36 días seguidos de chuvias e acumulacións superiores ós 100 litros por metro cadrado nalgunhas localidades deixaron máis de 200 incidencias en distintos puntos de GAlicia por asulagamentos ou corrementos de terras. Especialmente en zonas de Ferrolterra ou a Costa da morte, onde vimos desaloxos de vivendas. Unha manta de auga que tamén está a afectar ó sector primario, que advirte da perda de ata o 50% da produción en cultivos coa a naviza, o repolo ou as leitugas.
As intensas chuvias e a apertura da Fervenza do Xallas provoca anegamentos en Dumbría e Mazaricos. En Neda, o desbordamento do Bastieiro obriga a desaloxar varias casas na parroquia de Santa María.
-O BNG defende ba Coruña que o pacto co PSOE busca acadar a condonación da débeda do Porto de forma progresiva.
-A Deputación da Coruña conta con ter aprobados os seus orzamentos para que entren en vigor o un de xaneiro. Ascenden a máis de 222 millóns de euros, un sete por cento máis ca os deste ano
- O concello de Santiago confirma que non recorrerá a sentenza que desestima a licenza da gasolineira de Brandía
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
Xa co pleno de investidura pechado e rexistrada a lei de amnistía...a división tamén é evidente en Galicia: a Xunta pide a reunión da Conferencia de presidentes mentres Bloque e PSdeG conformes con devolver o debate ó ámbito político e fóra do ámbito xudicial.
Pero hoxe estamos penentes, sobre todo, da evolución do tempo e do reconto de danos polas intensas chuvias.
Conforme avance o día irán diminuindo as chivas e abriranse claros. A cambio van baixar as temperaturas. As mínimas aínda se manteñen.
comprobámolo no repaso diario que facemos polas nosas emisoras
O anuncio da investidura de Pedro Sánchez e o pacto con Junts seguen sumando reaccións, tamén en Galicia.
A sala de goberno do Tribunal Superior de Xustiza adhírese ó comunicado das catro asociacións xudiciais contra o acordo, e o presidente da Xunta xa avanza que pedirá formalmente a convocatoria da conferencia de presidentes. Os líderes da oposición pídenlle a Rueda que acepte o resultado das urnas.
Por outro lado, constituise en Santiago "Recursos de Galicia", unha sociedade mixta de xestión de recursos naturais, participada nun 30 por cento pola Xunta e á que xa se incorporaron 33 empresas.
O goberno galego presentou hoxe a nova sociedade mixta de xestión de recursos naturais. É un dos fitos máis importantes da lei de recursos naturais, aínda en tramitación, que busca, segundo a Xunta, que os beneficios de empregar os nosos recursos naturais queden no territorio.
Porén, o sindicato CIG cre que o proxecto de lei, que conta cun informe crítico do consello económico e social, non cumpre con eses obxectivos. De feito, acusan ó goberno galego de usalo para favorecer aínda máis ás empresas enerxéticas.
O proxecto da Misión Biolóxica de Galicia -do CSIC- sobre a ROSA NARCEA vén de ser premiado pola Academia do Perfume. Á fronte da investigación está o grupo VIOR, con base en Pontevedra, liderado pola asturiana Carmen Martínez
Milleiros de persoas manifestáronse en Pontevedra, así como en tódalas capitais de provincia, en contra da amnistía e dos acordos acadados entre os socialistas e os independentistas para permitir a investidura de Pedro Sánchez. En Pontevedra encabezou a protesta o presidente do PP de Galicia, Alfonso Rueda.
A da Coruña foi a máis multitudinaria das concentracións convocadas polo PP contra a amnistía, en Galicia. Malia que o PP cifra en máis de 10 mil os asistentes, os datos oficiais rebaixan o dato a pouco máis de sete mil.
-A Universidade de Santiago estuda concertar prazas en residencias privadas pro seu alumnado. Xa iniciou conversas cos novos propietarios do antigo hospital de Galeras
-Val do Dubra e Trazo unen forzas contra o proxecto do vertedoiro de Niveiro. Pedirán informes sectoriais para evitar a súa instalación na vella canteira
-O litoral do Barbanza podería estar en risco tra-la crecente chegada de xacintos de auga, unha das plantas invasoras máis perigosas do mundo
Resumen actualidad informativa de la provincia de Ourense presentado por Marta Landeira y Eva Otero.
Miles de galegos tamén sairon este domingo á rúa nas catro capitais provincias convocados polo partido Popular en defensa da igualdade entre os españois. O presidente do PP galego estivo en Pontevedra onde de novo dixo que o acordo de investidura terá un algo custe para Galicia.
Protesta este luns en Santiago... os bombeiros forestais vanse manifestar para demandar unhas normas que regulen a súa actividade. Teñen previsto unírselles os bombeiros comarcais.
O camiño de Santiago bate récord de peregrinos cando aínda falta mes e medio par que acabe o ano.
E, un incendio causou graves danos nunha casa unifamiliar en Monforte. Non hai que lamentar danos.
Deportes. O Obradoio derrota ó Baskonia no Sar; o sábado tamén gañara o Breogan
Menos de 24 horas pra convocatoria do partido popular a manifestarse polas rúas das principais cidades galegas en contra da amnistia. Mentres este sábado, a oposición xa manifestou a sua opinión ó respecto. Neste sentido, Jose Ramon Gomez Besteiro, candidato polo PSDG á presidencia da Xunta, criticou a pasividade dos populares ante os actos violentos contra o partido socialista. Tamén, Ana Ponton, lider dos nacionalistas, acusa ós de dereitas de importar a crispación de Madrid á nosa comunidade.
Noutros asuntos, este sábado, a plataforma Defensa do común celebrou na Coruña a cuarta marcha cívica pra demandar a apertura da Casa cornide, ainda propiedade da familia Franco.
No tempo da entrevista, falaremos coa investigadora ó cargo do proxecto recentemente premiado pola Academia do Perfume.
Xosé Manuel García fala co presidente da Deputación de Ourense, agora tamén á fronte da xestora que dirixe o PP na provincia tra-lo abandono de Manuel Baltar