A reapertura da hostalería en Galicia faise baixo normas que varían dependendo da situación epidemiolóxica de cada concello. Permítense as reunións de persoas non convivintes. Levántase o confinamento perimetral de Ourense e Santiago e péchase a movilidade con Portugal
A situación meteorolóxica complica este venres a circulación en case 40 estradas galegas, entre elas varias autovías, especialmente na provincia de Lugo. Quedaron sen clase máis de 1.600 alumnos
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez
- Alcoa argumenta que houbo 120 días de consultas e alega perdas dun millón á semana para xustificar o ERE
- Industria di que "pechar unha planta de aluminio é caro e non é a mellor solución"
Traballadores de Alcoa cortan o acceso principal á fábrica con barricadas de neumáticos ardendo.
Tamén queimaron os carteis de Alcoa na entrada do complexo industrial, preto do campamento montado polo comité para controlar os accesos e saídas da fábrica desde que comezou a folga indefinida, no mes de outubro
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia celebra, tras fracasar o trámite de conciliación previo, o xuízo pola demanda que presentou o comité de empresa de Alcoa contra ao despedimento colectivo que afectaría a 524 traballadores
Os traballadores de Alcoa volven ás protestas, co comezo do xuizo sobre o ERE presentado pola empresa para eliminar algo máis de 500 empregos. A multinacional xustificao por causas económicas, mentres os traballadores lle piden ó goberno central que interveña xa a Factoría de San Cibrao. // Entrou hoxe en funcionamento en Vigo unha rampla mecanica, sobre a que hai opinións variadas. Ten 210 metros, e salva un desnivel do 10 por cento no centro da cidade.// A Xunta contará con equipos autónomos de 10 profesionais en cada provincia, para intervir, de xeito rápido, en residencias de anciáns, ante a aparicion de gromos de covid. É unha das decisións do Consello, que tamén aprobou a estratexia dixital ata 2030, cunha mobilización de 4.000 millóns de euros. 03-12-2020
Reactivada a protesta dos traballadores de Alcoa, ante o inicio do xuizo sobre a legalidade do ERE presentado pola empresa para eliminar máis de 500 empregos.// Loito e consternación en Gondomar polo asasinato dunha veciña acoitelada polo seu marido. Soledad Rey, de 59 anos, con dous fillos, sofrira xa outras agresións, ainda que non as chegara a denunciar. //Os datos da Covid-19 en Galicia seguen, un día máis, á baixa, cun total de 7.419 casos activos, tras notificarse 350 novos positivos. Descende tamén o número de pacientes hospitalizados, 414, con 65 nas UCi. 03-12-2020

Entra unha borrasca, que trae chubascos, e teremos tamen unha baixada importante das temperaturas. Esta tarde eses chuvascos serán frecuentes en calquera punto de Galicia. Na costa hai aviso de ventos fortes, e no mar, ondada.Tamén entra aire frío, que vai deixar neve esta noite a partir dos 1.200 metros. A baixada das temperaturas será máis importante no interior, onde se formarán xeadas. 03-12-2020
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Malena González y Abelardo Vázquez