Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Baixou o paro rexistrado en abril. En Galicia hai 6.300 parados menos apuntados nos servizos públicos de emprego. Unha baixada que se notou sobre todo no sector servizos, e a hostalería, polas contratacións de Semana Santa. A Xunta celebra os datos e dí que son os mellores dende 1996 // Galicia figura entre as comunidades nas que máis se nota a diferencia entre nenas e nenos nos estudos. Unha superioridade feminina que é posta de manifesto por un informe do Ministerio e no que as alumnas de bacharelato galegas figuran á cabeza en canto a superioridade sobre os varóns // Un ano sen carné e nove mil euros de multa para o xogador do Celta Welliton por conducir de xeito temerario quintuplicando a taxa de alcohol permitida. 06/05/14 

Baixou o paro rexistrado en abril. En Galicia hai 6.300 parados menos apuntados nos servizos públicos de emprego. Unha baixada que se notou sobre todo no sector servizos, e a hostalería, polas contratacións de Semana Santa. A Xunta celebra os datos e dí que son os mellores dende 1996 // Galicia figura entre as comunidades nas que máis se nota a diferencia entre nenas e nenos nos estudos. Unha superioridade feminina que é posta de manifesto por un informe do Ministerio e no que as alumnas de bacharelato galegas figuran á cabeza en canto a superioridade sobre os varóns // Unha muller resultou ferida  esta mañá en Vigo ao ser atropelada polo seu propio coche que se botou a andar sen freo por unha rúa costenta do centro da cidade. Dentro do turismo ía unha nena, neta da ferida, segundo testemuñas da zona, que resultou ilesa. O coche foi parar contra outros turismos sen causar máis danos. 06/05/14 

Baixou o paro rexistrado en abril. En Galicia hai 6.300 parados menos apuntados nos servizos públicos de emprego // Galicia figura entre as comunidades nas que máis se nota a diferencia entre nenas e nenos nos estudos // Unha muller resultou ferida esta mañá en Vigo ao ser atropelada polo seu propio coche que se botou a andar sen freo por unha rúa costenta do centro da cidade. 06/05/14

Seguimos con ceos moi anubrados que van ir dando a paso a máis claros sobre todo polo interior. As temperaturas algo máis baixas rondarán en xeral os dezaoito graos. 06/05/14

Galicia conta dende hoxe cun observatorio contra a violencia de xénero. Un órgano de coordinación para previr o maltrato ás mulleres. Unha violencia que segue a aumentar. No que vai de ano catro perderon a vida a mans das súas parellas. En todo 2013 foran tres.  

Xunta, Autoridade Portuaria de Ferrol e Universidade de Santiago lideran un proxecto para instalar na zona de Mugardos, onde están as instalacións de Reganosa, un punto de suministro de gas licuado para buques. Unha iniciativa financiada pola Unión Europea que busca apoiar este combustible máis limpo e barato que os usados masivamente no transporte marítimo. 

Un grupo de enfermeiras do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra protestaron ás portas do centro para reclamar máis medidas de seguridade. Séntense acosadas pola actitude agresiva do acompañante dunha doente.O centro só conta cun garda xurado.A Consellería de Sanidade di que está á espera dunha autorización xudicial para poder prohibirlle a entrada ao hospital. (05/05/14)

Galicia conta dende hoxe cun observatorio contra a violencia de xénero. Un órgano de coordinación para previr o maltrato ás mulleres. Unha violencia que segue a aumentar. No que vai de ano catro perderon a vida a mans das súas parellas. En todo 2013 foran tres.  

Un grupo de enfermeiras do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa, Pontevedra protestaron ás portas do centro para reclamar máis medidas de seguridade. Séntense acosadas pola actitude agresiva do acompañante dunha doente.O centro só conta cun garda xurado.A Consellería de Sanidade di que está á espera dunha autorización xudicial para poder prohibirlle a entrada ao hospital.

Os candidatos as eleccións europeas aceleran os actos de precampaña. O do partido popular, Francisco Millán Mon reivindicou a vixencia do proxecto europeista frente a outras opcións que o cuestionan. O socialista José Blanco dixo que votar ao pp é votar máis recurtes e o BNG anuncia unha campaña  

para concienciar a ciudadanía da importancia das decisións  que se toman no Parlamento europeo. (05/05/14)

Galicia conta dende hoxe cun observatorio contra a violencia de xénero.

Un grupo de enfermeiras do Hospital Comarcal do Salnés, en Vilagarcía de Arousa,  protestaron ás portas do centro para reclamar máis medidas de seguridade. 

Os candidatos as eleccións europeas aceleran os actos de precampaña. (05/05/14)

Récord de cruceiros no Porto da Coruña. En total chegaron 6.000 turistas e 2.500 tripulantes para disfrutar por unhas horas de escala en Galicia da nosa paisaxe, historia e gastronomía e calcúlase que gastan uns 60 euros por persoa e día // O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos municipais para este ano grazas a un pacto inédito na cidade entre o PSOE e PP e coa oposición do BNG. Nunha sesión con constantes interrupcións do público, socialistas e populares consideran que son as contas máis sociais da historia da Vigo. Os nacionalistas din que non son as que hoxe necesitan os cidadáns // Alta ocupación na hostelería de Lugo polo derbi de Segunda División que enfrontará mañá ao equipo local e o Deportivo. Calcúlase que máis de catro mil seguidores do equipo coruñés se desplazarán á cidade da muralla para presenciar o partido para o que mesmo haberá pantallas xigantes  ante a falla de capacidade do Anxo Carro. 02/05/14 

Récord de cruceiros no Porto da Coruña. En total chegaron 6.000 turistas e 2.500 tripulantes para disfrutar por unhas horas de escala en Galicia da nosa paisaxe, historia e gastronomía e calcúlase que gastan uns 60 euros por persoa e día // O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos municipais para este ano grazas a un pacto inédito na cidade entre o PSOE e PP e coa oposición do BNG. Socialistas e populares consideran que son as contas máis sociais da historia da Vigo. Os nacionalistas din que non son as que hoxe necesitan os cidadáns // Cheo absoluto no estadio do C.D. Lugo para recibir, mañá, ao Depor. Con unha victoria, os lucenses asegurarían a permanencia en Segunda e o Deportivo afianzaría o seu camiño ao ascenso directo. O Celta viaxa a Pamplona coa tranquilidade de ter garantida a permanencia en Primeira pero coa interrogante de se o adestrador, Luis Enrique vai seguir o se será verdade que está sendo tentado polo Barcelona. 02/05/14 

Récord de cruceiros no Porto da Coruña. En total chegaron 6.000 turistas e 2.500 tripulantes // O pleno do Concello de Vigo aprobou os orzamentos municipais para este ano grazas a un pacto inédito na cidade entre o PSOE e PP e coa oposición do BNG // Cheo absoluto no estadio do Club Deportivo Lugo para recibir, mañá, ao Deportivo. 02/05/14