. 19-07-2021

TVE en Galicia cumpre 50 anos, medio século dende que abriu a sua primeira sede, no casco historico de Santiago. Celebrámolo hoxe dende o actual centro territorial, en San Marcos, ás aforas de Compostela, ó pé da ruta xacobea. TVE en Galicia comezou no ano santo de 1971 e conmemoramos o noso medio século noutro ano xacobeo. Este e o primeiro de catro días de celebración dese feito histórico para a televisión en Galicia. // Este centro territorial está situado ó pé do camiño de Santiago, que bordea as nosas instalacións. Por aquí diante pasan os peregrinos que queren chegar á catedral que está a uns 7 kms de aqui. // 2021 é ano do xacobeo e dos 50 anos de TVE en Galicia. Para falar sobres estes temas, e algúns máis, temos connosco ó presidente da Xunta. // Rtve acaba de asinar en Santiago un protocolo de colaboración co federación de radios e televisions autonómicas, a FORTA. Busca aproveitar as sinerxias dos medios públicos para competir no ámbito dixital. 19-07-2021

A Audiencia Nacional acaba de declarar nula a prórroga para que ENCE siga na Ría de Pontevedra por outros 60 anos. O tribunal dalle a razón aos recursos presentados por GreenPeace e o Concello de Pontevedra contra esa prórroga, acordada polo Goberno Central en xaneiro do 2016, durante a presidencia de Mariano Rajoy. // O comité de empresa de Alcoa di sentirse abandonado polo goberno central. Trala última xuntanza da mesa multilateral, na que non participou ningún representante do executivo, os traballadores anuncian que van retomar as mobilizacións. // Xoel López será esta noite un dos pratos fortes da Edición do Son do Camiño. O músico coruñés, unha das referencias do indie en español, estará acompañado no escenario do Monte do Gozo, polo cantautor Andrés Suárez e a ex-concursante de Operación Triunfo, Sabela. 16-07-2021

Tres dos adultos acusados da malleira brutal que acabou coa vida de Samuel Luiz foron conducidos hoxe ante a xuiza que instrue o caso, e que confirmou o seu encarceramento provisional no cárcere de Teixeiro. // A explosión de contaxios continúa un día máis, por riba dos mil novos positivos detectados. A taxa de positividade, do 16 por cento é a máis alta no que levamos de pandemia. A Xunta estuda extender a obriga de presentar certificado de vacinación ou proba de Covid negativa para acceder a toda a hostalaría. // Dirixentes autonómicos e nacionais do partido acudirán ao congreso do PP de Galicia que comenza esta tarde en Santiago, para reelexir a Núñez Feijóo á fronte da organización, na mesma semana en que conmemora a sua cuarta victoria electoral. // Máis de 6.300 axentes formarán o dispositivo para reforzar a seguridade nos Camiños de Santiago, presentado hoxe. Encargaranse de atender aos peregrinos e estarán coordenados con corpos de outros países. 16-07-2021

Tres dos adultos acusados da malleira brutal que acabou coa vida de Samuel Luiz foron conducidos hoxe ante a xuiza que instrue o caso, e que confirmou o seu encarceramento provisional no cárcere de Teixeiro. // A explosión de contaxios continúa un día máis, por riba dos mil novos positivos detectados. A taxa de positividade, do 16 por cento é a máis alta no que levamos de pandemia. A Xunta estuda extender a obriga de presentar certificado de vacinación ou proba de Covid negativa para acceder a toda a hostalaría. // Dirixentes autonómicos e nacionais do partido acudirán ao congreso do PP de Galicia que comenza esta tarde en Santiago, para reelexir a Núñez Feijóo á fronte da organización, na mesma semana en que conmemora a sua cuarta victoria electoral. // Máis de 6.300 axentes formarán o dispositivo para reforzar a seguridade nos Camiños de Santiago, presentado hoxe. Encargaranse de atender aos peregrinos e estarán coordenados con corpos de outros países. 16-07-2021