Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

A Garda Civil intercepta preto de 20 mil kilos de uva foránea que se pretendía introducir en Valdeorras.

A uva, que quedou inmobilizada, procedía de Medina del Campo.

Os traballadores das empresas auxiliares de ENCE denuncian recortes e despedimentos.

Lamentan que a pasteira non poña en marcha un plan de investimentos ante o precario estado de mantemento da factoría.

Tras tres meses de mobilizacións, Xunta e Deputacións reúnense cos bombeiros dos paques comarcais.

O encontro, que se celebra no Consello Galego de Relacións Laborais, trata e desbloquea-lo conflito que mantén en folga a uns 500 traballadores.

Concentración de veciños de Catoira en Pontevedra para protestar contra á instalación dunha de pirotecnia

Entregaron un milleiro de sinaturas na subdelegación do goberno para que rectifique tras dar luz ver ao proxecto.

O tempo, ceo limpo, aínda que pola tarde medrarán nubes de evolución, e temperturas en ascenso.

Hoxe comeza na Coruña o xuízo pola morte dun traballador da refinaría en marzo de 2022. Este xoves comparecen representantes de Repsol.

Tamén esta mañá protesta das organizacións veciñais de Compostela pola vía pra bicis e peóns entre O Milladoiro e San Caetano. Aseguran que destrúe patrimonio do bosque do Banquete de Conxo e das Brañas de Sar.

A cooperativa Lenda Educativa concreta coa Xunta a posta en marcha dun centro de Educación Especial na Costa da Morte, tralo peche de ASPABER.

Non hai un censo aproximado de xabaríns...pero polo incremento de avisos por danos na agricultura ou accidentes de tráfico, é evidente que o número é moi alto. Por iso, a Xunta declara a emerxencia cinexética na maior parte do territorio... Inclúe ás sete grandes cidades. A excepcionaliade entra en vigor xa este sábado.

En relación cos últimos alixos de droga: hoxe prestarán declaración os detidos... os tripulantes do pesqueiro apresado fronte á costa galega farano por vía telemática porque o caso lévao a Audiencia Nacional.

E, unha xuiza de Santiago arquiva unha nova peza da Pokemon e faino tamén con críticas á instrucción da maxistrada Pilar de Lara que foi a que abriu a investigacion.

O tempo.

Mantense a influencia anticiclónica sobre Galicia, con ventos do nordés... van subir as temperaturas máximas... a cambio as mínimas algo máis baixas.

A xunta decreta a partir deste sábado emerxencia Cinexética pola presenza continuada de xabarils nas urbes da nosa comunidade. Unha medida excepcional que permitirá fexibilizar os requisitos pra caza do animal xa que se podera capturar pezas sen límite dambos sexos . A finalidade é controlar a poboación.

A sanidade privada da provincia mobilizaráse para demandar un novo convenio pros traballadores. Piden melloras salariais e xornadas xustas

- Protesta da CIG diante dos xulgados da Coruña pra denunciar a represión sindical que a empresa ELECNOR exerce sobre os membros do comité

- O concello de Santiago porá en marcha un protocolo fronte ás violencias sexuais e LGTBIfóbicas no ocio nocturno compostelán

-A Xunta recibiu once ofertas para executar os accesos pra ampliación do complexo hospitalario universitario da Coruña

Dobre acción contra o tráfico de droga en Galicia. Foi apresado un pesqueiro con dúas toneladas de cocaína e arrestados os catro tripulantes e operación, con ramificacións en Andalucía, practicáronse outras 13 detencións. Actuacións que demostran que o narcotráfico segue en pleno auxe.

No Parlamento, hoxe sesión de control: o portavoz socialista preguntaralle ó presidente Alfonso Rueda polo inicio do curso escolar; o BNG, polas actuacións da Xunta para impulsar o autogoberno de Galicia.

E, recolleremos unha nova queixa contra o funcionamento das residencias de maiores que xestiona Domusvi, neste caso en Monforte

O Parlamento vai volver a tramitar unha proposición de lei, que remitirá ó Congreso, para demandar a transferencia a Galicia da titularidade e competencias da AP-9 a Galicia.Será o cuarto intento

El Ayuntamiento de A Coruña se ha sumado a las más de 30 ciudades que obligan a los dueños a limpiar con agua los orines de sus perros.Es una sustancia muy corrosiva que puede deteriorar el mobiliario urbano. Las multas: entre 100 y 500 euros.