Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Coincidindo co día de San Patricio, Carlos Núñez estrea hoxe "Celtic Beethoven", un vídeo-concerto a demanda que estará dispoñible en internet durante un mes. Moitos músicos novos, algúns galegos, acompañan ao gaiteiro neste proxecto que nos axuda a descubrir a paixón de Beethoven polas melodías celtas tradicionais

As máscaras, as PCR, os xeles hidroalcólicos e outros elementos fóronse facendo cotiáns ao longo deste tempo no que a pandemia mudou as nosas vidas. Cambiou o noso día a día, a forma de socializarnos e mesmo de traballar

O gran confinamento que seguiu á chegada da pandemia foi a primeira ameaza á vida cotiá. Ao pouco, saltaba a alarma nas residencias de anciáns, onde vive o colectivo máis vulnerable.

En plena pandemia, unhas eleccións autonómicas. Verán especial, Nadal raro, e non puidemos librarnos dunha terceira vaga que agora estamos a superar grazas, en boa parte, á chegada das vacinas