O presidente do Goberno felicítalle o Nadal aos soldados que están estes días de misión no estranxeiro. Foi por videoconferencia desde a base da Brilat, en Pontevedra. // Núñez Feijóo anuncia nunha entrevisa en Radio Nacional que os perceptores de pensións non contributivas van recibir o mes que vén un suplemento de 200 euros. // Traballadores de Novagalicia Banco concéntranse contra a redución de dous mil cincocentos empregos que contempla o plan de reestruturación da entidade. // Esta tarde vai recibir sepultura en Escairón, a súa vila natal, o histórico líder socialista galego Ceferino Díaz. // Compras de última hora a prezos que este Nadal non subiron tanto como en anos anteriores, agás nos produtos máis escasos. // Sete adegas da denominación de orixe Rías Baixas acaban de poñer no mercado os primeiros espumosos feitos con albariño. (24/12/12)
O presidente do Goberno felicítalle o Nadal aos soldados que están estes días de misión no estranxeiro. Foi por videoconferencia desde a base da Brilat. // Feijóo anuncia que os perceptores de pensións non contributivas van recibir o mes que vén un suplemento de 200 euros. // Traballadores de Novagalicia Banco concéntranse contra a redución de empregos. // Esta tarde vai recibir sepultura o histórico líder socialista galego Ceferino Díaz. // Compras de última hora a prezos que este Nadal non subiron tanto como en anos anteriores. // Os primeiros espumosos feitos con albariño. (24/12/12)
Ceos cubertos e precipitacións de intensidade moderada, localmente fortes nas provincias atlánticas. Precipitacións de neve nas cotas máis altas da Comunidade a última hora. Ventos soprarán do sueste, fortes no litoral e nas zonas altas, e moderados no resto. Temperaturas en descenso, lixeiro no caso das mínimas e moderado no das máximas. (24/12/12)
O presidente do Goberno felicita ás tropas españolas no exterior a través dunha videoconferencia dende a base da Brilat en Pontevedra. Coincidindo co acto, protesta dos afectados polas preferentes. Folga no Hostal dos Reis Católicos en Santiago. Loito nas filas socialistas pola morte de Ceferino Díaz.
Falamos con Alberto Núñez Feijóo, que entre outras cousas, avanza que a Xunta pagará en xaneiro o complemento de 200 euros ós 43 mil perceptores de pensións non contributivas. O presidente da Xunta tamén avoga por que os afectados polas preferentes poidan recuperar a totalidade dos seus aforros.
Repasamos a actualidade parlamentaria da semana con Cruz Mato.
La figura del Niño Jesús ha desaparecido del belén instalado frente a la catedral de Santiago de Compostela, en la Plaza del Obradoiro, en un acto para llamar la atención sobre el problema que afecta a miles de ciudadanos amenazados con el desahucio de sus viviendas.
Pontevedra reparte los dos cuartos premios de la Lotería de Navidad, el 85.045 y el 23.475
- Una compañía de seguros reparte el 85.045 por toda la geografía
- Redondela (Pontevedra) y Ripoll (Girona) reparten el 23.475
- Así vivimos el sorteo minuto a minuto de la Lotería de Navidad
- Consulta el mapa de los premios de la Lotería de Navidad
Uno de los cuartos premios de la Lotería de Navidad se ha repartido entre Ripoll, en Girona y Redondela, en Pontevedra. Precisamente en Pontevedra capital, se ha vendido íntegramente el otro cuarto, en una única administración. La mayor parte de este 23.475 se ha vendido en la administración número 2 de Ripoll, en Girona. Allí compran este número desde hace 40 años y ya resultó premiado en la Lotería Nacional del pasado mes de agosto. Este cuarto premio está muy repartido entre los vecinos de la localidad. Puede comprobar la Lotería de Navidad aquí.
- La mujer ha fallecido como consecuencia de los disparos recibidos
- Teléfono gratuito contra el maltrato: 016
Preocupación entre os funcionarios polos novos recortes dos seus soldos previstos nos orzamentos. Uns 200 representantes concentranse ás portas da reunión dos sindicatos co director xeral da función pública. // O presuposto do ano que vén reducirase en 400 millóns de euros segundo lles explicou a Conselleira de Facenda aos sindicatos e ao presidente dos empresarios. (21/12/12)
Uno de los platos de las navidades es el marisco. Esta semana la Xunta de Galicia hace controles en las carreteras para combatir el furtivismo de marisco. En la última inspección requisaron una caja de centollas de dudosa procedencia. Hasta el 1 de diciembre, la Xunta ha decomisado más de 70 toneladas de marisco y pescado por diferentes irregularidades.
O sistema financieiro segue a recompoñerse, logo dos problemas xurdidos nas caixas. Un banco venezolano acaba de adquirir a maioría do Banco Echeverría, unha veterana institución que partiu de Betanzos e na que NovaCaixaGalicia tiña case a mitade do capital. // A baixada das vendas nos principais mercados europeos impediu que a fábrica de Citroen de Vigo acadara o obxectivo de fabricar trescentos mil vehículos neste ano, no que contratou 200 traballadores mais. // O Deportivo empezará o ano como colista en solitario de Primeira División tras ser derrotado por 2-0 no seu desplazamento ó campo do Español, co que estaba ata agora empatado no último posto da taboa. (21/12/12)
Un banco venezolano, o Banesco, acaba de adquirir a maioría do Banco Echeverría, unha veterana institución que partiu de Betanzos e na que NovaCaixaGalicia tiña case a mitade do capital. // A baixada das vendas nos principais mercados europeos impediu que a fábrica de Citroen de Vigo acadara o obxectivo de fabricar trescentos mil vehículos neste ano. // O Deportivo empezará o ano como colista en solitario de Primeira División tras ser derrotado por 2-0 no seu desplazamento ó campo do Español. (21/12/12)
Entrou o inverno aínda que de momento non o notamos porque as temperaturas subiron. Martion Barreiro amplianos a previsión. (21/12/12)
Reunión da Mesa da función Pública, onde está previsto acordar posibles rebaixas dos soldos dos funcionarios para o ano que ven. O ex ministro de Fomento José Blanco reclama en Lugo que se sobresea o seu caso no Supremo, que estuda a súa imputación na Operación Campeón. Os afectados polas preferentes inician un encerro no concello de Gondomar. O gaiteiro Carlos Núñez fará a sintonía da "Vuelta Ciclista a España".
A flota galega poderá manter, o ano que vén uns topes e capturas similares aos deste segundo o acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas. // A Xunta queda coa fábrica conserveira de Alfageme e a marca Miau despois de ser o único postor. // O Deportivo xogará esta noite contra o Español, nun encontro entre os dous últimos clasificados da Liga. (20/12/12)
A flota galega poderá manter, o ano que vén uns topes e capturas similares aos deste segundo o acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas. O acordo é considerado coma moderadamente satisfactorio polos armadores galegos .// A Xunta queda coa fábrica conserveira de Alfageme e a marca Miau despois de ser o único postor . // O Consello acordou reducir as catro entidades que xestionan o solo empresarial nas respectivas provincias a un só. // Continúa a instrucción da Operación Pokemon. Esta mañá prestaron declaracións a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca dominguez do Partido Popular e un funcionario deste concello. // Histórica victoria do Blusens Mombus Obradoiro na sua visita a Barcelona, no pavillon azulgrana, 8 puntos por riba. (20/12/12)
A flota galega poderá manter, o ano que vén uns topes e capturas similares aos deste segundo o acordo acadado a pasada madrugada en Bruxelas. // A Xunta queda coa fábrica conserveira de Alfageme e a marca Miau despois de ser o único postor. // Continúa a instrucción da Operación Pokemon. Prestaron declaracións a concelleira de Educación de Santiago, Rebeca dominguez do Partido Popular e un funcionario deste concello. (20/12/12)
Segue o tempo chuvioso e, para as próximas horas, agárdanse fortes precipitacións e ventos, sobre todo na franxa atlántica. (20/12/12)