Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Segue detido en Vigo o presunto asasino de Ana Enjamio. Negouse de momento a declarar ante a policía que continua a buscar a arma e tamén o móvil da moza de 25 anos. En Santiago mentres tanto, sen novidades sobre o paradoiro do presunto asasino de Elena Marcu // Galicia ten 15 dos 77 treitos máis perigosos pola cantidade que accidentes que se rexistran neles. A Nacional 120 entre as provincias de Lugo e Ourense, entre Ferreira de Pantón e Nogueira de Ramuín figura como o segundo treito máis perigoso do país // No que vai de ano os equipos da xunta e municipais levan retirado preto de 8.500 niños de vespa velutina dos que se deron case 20 mil avisos. 20/12/16

Segue detido en Vigo o presunto asasino de Ana Enjamio // Galicia ten 15 dos 77 treitos máis perigosos pola cantidade que accidentes que se rexistran neles // No que vai de ano os equipos da xunta e municipais levan retirado preto de 8.500 niños de vespa velutina. 20/12/16

Esceas de profunda dor en Boqueixón en lembranza de Ana Enjamio, unha xove e brillante enxeñeira que morreu acoitelada a pasada fin de semana, en Vigo // Faleceu, despois de horas debatendose entre a vida e a morte, outra muller de 30 anos que fora acoitelada o venres a última hora, na súa casa, no ensanche compostelán // Denunciada unha discoteca da Coruña por servir alcohol a 18 menores de idade. Foi despois dun dispositivo da policía local tras recibir a denuncia dun pai. 19/12/16

Esceas de profunda dor en Boqueixón en lembranza de Ana Enjamio, unha xove e brillante enxeñeira que morreu acoitelada a pasada fin de semana, en Vigo. O seu presunto asasino, un compañeiro de traballo co que mantivera unha relación, está detido na comisaría de policía // Faleceu, despois de horas debatendose entre a vida e a morte, outra muller de 30 anos que fora acoitelada o venres a última hora, na súa casa, no ensanche compostelán. A policía estreita o cerco sobre a súa exparella que fuxeu despois da agresión // Denunciada unha discoteca da Coruña por servir alcohol a 18 menores de idade. Foi despois dun dispositivo da policía local tras recibir a denuncia dun pai. O dono do establecemto, que podería perder a licenza, insiste en que os menores burlaron os controis de seguridade do local. 19/12/16

Esceas de profunda dor en Boqueixón en lembranza de Ana Enjamio, unha xove e brillante enxeñeira que morreu acoitelada a pasada fin de semana, en Vigo // Faleceu, despois de horas debatendose entre a vida e a morte, outra muller de 30 anos que fora acoitelada o venres a última hora, na súa casa, no ensanche compostelán // Denunciada unha discoteca da Coruña por servir alcohol a 18 menores de idade. Foi despois dun dispositivo da policía local tras recibir a denuncia dun pai. 19/12/16

Medio rural xestionará en 2017 máis de 518 millóns de euros, un 3% máis que no presente exercicio // O primeiro buque do mundo de carga de vehículos capaz de navegar con gas licuado e diesel carga hoxe no porto de Vigo // O próximo domingo terá lugar en Vilalba a feira do capón. 16/12/16

Medio rural xestionará en 2017 máis de 518 millóns de euros, un 3% máis que no presente exercicio, e apostará pola reestructruación da terra, a calidade alimentaria e por fixar poboación. Así o explicou hoxe a conselleira Ángeles Vázquez, que presentou as súas contas no Parlamento // O primeiro buque do mundo de carga de vehículos capaz de navegar con gas licuado e diesel carga hoxe no porto de Vigo. Levará nas súas adegas 2.400 coches fabricados por PSA con destino a Bélxica // O próximo domingo terá lugar en Vilalba a feira do capón. Un dos manxares típicos do nadal. Poranse á venda medio milleiro de exemplares a uns prezos que se agarda anden entre os 80 e os 120 euros o capón. 16/12/16

Medio rural xestionará en 2017 máis de 518 millóns de euros, un 3% máis que no presente exercicio // O primeiro buque do mundo de carga de vehículos capaz de navegar con gas licuado e diesel carga hoxe no porto de Vigo // O próximo domingo terá lugar en Vilalba a feira do capón. 16/12/16

Tralo paso dunha fronte durante a madrugada os ceos van ir quedando cada vez máis despexados de cara a fin de semana. O peor hoxe está no mar onde hai alerta laranxa na costa da Coruña e Pontevedra por olas de máis de seis metros. 16/12/16

Unha operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional evitou o que podería ter rematado nun enfrontamento entre narcotraficantes galegos e colombianos // O Consello da Xunta autorizou a tramitación das directrices da paisaxe que buscan garantir a súa protección // Entra en funcionamento un novo sistema automático de peche da autovía A-8, á altura de Mondoñedo cando haxa néboa. 15/12/16