Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

O príncipe de Asturias inaugura na cidade da Cultura de Galicia a mostra Auga Doce, que honra este elemento imprescindible para a vida humana e natural // Días decisivos para o futuro de Pescanova, que corre serio perigo de liquidación. O proceso concursal entra nunha nova fase na que os acredores van decidir se aceptan o convenio que propón o consorcio liderado polo grupo Damm ou deixan que a compañía pesqueira entre en liquidación // Cruce de querelas no Concello de Ourense. Tralas denuncias xudiciais da oposición (a última onte mesmo), a concelleira de urbanismo, do PSOE, denunciou hoxe á xunta de goberno de 2006, do PP. Acúsaa dun posible delito de prevaricación administrativa por adxudicarlle, segundo eles sen concurso, un contrato á empresa do actual edil de Democracia Ourensana Gonzalo Jácome, por importe de 61.000 euros. 21/03/14

O Príncipe de Asturias loubou en Vigo a expansión internacional das nosas empresas // Días decisivos para o futuro de Pescanova, que corre serio perigo de liquidación // Nunha década Galicia podería perder 150.000 habitantes e quedar con menos poboación que no ano 1.900. 21/03/14

A primavera empeza hoxe con tempo cambiante, ben propio desta estación. Estamos nunha situación transitoria. Os ceos, ata agora, despexados ou pouco anubrados darán paso ás nubes esta noite, que traerán chuvias. 20/03/14

Ainda non hai acordo definitivo dentro do sector para que a frota do cerco poida sair faenar. Pero a cesión, por parte da flota do País Vasco, de 400 toneladas de xarda para os barcos galegos pode facilitar a solución ao conflicto // O grupo téxtil Inditex gañou un 1% máis en 2013, e acadou uns beneficios de 2.377 millóns de euros. Incrementou as súas vendas nun 5% e chegaron aos 16.700 millóns de euros. A compañía galega segue xerando emprego e o seu cadro de persoal e xa tén mais 128.000 traballadores // Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros. 19/03/14

Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos. Nun prazo de dous anos debería estar funcionando coma nova sede xudicial. Albergará dependencias da Audiencia Provincial e da fiscalía. Vai custar 15 millóns de euros // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén. Representantes do sector analizan coas autoridades pesqueiras, nunha reunión na Coruña, como redistribuir entre os armadores os cupos de xarda e xurelo, que veñen de aceptar // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos, un deles de Muros, o mecánico Manuel María Tajes. Os mergulladores puideron inspeccionar xa todalas dependencias do arrastreiro afundido, e dan por seguro que os corpos non se atopan no interior do barco. 19/03/14

Na Coruña, empezan as obras de recuperación do edificio da vella Fábrica de Tabacos // Os barcos do cerco poderían sair faenar a semana que vén // Fronte á costa asturiana segue a busca, agora centrada na superficie, dos dous mariñeiros do Santa Ana que continúan desaparecidos. 19/03/14

Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas que manteñen dende hai semanas contra os criterios de reparto das cotas de captura // Din que, se non é posible aplicar a distribución lineal por tripulantes nesta campaña, que se teña en conta, alo menos, para o ano que vén // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos. Son o galego, Manuel María Tajes e o portugués, José Farinhas // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. Pronostica que a economía galega vai medrar este ano un 1,5 por cento e en un 2,6 en 2015. 18/03/14

Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas que manteñen dende hai semanas contra os criterios de reparto das cotas de captura. Din que, se non é posible aplicar a distribución lineal por tripulantes nesta campaña, que se teña en conta, alo menos, para o ano que vén // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos. Son o galego, Manuel María Tajes e o portugués, José Farinhas. Os labores dos buzos céntranse hoxe na zona dos camarotes de proa onde onte atoparon a outros dos mariñeiros do arrastreiro // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. Pronostica que a economía galega vai medrar este ano un 1,5 por cento e en un 2,6 en 2015. 18/03/14

Representantes da frota do cerco negocian na Consellería do Mar tratando de buscarlle unha saída ás protestas // Seguen na costa asturiana os traballos para recuperar os corpos dous dous tripulantes do Santa Ana aínda desaparecidos // Galicia é a comunidade con mellores perspectivas para recuperarse da crise, segundo un informe do BBVA. 18/03/14

Os buzos de salvamento marítimo e mais da Garda Civil rescataron o corpo dun dos catro mariñeiros do Santa Ana que ainda seguían desaparecidos // Outro corpo está localizado, logo de que os equipos de rescate lograran perforar o casco do barco // A Xunta agarda un acordo definitivo sobre o reparto da cota de xarda nas negociacións que se van retomar mañá // Hoxe un sindicato policial calificou de proporcionada a actuación dos antidisturbios nas protestas destes mariñeiros en Santiago // Desarticulada na Coruña unha banda adicada a asaltar vivendas. Os seus integrantes, seis homes de idades comprendidas entre os 24 e os 39 anos, son orixinarios de varios países do leste de Europa. Actuaban sobre todo na capital provincial e a súa periferia. 17/03/14

Cúmprese unha semana do naufraxio do Santa Ana no Cabo de Peñas, en Asturias. Alí segue a busca dos catro mariñeiros aínda desaparecidos. Os mergulladores tratan hoxe de perforar o casco, para acceder aos camarotes nos que se sospeita que puideron quedar atrapados // Os mariñeiros do cerco acudirán mañá a unha nova reunión coa xunta, despois de rexeitar en asemblea o acordo ao que chegaran o pasado venres. O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, asegura que é díficil de entender o xiro dos armadores do cerco na negociación // O Presidente da Xunta viaxa hoxe a Panamá, logo da sua estadía en México. Alí tratou cos reponsables de Pemex sobre novos contratos e animou os empresarios a investir en Galicia // A fin de semana déixanos dous empates dos equipos galegos na segunda división de fútbol, o do Lugo en Córdoba e do Deportivo fronte ao Barcelona B, en Riazor. En primeira, o Celta venceu ao Levante, co que xa case ten encamiñada a permanencia. 17/03/14

Cúmprese unha semana do naufraxio do Santa Ana no Cabo de Peñas, en Asturias // Os mariñeiros do cerco acudirán mañá a unha nova reunión coa xunta, despois de rexeitar en asemblea o acordo ao que chegaran o pasado venres // O Presidente da Xunta viaxa hoxe a Panamá, logo da sua estadía en México. 17/03/14