O tudense acadou a medalla de bronce nos Xogos Olímpicos de Los Ángeles 84
Santiago e Ourense saen do nivel alto de restricións e pasan á categoria media, na xa non será necesario o certificado covid para a hostalaría. O Comité Clínico deixa tan só o concello do Grove. O Conselleiro de Sanidade advirte de que é necesaria a máxima precaución de cara á fin de semana que vén, a máis festeira do ano.. //. // Na comparecencia posterior, o Conselleiro de Sanidade lembrou a necesidade de que as 15.000 mulleres embarazadas que hai en Galicia se vacinen contra a covid. // Peculiar protesta dos veciños do concello coruñés de Monfero, contra o proxecto dun Parque Eólico na zona. Unha romaría e unha misa, coa que, din, queren recorrer á axuda divina, xa que as manifestacións doutro tipo non serviron ata agora para alonxar esa amenaza eólica. O crego da parroquia de Xestoso foi o encargado de oficiar a cerimonia relixiosa, na que invocou a axuda a San Lourenzo, o patrón do vento. 10-08-2021
Continúa a influencia das altas presións, ainda que en moitos puntos o protagonismo nas primeiras horas do dia foi para a brétema, por momentos intensa. Hoxe temos, en xeral, una nova xornada de tempo seco e soleado, coas temperaturas sen apenas cambios. 10-08-2021
Turistas que enchen as rúas, terrazas e hoteis como antes da pandemia. Así está a cidade de Santiago, onde os hostaleiros consideran practicamente superada a crise, pese as restricións ainda en vigor. Agardan para este mes de agosto chegar a unha ocupación do 70 por cento. // Santiago, xunto con Ourense, sae do nivel alto de restricións para pasar á categoria media. Así o decidíu o comité clínico, reunido hoxe. Mantén no nivel alto ó resto das cidades, e no extremo queda tan só o concello do Grove. // A seguridade no Camiño, en revisión trala denuncia dunha deputada de Podemos que denunciou o acoso dun home cando peregrinaba por Asturias. Os camiñantes destacan a sensación de vixilancia, nunhas rutas pola que patrullan máis de 3.000 axentes. // Hai xusto 37 anos, o dez de agosto de 1984, en Los Angeles. O piragüista Enrique Míguez, de Tui, conseguía a medalla de bronce, que abría o camiño do éxito para o deporte galego nas Olimpíadas. Hoxe lembraremos aquel precedente da colleita agora en Toquio, onde o piraguismo acaparou catro das sete medallas que veñen para Galicia. 10-08-2021
Turistas que enchen as rúas, terrazas e hoteis como antes da pandemia. Así está a cidade de Santiago, onde os hostaleiros consideran practicamente superada a crise, pese as restricións ainda en vigor. Agardan para este mes de agosto chegar a unha ocupación do 70 por cento. // Santiago, xunto con Ourense, sae do nivel alto de restricións para pasar á categoria media. Así o decidíu o comité clínico, reunido hoxe. Mantén no nivel alto ó resto das cidades, e no extremo queda tan só o concello do Grove. // A seguridade no Camiño, en revisión trala denuncia dunha deputada de Podemos que denunciou o acoso dun home cando peregrinaba por Asturias. Os camiñantes destacan a sensación de vixilancia, nunhas rutas pola que patrullan máis de 3.000 axentes. // Hai xusto 37 anos, o dez de agosto de 1984, en Los Angeles. O piragüista Enrique Míguez, de Tui, conseguía a medalla de bronce, que abría o camiño do éxito para o deporte galego nas Olimpíadas. Hoxe lembraremos aquel precedente da colleita agora en Toquio, onde o piraguismo acaparou catro das sete medallas que veñen para Galicia. 10-08-2021
A retirada do cal que tiñan enriba as pinturas murais da igrexa da Ribeira Sacra sacou á luz seis escenas relixiosas
O regatista Nico Rodríguez, xa está de volta, coa sua medalla de bronce en Vigo. É un dos 21 deportistas galegos que participaron nos Xogos de Toquio. Trouxeron 7 medallas, case a metade das obtidas pola delegación española, e 10 diplomas olímpicos: O mellor resultado acadado nunca polo noso deporte. // A exministra e vicesesecretaria de política social do Partido Popular, Ana Pastor, percorreu un treito do Camiño de Santiago en Triacastela, Lugo, e insistiu na necesidade de que España teña unha lei de pandemias que evite que, ante situacións de crise coma a actual, haxa, di, un sistema de resposta distinto en cada comunidade. // Cociñeiros internacionais iluminaron hoxe a catedral de Santiago coas 44 estrelas Michelín que atesouran. Foron citados para a nova edición do xantar solidario de Estrelas no Camiño, que se celebrou na Casa Barqueiro, en Negreira. Toda recadación destinarase a Cáritas Santiago. 09-08-2021
Comezamos semana baixo a influencia clara do anticiclón, que deixou pola mañá alternancia de nubes e claros, e que esta tarde deixará ceos máis despexados. As temperaturas van en ascenso lixeiro, ainda na costa serán máis frescas. As máximas quedarán en 23 graos na Coruña, pero rozarán os 30 en Lugo e Santiago, e chegarán ós 33 en Ourense. 09-08-2021
Só Galicia mantén a obriga de presentar certificado de vacinacion ou de test negativo para acceder á hostalaría. Os Tribunais Superiores doutras comunidades rexeitaron a normativa. Os encargados dos establecementos galegos destacan a dificultade de aplicar esa medida. // Segue descendendo a incidencia da quinta vaga de Covid, ainda que hoxe repuntan os hospitalizados, con 25 máis. // A Xunta presenta unha brigada especializada na investigación dos lumes forestais. Fórmano 15 axentes, que reforzarán a persecución dos incendiarios nas zonas con mais incendios. // A restauración da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil saca a relucir pinturas murais descoñecidas, do século 16. Son escenas relixiosas, algunhas en bo estado, que os expertos consideran obra de varios artistas. 09-08-2021
Só Galicia mantén a obriga de presentar certificado de vacinacion ou de test negativo para acceder á hostalaría. Os Tribunais Superiores doutras comunidades rexeitaron a normativa. Os encargados dos establecementos galegos destacan a dificultade de aplicar esa medida. // Segue descendendo a incidencia da quinta vaga de Covid, ainda que hoxe repuntan os hospitalizados, con 25 máis. // A Xunta presenta unha brigada especializada na investigación dos lumes forestais. Fórmano 15 axentes, que reforzarán a persecución dos incendiarios nas zonas con mais incendios. // A restauración da igrexa de Santo Estevo de Ribas de Sil saca a relucir pinturas murais descoñecidas, do século 16. Son escenas relixiosas, algunhas en bo estado, que os expertos consideran obra de varios artistas. 09-08-2021
Recibimento, no aeroporto de Vigo, á deportista galega máis laureada.
Coa medalla de prata colgada, Teresa Portela está de volta na casa, entre Cangas e O Grove, logo de completar unha particiación excepcional nos xogos de Tokio, os seus sextos Xogos. // Importante descenso de casos activos, que quedan nun total de 18.195. Os novos contaxios, porén, seguen por riba dos mil. A presión hospitalaria aumenta: son 6 máis os pacientes ingresados, ata un total de 308, dos que 53 están nas UCI. As vítimas mortais ascenden a 2.483, logo de rexistrarse 2 falecementos nas últimas horas. // Volve a Vigo O Marisquiño, o festival de deporte e arte Urbana. Nesta edición con especiais medidas de seguridade, por cuestions sanitarias, pero con grandes estrelas do deporte, algúns chegados directamente dos Xogos de Toquio. 06-08-2021
Os acusados pola malleira mortal a Samuel Luíz, increpados ao acudir ante a xuíza. A fiscalía e as acusacións particulares piden que sexan xulgados por asasinato. // É o esforzo dos padexeiros. Carlos Arévalo, co número dous, chegou quinto. Tamén, nesa mesma posición fixoo Antía Jácome que, con 21 anos, se estrea nuns xogos. // Un Dron vixia as estradas galegas nesta campaña de verán. A Dirección Xeral de Tráfico engade este dispositivo como complemento para evitar accidentes ao volante. No que vai de ano morreron 44 persoas. // Despois de tres días de baixada, os casos activos de covid volven subir hoxe. Son 21 máis, ata un total de 18.643, e os novos contaxios detectados repuntan a 1.110. Nos hospitais a situación mantense estable, con 302 pacientes ingresados, 52 deles nas UCI. As vítimas mortais asceden a 2.481, logo de comunicarse 2 falecementos nas últimas horas. 05-08-2021
Outro deportista galego que colga medalla en Tokio: O vigués Nico Rodríguez, bronce na categoría 470 de vela, xunto ao catalán Jordi Xammar. // Rrepuntan lixeiramente os novos contaxios ata os 1.041, tras varios días por debaixo dos mil. O total de casos activos descende, por terceiro día consecutivo, e sitúase en 18.622. Na presión hospitalaria mantense a cifra de pacientes ingresados, son 303, con 4 máis ca onte nas UCi, ata 46. Nas últimas horas notificaronse cinco falemementos. // Comezan os traballos de colocación das luces de Nadal en Vigo. O alcalde xustifica o adianto pola complexidade da instalación. Serán 350 as rúas que se iluminarán con 11 millóns de luces leds. Polo momento descoñécese a data de encendido pero, entre as novidades deste ano está, o regreso da Nora xigante. // En Viveiro, centos de veciños xuntáronse para seguir a carreira de Adrián Ben, na final de 800 metros, que rematou nun extraordinario quinto posto, e diploma olimpico. 04-08-2021
A padexeira de Aldán consegue a primeira medalla logo de participar en 6 Xogos Olímpicos.
Nova xesta do deporte galego en Toquio, a medalla de prata coa que coa que Teresa Portela culmina a sua excepcional traxectoria olímpica. // Os casos activos manteñen á tendenza á baixa, logo de detectárense arse 837 novos contaxios. E tamén descende a presión hospitalaria: os pacientes ingresados son 303: 25 menos ca onte, e quedan 42 nas UCI. As vítimas mortais, que ascenden a un total de 2.474, logo de que o Sergas notificase o falecemento de 10 persoas dende o venres, a maior cifra dos últimos meses. // Baixa o paro no mes de xullo, un 3,67%, sobre todo debido as contratacións no sector dos servizos. As oficinas de emprego en Galicia rexistraron 5.784 parados menos que en xuño, co que a cifra total de desempregados sitúase en cento cincuenta mil persoas. 03-08-2021
O brinco 14 metros e 87 centimetros en Toquio valeulle a medalla de bronce e proposta para a máis alta distinción de Ribeira.
Orgullo en Ribeira pola xesta deportiva protagonizada pola sua filla máis ilustre. A Medalla de bronce, con record incluído, que Ana Peleteiro considera xa patrimonio de toda Galicia. // As probas de ADN implican directamente a dous dos detidos pola malleira mortal a Samuel Luiz na Coruña..As pegadas encontrounas a Policia científica no corpo de Samuel, na sua roupa e na botella de cristal que empregaron para agredilo. A agresión a Samuel produciuse de xeito reiterado, nun espazo de 150 metros do paseo marítimo. // Os Casos activos descenden hoxe, a 18.807, e os novos contaxios baixan de mil por primeira vez en case dúas semanas. // Galicia conta cun simulador de computación cuántica, que é o primeiro instalado en España. Ponse en marcha ó mesmo tempo que o superordenador "Finisterrae 3", que mulplica por 12 a súa capacidade. 02-08-2021
Test de antíxenos nas farmacias para conseguir o certificado covid. Unha opción que dá acceso aos non vacinados aos locais de hostalaría nos concellos con maior incidencia, entre os que a partir de mañá se sitúan todas as cidades galegas. // Os casos activos soben hoxe a 18.885, logo de rexistrarse case 1.200 novos contaxios nas últimas horas. E continúa tamén o aumento de pacientes hospitalizados que xa son 302, 25 máis que onte. Dous falecementos elevan o o total de vítimas a 2.457. // A de Ourense é a área sanitaria de Galicia coa mellor evolución. Aínda así a incidencia está a baixar máis lentamente do desexable porque segue habendo máis de 100 novos contaxios diarios e porque a cepa delta, que é a predominante, e moito máis contaxiosa. // Estamos xa en plena operación saída de tráfico na fin de semana na que moitos principian as vacacións co inicio do mes de agosto. Nas estradas xuntanse os que van e os que volven dese descanso estival. 30-07-2021
Centos de conductores aproveitan xa, dende hoxe a bonificación das peaxes da AP-9. A viaxe de volta resulta gratis para os turismos. // Os novos contaxios hoxe son 1.077, e os casos activos ascenden a 18.776. Tamén aumenta o número de hospitalizados, 277, dos que hai cinco máis nas UCI, e xa son un total de 35. Nas últimas horas notificaronse dous falecementos. // Galicia volverá a situación economica previa a pandemia en xuño do vindeiro ano. Esta é a previsión da Xunta, despois de presentar hoxe o teito de gasto para o ano 2022, que ascenderá a 11.571 millóns de euros. // O ministerio de Industria e Turismo expuxo hoxe en Santiago o plan nacional turístico Xacobeo, que inclúe 25 millóns de euros de investimento en bens patrimoniais de Galicia. // No segundo trimestre do ano creáronse en Galicia 17.000 novos empregos, segundo a enquisa de poboación activa publicada hoxe. O paro baixou entre abril e xullo un 3,75 %, son 5.900 parados menos. 29-07-2021
Incorpóranse Viveiro, Burela e Foz, na Mariña de Lugo, ademáis de Monterroso, Muros e Baiona. A partir do sábado, as sete cidades estarán xa no nivel alto, que inclúe a obriga de presentar certificado covid para acceder á hostalaría.