Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // A Xunta vai desenvolver o próximo ano unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Un barcelonés inicia o Camiño de Santiago en cadeira de rodas, que pretende percorrer en só oito días desde Roncesvalles, Navarra. 18/09/15

Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // Na crise láctea, compás de espera ante a sinatura, o próximo mércores, dun acordo que garanta a sostibilidade dos prezos do leite. Leite Celta e Lechera Asturiana comercializarán por xunto a súa marca branca para a gran distribución // A Xunta vai desenvolverá en 2016 unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Silleda acolle Galicia.Net, o encontro de afeccionados aos videoxogos e á informatica // O Deportivo disputa este domingo en Riazor un partido considerado de alto risco, contra o Sporting de Xixón. O Celta visita ao Sevilla // Un barcelonés inicia o Camiño de Santiago en cadeira de rodas, que pretende percorrer en só oito días desde Roncesvalles, Navarra. 18/09/15

Cae unha importante rede de narcotraficantes que introducían droga en España dende Sudamérica. Hai detidas dez persoas en varias comunidades, entre elas Galicia, e incautada tonelada e media de cocaina, doce vehíiculos e cartos en efectivo // Na crise láctea, compás de espera ante a sinatura, o próximo mércores, dun acordo que garanta a sostibilidade dos prezos do leite // A Xunta vai desenvolver en 2016 unha rede de unidades terapéuticas para enfermos de Alzheimer // Silleda acolle  Galicia.Net, o encontro de afeccionados aos videoxogos e á informatica. 18/09/15 

 A delegada territorial da Xunta en Vigo, María José Bravo Bosch, nega a súa implicación na Operación Patos contra a corrupción. A Marea de Vigo persoarase na causa como acusación particular.

O PP rexeita unha petición da oposición no Parlamento para que o Consello de Contas fiscalice de maneira específica o novo hospital de Vigo.

Compás de espera do sector lácteo mentres se acaba de concretar o documento que se asinará o mércores en Madrid.

O grupo Leite Noso adquire as marcas que comercializaba Alimentos Lácteos.

A familia do batería de Los Piratas exercerá a acción penal contra o garda civil que realizou o disparo que lle provocou a morte.

O catedrático de Medicina Legal da Universidade de Santiago, Ángel Carracedo, recibirá esta tarde o Premio Nacional de Xenética.

 

Os cen mil empregados publicos de Galicia cobrarán antes de que acabe o ano, o 25% da extra non abonada anteriormente. En 2016 cobrarán o 50% que lles falta.

O boleto da Primitiva premiado hai 3 anos na Coruña con case 5 millóns de euros segue sen dono. Se antes do día 25 non aparece, o premio será para o loteiro da cidade que atopou o billete.

A vendima na Ribeira Sacra é especialmente difícil pola pendente dos viñedos, de ata o 50%. A algunhas viñas só se chega en barca, e con tantas pedras, que subir e baixar supón risco físico. (17/09/15)

 

As industrias lácteas volven recoller hoxe leite, despois de cinco días completamente paradas. Os gandeiros entréganllelo ao conseguiren que o acordo que va asinar co industria, distribución e  administración recolle as súas reivindicacións. 

Os cen mil empregados públicos de Galicia cobrarán antes de que acabe o ano o 25% da extra non abonada anteriormente. En 2016 cobrarán o 50% que lles falta.

A policía busca novas probas na casa do autor confeso do asasinato da peregrina Denise Thiem, en Astorga. En Santiago, os pregrinos acompañaron á familia da vítima nunha emotiva misa na catedral.

O autor confeso do dobre crime de Cervo, hai ano e medio, acepta 34 anos de prisión polos asasinatos da súa sogra e da súa muller. Admitiu que as matou a paus e que á muller mesmo lle cravou un coitelo  para asegurarse de que morrera.

O boleto da Primitiva premiado hai 3 anos na Coruña con case 5 millóns de euros segue sen ter dono. Se antes do dia 25 non aparece, o premio será para o loteiro da cidade que atopou o billete. 

A vendima na Ribeira Sacra é especialmente difícil pola pendente dos viñedos, de ata o 50%. A algunhas viñas só se chega en barca, e con tantas pedras, que subir e baixar supón risco físico. (17/09/15)

 

Os cen mil empregados publicos de Galicia cobrarán antes de que acabe o ano, o 25% da extra non abonada anteriormente. En 2016 cobrarán o 50% que lles falta.

O boleto da Primitiva premiado hai 3 anos na Coruña con case 5 millóns de euros segue sen dono. Se antes do día 25 non aparece, o premio será para o loteiro da cidade que atopou o billete.

A vendima na Ribeira Sacra é especialmente difícil pola pendente dos viñedos, de ata o 50%. A algunhas viñas só se chega en barca, e con tantas pedras, que subir e baixar supón risco físico. (17/09/15)

 O concello de Vigo habilitará 500 prazas de aparcamento gratuito ó carón do novo hospital Álvaro Cunqueiro.

Os gandeiros trasladan as protestas á distribución.

O consello da Xunta aproba devolver ós empregados públicos, antes de que acabe o ano, outro 25 por cento da paga extra que non se lles aboou en 2012. O 50 por cento restante queda para o ano que vén.

O temporal de vento e choiva deixou en Caldas 200 litros de auga por metro cuadrado e en puntos altos de Carballeda de Valdeorras refachos de vento de 164 kms por hora. O forte vento obrigou a desviar varios vós que viñan a Santiago e Vigo. Arestora, o peor está no mar da Coruña e Lugo // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite // Comezan as obras de rehabilitación do cuartel da Garda Civil de Ferrol, cun orzamento de 1,3 millóns de euros euros. O cuartel levaba 63 anos sen reformas nin actualizarse.  16/09/15

La borrasca que afecta a las comunidades del Cantábrico ha dejado rachas de viento de más de 100 kilómetros en Galicia donde decenas de árboles que se han caído al suelo.  La Xunta ha suspendido las actividades en el exterior de los colegios para evitar riesgos. En cambio, en la Comunidad Valenciana, el sol y las temperaturas  siguen siendo de pleno verano.

O temporal de vento e choiva deixa máis de duas centas incidencias, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra. Cinco vos foron desviados entre por ventos fortes. Hoxe o principal problema está no mar // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite. No Parlamento, o presidente da Xunta animou aos gandeiros a que se sumen ao acordo coa industria e a distribución que, dixo, contén as máximas disposición legais para conseguir un mellor prezo do leite. O BNG considera demasiado inconcreto o texto e reclamou a Feijóo una acción máis decidida // Alta hospitalaria para un dos catro feridos no Rally da Coruña. Os demáis seguen ingresados e evolucionan favorablemente // Esta tarde celébrase unha misa na catedral de Santiago en memoria da peregrina estadounidense  asasinada hai cinco meses cando realizaba o Camiño na zona de Astorga. 16/09/15

O temporal de vento e choiva deixa máis de duas centas incidencias, sobre todo nas provincias da Coruña e Pontevedra // Os gandeiros analizan esta tarde que camiño serguir nas súas mobilizacións, logo de cinco días de bloqueo ás industrias transformadoras de leite. No Parlamento, o presidente da Xunta animou aos gandeiros a que se sumen ao acordo coa industria e a distribución que, dixo, contén as máximas disposición legais para conseguir un mellor prezo do leite. O BNG considera demasiado inconcreto o texto e reclamou a Feijóo una acción máis decidida // Alta hospitalaria para un dos catro feridos no Rally da Coruña. Os demáis seguen ingresados e evolucionan favorablemente. 16/09/15

 Asemblea dos gandeiros en Lugo para decidir sobre o bloqueo ás industrias lácteas.

O presidente da Xunta acusa á oposición de incitar ós productores a non asinar o acordo da Interprofesional Láctea. O nacionalista Francisco Jorquera di que o problema está nas prácticas da industria e a distribución.

AGE e PSdeG volven pedir a destitución da conselleira de Sanidade polo novo hospital de Vigo. Núñez Feijóo di que o Álvaro Cunqueiro está á vangarda dos hospitais de Europa.

En Lugo, declaración como imputado do avogado do promotor das Torres do Garañón.

Dado de alta un dos catro feridos do Rally da Coruña que continuaban ingresados.

Desprendementos e árbores caídas polo temporal de vento.

El frente ha alcanzado ya las costas de Galicia donde se han registrado las primeras precipitaciones. Y afectará también al Cantábrico y a Castilla y León. En Santiago de Compostela sopla ya el viento con mucha intensidad. La protagonista ahora es una nueva borrasca que se forma de manera muy rápida, en tan solo unas horas. Aunque de momento no se puede hablar de ciclogénesis. La ciclogénesis explosiva no es más que la formación o proceso de una borrasca con unas características muy determinadas. Cuando llegan estas borrascas hay que tener cuidado. Protección Civil aconseja alejarse de los árboles y de todos aquellos objetos que puedan caer a la vía pública.

Temporal de auga e vento, que afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra.   

Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite e consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro.

Día grande das festas da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes, Celanova. A imaxe actual da Virxe é unha réplica da que roubaron cando asasinaron ao párroco, hai seis meses. (15/09/15)

O primeiro temporal de final de verán chega con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra. Rexistráronse 100  litros por metro cuadrado na Barbanza e ventos de 100 kms por hora en Cedeira.  

Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite, como medida de presión para conseguir mellores prezos. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro; eles piden 6 céntimos.

200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.

O Deportivo conseguiu  en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3.

Día grande das festas da Virxe do Cristal, en Vilanova dos Infantes, Celanova, e frustración entre os veciños por non poder sacala en procesión por mor da choiva. A imaxe é unha réplica da que roubaron cando asasinaron ao párroco, hai seis meses. (15/09/15)

Primeiro temporal de final de verán con moita auga e vento, e afecta sobre todo á costa sur da Coruña e ao litoral de Pontevedra. 

Os gandeiros seguen bloqueando industrias de transformación de leite. Consideran insuficiente o anuncio dalgunhas industrias e distribuidoras de pagarlles 2 céntimos máis por litro.

200 mil alumnos de Eso, Bacharelato e FP comezan hoxe o curso, coa novidade de implantarse a Lomce.

O Deportivo conseguiu  en Madrid a súa primeira vitoria da temporada, derrotando ao Rayo Vallecano por 1 a 3. (15/09/15)