Concentracións de repulsa hoxe pola morte de María Luisa Jiménez, asasinada a coiteladas o pasado domingo presuntamente polo seu home. En Poio, en Vilaboa ou en Lugo, onde vivira a muller, e tamén en Santiago, sucedéronse os minutos de silencio por este novo crime da violencia de xénero // Prestou declaración no xulgado o psiquiatra que atendera a Rosario Porto, a nai da nena Asunta Basterra, que apareceu morta ás aforas de Santiago // Foi denunciado pola nai da pequena por considerar que a perxudicara con unhas declaracións aos medios de comunicación nas que afirmaba que presentaba un perfil esquizoide // As zonas de montaña de Lugo e Ourense volveron aparecer hoxe cubertas por un manto de neve. Arestora xa non é necesario circular con cadeas por Pedrafita do Cebreiro, en Lugo, pero segue a ser recomendable facelo con precaución en varios puntos. 26/02/14
Concentracións de repulsa hoxe pola morte de María Luisa Jiménez, asasinada a coiteladas o pasado domingo presuntamente polo seu home. En Poio, en Vilaboa ou en Lugo, onde vivira a muller, e tamén en Santiago, sucedéronse os minutos de silencio por este novo crime da violencia de xénero // O psiquiatra de Rosario Porto, imputado por revelación de segredo profesional, asegura ante o xuiz que falou sobre a súa paciente nos medios de comunicación porque se sentiu presionado por eles e porque un socio o deixara na ruina // Mariano Rajoy comprometeuse, no debate sobre o Estado da Nación a seguir realizando esforzos para que se saiba toda a verdade respecto ao accidente de tren de Santiago do pasado verán. 26/02/14
Concentracións de repulsa hoxe pola morte de María Luisa Jiménez, asasinada a coiteladas o pasado domingo presuntamente polo seu home // Declarou no xulgado o psiquiatra de Rosario Porto, imputado por revelación de segredo profesional // Mariano Rajoy comprometeuse, no debate sobre o Estado da Nación a seguir realizando esforzos para que se saiba toda a verdade respecto ao accidente de tren de Santiago do pasado verán. 26/02/14
A medida que avance a xornada os chuvascos tenderán a desaparecer e pola tarde os ceos quedarán parcialmente anubrados, con máis nubes canto máis ao oeste. 26/02/14
- La mujer de 37 años desapareció el pasado domingo en Vilaboa
- Su marido ha ingresado en prisión tras confesar el crimen
- El 016 es el teléfono gratuito de atención a víctimas, no deja rastro en la factura
- El ex consejero delegado del Pastor prestará declaración el 28 de marzo
- Ambos están imputados por delitos de fraude y estafa
Localizado o corpo da muller de 37 anos que faltaba dende que o seu marido a fora buscar a Pontevedra para levala a Lugo, onde vivían. O seu corpo foi atopado ao carón da estrada de Santiago a Curtis, na localidade coruñesa do Marquiño, perto da PonteCarreira // Prestou declaración no xulgado o expresidente do Banco Pastor, José María Arias, acusado por un pequeno accionista da entidade de varios delictos, entre eles administración fraudulenta, estafa e falsidade documental // Os sete procesados na Operación Abuelo, a maior redada en Galicia contra a pesca con explosivos, non irán ao cárcere grazas a un pacto coa Fiscalía. No xuizo,hoxe, en Pontevedra, todos recoñceron os feitos. Seis deles aceptaron unha condena, xa firme, de dous anos de prisión e dous de inhabilitación para pescar. 25/02/14
En Galicia, hace unos minutos la guardia civil ha localizado el cadáver de la mujer de 37 años desaparecida desde el pasado domingo. Horas antes Manuel Midón el juez ya había ordenado el ingreso en prisión de su marido.
Os familiares de María Luisa Jiménez Jiménez, a muller de 37 anos, desaparecida dende o pasado domingo, agardan nas portas do cuartel da Garda Civil, na localidade coruñesa de Curtis, por novidades sobre as labores de busca. O seu marido ingresou no cárcere, acusado da desaparición // O expresidente do Banco Pastor, José María Arias continúa declarando nun xulgado da Coruña, a raíz da denuncia imposta por un pequeno accionista da entidade. Está imputado por varios delictos, entre eles administración fraudulenta, estafa e falsidade documental // Os sete procesados na Operación Abuelo, a maior redada en Galicia contra a pesca con explosivos, non irán ao cárcere grazas a un pacto coa Fiscalía. No xuizo,hoxe, en Pontevedra, todos recoñceron os feitos. Seis deles aceptaron unha condena, xa firme, de dous anos de prisión e dous de inhabilitación para pescar. 25/02/14
Localizado o corpo da muller de 37 anos que faltaba dende que o seu marido a fora buscar a Pontevedra para levala a Lugo, onde vivían // O expresidente do Banco Pastor, José María Arias declarou nun xulgado da Coruña, a raíz da denuncia imposta por un pequeno accionista da entidade // Os sete procesados na Operación Abuelo, a maior redada en Galicia contra a pesca con explosivos, non irán ao cárcere grazas a un pacto coa Fiscalía. 25/02/14
Todo o litoral galego está hoxe en alerta laranxa por ondas que na costa da Coruña poden acadar os 8 metros. En terra, unha nova borrasca deixa ventos fortes no litoral e chuvascos intermitentes, que nalgúns momentos da mañá foron intensos. A medida que avance o día irá entrando aire frío. 25/02/14
Programa especial emitido dende Lalín (Pontevedra) para toda España co gallo do 20 aniversario de Radio 5 Todo Noticias.
Apartado das súas funcións no Goberno Municipal o concelleiro da localidade pontevedresa de Nigrán que levaba o departamento de Vías e Obras que foi o único cargo Público detido na operaciòn "Patos" contra unha presunta trama de corrupción // O expresidente do Banco Pastor Jose Maria Arias Mosquera e o ex conselleiro delegado Jorge Gost terán que declarar mañá nun xulgado da Coruña para responder á querela interposta por un pequeno accionista que os acusa de ter falseado as contas da entidade nos exercicios 2008,2009 e 2010 mediante unha trama financeira con sociedades das que o banco pastor era propietario // Comezaron as obras para reparar os desperfectos causados polos temporais e evitar, que se veñen outros novos, causen danos. Nas praias coruñesas de Riazor e O Orzán as máquinas preparan un valo de area da mesma altura que o paseo marítimo que evite que as ondas e a area invadan a zona peonil e mesmo a calzada. 24/02/14
Comezaron as obras para reparar os danos causados polos temporais. Nas praias coruñesas de Riazor e O Orzán as máquinas preparan un valo de area da mesma altura que o paseo marítimo que evite que as ondas e a area invadan a zona peonil e mesmo a calzada, tal como sucedeu varias veces este inverno // Apartado das súas funcións no Goberno Municipal o concelleiro da localidade pontevedresa de Nigrán que levaba o departamento de Vías e Obras que foi o único cargo Público detido na operaciòn "Patos" contra unha presunta trama de corrupción // Anova, a formación que lidera Xosé Manuel Beiras, irá ás próximas eleccións europeas integrada nas listas de Esquerda Unida. A decisión foi adoptada por votación entre os militantes, na que a opción gañadora logrou once votos máis que a outra, que apostaba por unha coalición con outras forzas nacionalistas. 24/02/14
Comezaron as obras para reparar os danos causados polos temporais. // Apartado das súas funcións no Goberno Municipal o concelleiro da localidade pontevedresa de Nigrán que levaba o departamento de Vías e Obras // Anova, a formación que lidera Xosé Manuel Beiras, irá ás próximas eleccións europeas integrada nas listas de Esquerda Unida. 24/02/14
Estamos hoxe nunha situación de transición, agardando unha nova fronte que chegará na vindeira noite. Ainda así en moitas zonas non nos libramos de algúns orballos ocasionais. 24/02/14
- Declaración de Aragón, Asturias, Extremadura, Galicia y las dos Castillas
- El coste de los servicios públicos se encarece por estas variables