Enlaces accesibilidad
arriba Ir arriba

As propostas da Xunta non convencen ós internistas galegos, que rexeitan que se poida resolver o problema obrigando ós contratados a cubrir uns meses nos hospitais comarcais. Esa é a principal proposta da xunta sobre a mesa ata o de agora, ainda que se manteñen as conversas. NOn hai acordo, nin sequera, no número de internistas que hai e nos que faltan. Os sanitarios preparan xa unha carta de resposta ás priopostas do goberno galego.

A consellaría de Sanidade logra rebaixar a presión dos médicos internistas... pacta con eles a realización de contratos de máis duración que inclúan a cambio a obrigatoriedade de prestar servizo en máis dun hospital.
Continúa a boa evolución do paro... Aínda que en Galicia a reducción é menor, volvemos a cifras que non se rexistraban desde 2008

O tempo. Mantense a inestabilidade e, sobre todo pola tarde, vanse repetir os chuvascos. 


Xornada de reivindicacións no eido sanitario. Os médicos de medicina interna de Galicia denuncian sobrecarga de traballo e falta de persoal. En santiago, a asociación de pacientes queixase das largas listas de espera na area de pediatria e en Lugo, as enfermeiras manifestaronse contra a negación sistemática de permisos por parte da xerencia.

Tras máis de dous anos sobrecargados polos doentes da pandemia, ademáis da súa carga de traballo normal, os xefes dos servizos de medicina interna de toda Galicia din basta. Denuncian nunha carta ó sergas maltrato profesional. Os seus doentes repartidos por distintas áreas dos hospitais, falta de persoal, poucas prazas de MIR... reclaman solucións a unha sobrecarga que ten ó límite estas áreas. O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, admite que os recursos son insuficientes, e que mañá se reunirán con eles, pero di que é un problema que non poden resolver soas as comunidades.

Día de mobilizacións contra a violencia de xénero en repulsa ao ocorrido á muller de Carballo, vítima dunha malleira a mans do seu marido na madrugada do luns . Previsiblemente, o acusado pasará a disposición xudicial mañá.

A proliferación dos parques eólicos na nosa comunidade xera a repulsa de veciños e concellos afectados, e tamén de organizacións ecoloxistas que denuncian a negativa da xunta para debater esta problemática.

Segue a preocupación en Carballo polo estado da muller agredida polo seu home. Está estable dentro da gravidade. O seu marido pasará mañá a disposición xudicial, mentres os concellos da comarca bergantiñá amosan a súa repulsa en actos e concentracións. Esta tarde, en Carballo, onde un pleno extraordinario acordou a súa condena. Mentres, coñecemos outro caso de violencia de xénero, en Vigo.