Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

Ceos anubrados en xeral e chuvias, de intensidade localmente moderada, máis frecuentes na metade oeste. Ventos do suroeste, fortes no litoral norte e moderados no resto. Temperaturas mínimas sen cambios, pero as máximas descenderán entre lixeira e moderadamente. 30/04/12

A vicepresidenta Soraya Sáenz de Santamaría anuncia en Santiago a intención do Goberno de liberaliza-la xestión de infraestruturas e servizos de transporte.O executivo español presenta as súas medidas anticrise ante o ministro de Finanzas alemán nun foro que se desenvolve na capital galega. O ministro Luis de Guindos avoga por substituir o modelo do ladrillo polo coñemento.Os representantes do goberno central sitúan a Feijóo á vangarda das políticas de austeridade.O titular da Xunta presenta Innova-Saúde como un pilar para blinda-la sanidade pública.José Blanco manifesta en Lugo o seu apoio ó Goberno ante os ataques de Cataluña ó AVE galego.Familiares das vítimas do dobre crime do Ceao esixen respostas, dezaoito anos despois.Tres obras galegas aspiran ó Premio Max ó Mellor Autor Teatral en galego,na gala que se celebrará esta noite en Madrid

O empresario vigués Alfonso Paz Andrade é o protagonista da "entrevista do domingo" en RNE-Galicia. O noso convidado reivindica a figura do seu pai, Valentín Paz Andrade, a quen se lle adica este ano o Día das Letras Galegas.

A oposición solicita que non se apliquen en Galicia os recortes en sanidade e educación aprobados polo goberno central.Alberto Núñez Feijóo argumenta que está obrigado a facelo por ser lexislación básica do Estado pero deixa a porta aberta a non incrementar o número de alumnos por aula e a manter as taxas universitarias máis baixas de España.Pasa o debate de totalidade o proxeto de Lei de Montes de Galicia.

Nos últimos tres meses unhas 25 mil persoas quedaron sen traballo en Galicia. Son datos da última enquisa de poboación. // Os estaleiros galegos e a xunta vanlle solicitar a Mariano Rajoy unha reunión, incluíndo aos ministros de Economía e ao de Industria, para abordar a situación do sector naval. // Galicia ten o dobre de sinistralidade laboral que o conxunto do Estado. Neste día da seguridade e saúde no traballo, os sindicatos reclaman que non se deixe de investir en prevención. // Malestar no ensino galego polas últimas medidas do goberno central. // Cinco mil quilómetros de media é o que viaxan os alimentos que consumimos antes de chegar á nosa mesa. // Festival do Norte en Vilagarcía. 27/04/12

Alternancia de nubes e claros en xeral e nubes de evolución diúrna, con chuvascos dispersos que poden ir acompañados de tormentas, especialmente pola tarde no interior. Vento frouxo de compoñente Sur pola mañá, virando a compoñente Oeste pola tarde. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso con xeadas en zonas montañosas. Máximas en lixeiro ascenso. 27/04/12

Nos últimos tres meses, 25 mil persoas quedaron sen traballo en Galicia. // Os estaleiros galegos e a xunta vanlle solicitar a Mariano Rajoy para abordar a situación do sector. // Galicia ten o dobre de sinistralidade laboral que o conxunto do Estado. // Malestar no ensino galego polas últimas medidas do goberno central. // Cinco mil quilómetros de media é o que viaxan os alimentos que consumimos. // Festival do Norte en Vilagarcía. 27/04/12

O desemprego chega ó 20'1% por primeira vez en Galicia con 265.000 desempregados.A Xunta acusa a Bruxelas do bloqueo dun novo sistema de bonificacións fiscais para os estaleiros da ría de Vigo.Acordo para evitalo peche de gardeirías en Narón.A Real Academia Galega comemora o 50 aniversario do Día das Letras Galegas cun acto cívico en A Coruña e a publicación de libros,carteis e pezas audiovisuais. O galego Antón Reixa gaña as eleccións da SGAE,pero precisará pactar para presidi-la sociedade de xestión.

Prosegue a busca do pescador afeccionado ao que levou o mar cando estaba nas rochas do Cemiterio dos Ingleses, en Camariñas. // O presidente da Xunta asegura que os institutos de Galicia van seguir impartindo os dous tipos de bacharelato, pese a que o goberno autoriza a ter só un. // Os accidentes laborais teñen un custo económico en Galicia de máis de mil millóns de euros anuais, segundo un estudo de Comisións Obreiras. // Só un postor, que quedou cun pequeno coche, acudiu á poxa dunha das empresas de Jorge Dorribo, Innova Farmacéutica, que está en proceso de liquidación. // O dez por cento das persoas de entre 40 e 80 anos padece a EPOC. 26/04/12

Prosegue a busca do pescador afeccionado que levou o mar en Camariñas. // Os institutos de Galicia van seguir impartindo os dous tipos de bacharelato. // Os accidentes laborais teñen un custo económico en Galicia de máis de mil millóns de euros anuais. // Só un postor acudiu á poxa dunha das empresas de Jorge Dorribo. // O dez por cento das persoas de entre 40 e 80 anos padece a EPOC. 26/04/12

Intervalos nubrados en xeral con precipitacións intermitentes, máis frecuentes e intensas na provincia de A Coruña. Vento do Sueste, moderado no litoral, con intervalos de forte no Norte, e frouxo a moderado no interior, debilitándose ao final. Temperaturas mínimas en descenso, principalmente no interior, e máximas sen cambios. 26/04/12

A Xunta promete que terá en conta a dispersión xeográfica á hora de aplica-los recortes no transporte sanitario.Feijóo defenderá manter dúas modalidades de bacharelato nos institutos galegos.O PSdG cré que o paro afectará a finais deste ano a 300.000 galegos.O BNG demanda a creación dunha banca pública.A caixa galega fusiona hoxe as súas dúas fundacións e domicilia a nova sociedade en Santiago.Subastan bens de Dorribo e só un coche atopa comprador.Salvamento segue buscando ó home que caeu onte ó mar en Camariñas

A borrasca "Petra" pasou por Galicia sen provocar danos de importancia. O máis perigoso está no mar. // A Xunta non vai aplicar en Galicia a norma estatal que lle permitiría aumentar o número de alumnos por aula. Anunciouno Alberto Núñez Feijóo hoxe no Parlamento. // Nas tres universidades galegas houbo hoxe protestas estudantís contra o acordo que permite subir as taxas ata un 60 por cento. // A plataforma en defensa da sanidade pública pídelle ao presidente da Xunta que non aplique en Galicia as medidas de copagamento acordadas polo Goberno central. // A investigación ó ex conselleiro de Industria Fernando Blanco sepárase da Operación Campeón. // Motos históricas no Museo de Pontevedra. (25/04/12)

Moito vento e moita chuvia, especialmente nas provincias da Coruña e Pontevedra. Segundo avance o día as chuvias terán un carácter máis intermitente. Vento do Sueste moderado a forte, con intervalos moi fortes durante a primeira metade do día en todo o litoral e en puntos altos do interior. Temperaturas mínimas en lixeiro ascenso e máximas sen cambios ou en lixeiro descenso. (25/04/12)

A borrasca "Petra" pasou por Galicia sen provocar danos de importancia. // A Xunta non vai aplicar en Galicia a norma estatal que lle permitiría aumentar o número de alumnos por aula. // Nas tres universidades galegas houbo hoxe protestas estudantís. // Piden á Xunta que non aplique en Galicia as medidas de copagamento do Goberno central. // A investigación ó ex conselleiro de Industria Fernando Blanco sepárase da Operación Campeón. // Motos históricas no Museo de Pontevedra. (25/04/12)

A Xunta non aumentará a ratio de alumnos por clase e manterá as taxas universitarias nos niveis máis baixos. O presidente Núñez Feijóo rexeitou no Parlamento as críticas da oposición ás últimas medidas do Goberno. Sentada de universitarios contra a suba de taxas. Traballo anuncia que se imporán sancións no caso de ERE's irregulares. Falamos con Jose Muñoz, de Estopa, que o venres actúa na Coruña.

  • Tras 31 años de explotación, la mina se clausuró el 31 de diciembre de 2007
  • Se ha rellenado de agua y constituye lago artificial más profundo de Europa
  • La medida ha levantado muchas críticas por parte de asociaciones ecologistas

Xa se pode circular por un dos sentidos da A-6 nas Nogais, na montaña de Lugo e nos próximos minutos quedara libre o outro carril. A causa dun accidente cun camión cargado de gas natural o tráfico estivo cortado durante máis de 26 horas. // O Parlamento galego acepta a primeira lei de montes que ten Galicia en trinta anos. Fomenta a agrupación de parcelas e obrigará a reinvestir no monte parte dos beneficios. // Galicia e o Norte de Portugal preparan propostas comúns para tentar conseguir fondos da Unión Europea. // Denuncian na Fiscalía de Medio Ambiente as fumigacións aéreas contra as pragas do eucalipto. // Javier Gómez Noya: Próximo obxectivo, Londres. // En Galicia morren en accidentes laborais o dobre de persoas que a media do estado. 24/04/12

Ceos nubrados en xeral, con precipitacións débiles e dispersas durante o día que se intensificarán durante a noite. Vento moderado de compoñente Oeste durante o día, con intervalos de forte nas primeiras horas no litoral de Lugo. Segundo avance a noite intensificaranse, sendo moderados a fortes en xeral, con intervalos moi fortes nas zonas montañosas e no litoral. Temperaturas mínimas en lixeiro descenso, localmente moderado no interior; mentres que as máximas seguirán sen cambios significativos. 24/04/12