Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Medio rural xestionará en 2017 máis de 518 millóns de euros, un 3% máis que no presente exercicio // O primeiro buque do mundo de carga de vehículos capaz de navegar con gas licuado e diesel carga hoxe no porto de Vigo // O próximo domingo terá lugar en Vilalba a feira do capón. 16/12/16

Tralo paso dunha fronte durante a madrugada os ceos van ir quedando cada vez máis despexados de cara a fin de semana. O peor hoxe está no mar onde hai alerta laranxa na costa da Coruña e Pontevedra por olas de máis de seis metros. 16/12/16

Unha operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional evitou o que podería ter rematado nun enfrontamento entre narcotraficantes galegos e colombianos // O Consello da Xunta autorizou a tramitación das directrices da paisaxe que buscan garantir a súa protección // Entra en funcionamento un novo sistema automático de peche da autovía A-8, á altura de Mondoñedo cando haxa néboa. 15/12/16

Unha operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional evitou o que podería ter rematado nun enfrontamento entre narcotraficantes galegos e colombianos. Os 5 galegos detidos foron localizados en Sada, mentres agardaban, supostamente, por un cargamento de droga que lles ían mercar aos 8 sudamericanos, tamén detidos, e que, ao parecer, pretendían roubar e mesmo secuestrar aos galegos // O Consello da Xunta autorizou a tramitación das directrices da paisaxe que buscan garantir a súa protección. Tamén avaliou positivamente os logros acadados no recente consello de ministros de Pesca da Unión Europea // Entra en funcionamento un novo sistema automático de peche da autovía A-8, á altura de Mondoñedo. Baséase na instalación de sensores que detectarán a diminución da visibilidade co que, un mecanismo por control remoto, accionado dende o centro de control de tráfico da Coruña cortará a vía cando esa visibillidade sexa inferior a 40 metros. 15/12/16

Unha operación conxunta da Garda Civil e da Policía Nacional evitou o que podería ter rematado nun enfrontamento entre narcotraficantes galegos e colombianos // O Consello da Xunta autorizou a tramitación das directrices da paisaxe que buscan garantir a súa protección // Entra en funcionamento un novo sistema automático de peche da autovía A-8, á altura de Mondoñedo cando haxa néboa. 15/12/16

Entra unha fronte que traerá chuvia, vento e neve. De feito á esta hora xa está en alerta amarela a costa da Coruña e Pontevedra onde pode empezar a soprar o vento con intensidade e por onde comezarán as precipitacións. 15/12/16

O Ministro de Fomento confirma que entrada do ave na cidade de Ourense se vai facer mediante unha variante por fóra da cidade // O consello de ministros da Unión Europea acorda menores recortes dos previstos para as cotas de pesca do ano que ven // O Xulgado de Tui procesa a Miguel Rosendo, o fundador da seita dos miguelianos, por 25 delitos sexuais. 14/12/16

A entrada do ave na cidade de Ourense vaise facer mediante unha variante por fóra da cidade. Confirmouno o Ministro de Fomento que hoxe dixo que foran malinterpretadas as súas declaracións nas que puña en dúbida o interés desa obra polo custe que supuña e o pouco tempo de viaxe que aforra // O consello de ministros da Unión Europea acorda menores recortes dos previstos para as cotas de pesca do ano que ven. A frota poderá pescar menos rapante no Gran Sol e pescada e xurelo no Cantábrico. Pola contra aumenta a xarda, o lirio e o peixe sapo en augas ibéricas. A frota do litoral sae mellor parada que a do Gran Sol // O Xulgado de Tui procesa a Miguel Rosendo, o fundador da seita dos miguelianos, por 25 delitos sexuais. Tamén responderá por delitos fiscais, por branqueo e asociación ilícita. Estes tres últimos delitos tamén se lle imputan a outros 16 integrantes ou colaboradores da congregación creada por Rosendo. 14/12/16

O Ministro de Fomento confirma que entrada do ave na cidade de Ourense se vai facer mediante unha variante por fóra da cidade // O consello de ministros da Unión Europea acorda menores recortes dos previstos para as cotas de pesca do ano que ven // O Xulgado de Tui procesa a Miguel Rosendo, o fundador da seita dos miguelianos, por 25 delitos sexuais. 14/12/16

Volveu a chuvia, traídas por unha fronte que entrou en Galicia de madrugada. con chubascos intensos sobre todo polo oeste da Coruña. Chuvias que pola mañá fron máis intermitentes e que de cara a tarde remiten. 14/12/16

O Parlamento Galego vai volver estudar o proceso de fusión das Caixas de Aforro, a súa posterior nacionalización e a venda da entidade que agora é Abanca // O alcalde de Ourense considera precipitadas as declaracions do ministro de fomento quen dixera que a variante para a entrada do AVE na cidade implicaria gastar 600 millons de euros para acurtar a viaxe en só 4 minutos // Xulgan en Lugo a dúas mestras do colexio público de Ribadeo por presuntamente pagar con cartos do centro 139 euros en productos dunha panadería para o consumo particular delas. 13/12/16

O Parlamento Galego vai volver estudar o proceso de fusión das Caixas de Aforro, a súa posterior nacionalización e a venda da entidade que agora é Abanca. O Pleno desta mañá decidiu reabrir a comisión de investigación, paralizada hai tres anos // O alcalde de Ourense considera precipitadas as declaracions do ministro de fomento quen dixera que a variante para a entrada do AVE na cidade implicaria gastar 600 millons de euros para acurtar a viaxe en só 4 minutos // Xulgan en Lugo a dúas mestras do colexio público de Ribadeo por presuntamente pagar con cartos do centro 139 euros en productos dunha panadería para o consumo particular delas. 13/12/16

O Parlamento Galego vai volver estudar o proceso de fusión das Caixas de Aforro, a súa posterior nacionalización e a venda da entidade que agora é Abanca // O alcalde de Ourense considera precipitadas as declaracions do ministro de fomento quen dixera que a variante para a entrada do AVE na cidade implicaria gastar 600 millons de euros para acurtar a viaxe en só 4 minutos // Xulgan en Lugo a dúas mestras do colexio público de Ribadeo por presuntamente pagar con cartos do centro 139 euros en productos dunha panadería para o consumo particular delas. 13/12/16

Os ceos despexados iranlle dando paso a máis nubes, cara ao remate da tarde // Xa na mañanciña comezará a chover na franxa atlántica, ao tempo que aumenta a intensidade do vento // As temperaturas mínimas non cambian pero as máximas tenden a baixar. 13/12/16

Un aparatoso accidente na autoestrada do atlántico en Abegondo provocou cortes de tráfico a primeira hora desta mañá nesta vía en sentido Coruña. Sobre ás seis da mañá un camión empotrabase contra outro que estaba parado por unha avaría. Non houbo feridos de consideración // O Ministro de Fomento asegura que os trámites administrativos nos 18 quilómetros de entrada do AVE á cidade de Ourense figuran entre os atrancos que imposibilitarán a chegada do AVE da meseta a Galicia no 2018 // Comeza en Pontevedra o xuízo contra o home acusado de asasinar a navalladas a Concepción Reguera en Pontesampaio hai máis dun ano. O acusado admitiu ter matado a que era a súa exparella. 12/12/16