Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O Pazo de Meirás está xa a disposición do Estado como un ben de titularidade pública. A Biblioteca de Emilia Pardo Bazán foi o lugar elexido para formalizar a entrega formal do Inmoble por parte da Familia Franco. // Na Audiencia da Coruña comezaba hoxe o xuízo contra Coté, o falso médico de Ferrol. Piden para el máis de 300 anos de cadea por consideralo culpable de intrusismo e de estafar a máis dun cento de persoas. // O ministerio de Industria anuncia que antes de que remate este ano aprobará o estatuto de industrias electrointensivas, unha ferramenta moi demandada, que permitirá abaratar o prezo da enerxía a grandes consumidores como Alcoa. (10/12/2020)

A comitiva xudicial accede ao Pazo de Meirás para formalizar a sua incorporación ao Patrimonio do Estado, e comproba que os bens que constan no inventario realizado pola Xunta están en orde. // No balance da situación sanitaria de hoxe rexístrase o falecemento de seis pacientes. Os novos contaxios detectados nas últimas 24 horas foron 284, Unha cantidade inferior á de días anteriores. // Comeza na Coruña o xuízo contra José Manuel López Pérez, Coté, acusado de exercer durante cinco anos como médico en Ferrol e de atender a centos de pacientes sen máis título que o de bacharelato. // Un veciño de Pontevedra non recibiu os 16 décimos de lotaría que comprara na Fonsagrada, en Lugo. Por erro a mensaxería entregoullos a un veciño, que di que os tirou ao lixo. Agora o caso está en mans do xulgado. (10/12/2020)

Una fronte húmeda entra hoxe en Galicia deixando ao seu paso chuvias persistentes en toda a comunidade e unha suba das temperaturas, sobre todo as mínimas, co que haberá pouca oscilación térmica. Teremos pois ceos moi cubertos e precipitacións especialmente abondosas canto máis ao oeste. O vento irá aumentando en intensidade a medida que avance a xornada. (10/12/2020)

O sector hoteleiro calcula que a ocupación nos últimos días en Galicia foi de menos do dez por cento // Un grupo de hostaleiros de Pontevedra está camiñando ata Madrid para poñer de manifesto a súa situación crítica // Goberno, Xunta, Deputación da Coruña e Concello de Sada analizan como se van xestionar as instalacións do pazo de Meirás // A Xunta aproba un proxecto de lei para recuperar terras agrarias abandonadas, para destinalas a uso agrario, gandeiro ou forestal // Este ano de pandemia medra o interese polos xogos de mesa, que facilitan o lecer en familia. (09/12/2020)

Ceos nubrados pola mañá e, a partir do mediodía, comezarán as chuvias polo oeste, que pola noite se estenderán a toda Galicia. As temperaturas mínimas sufrirán un lixeiro descenso, con xeadas en puntos do interior, e as máximas experimentarán un moderado ascenso. (09/12/2020)