Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 19/09/22 19/09/2022 39:03

Alfonso Rueda avanza que nas próximas semanas a Xunta presentará oS orzamentos para o ano 23. Vanse actualizar as axudas sociais, como a RISGA, co IPC para que os perceptores non sofran perda de poder adquisitivo.

O PSdeG inicia os trámites para pedir unha comisión que investigue o destino que a Xunta lle deu os cartos da COVID. Os socialistas, que se apoian en datos do Consello de Contas, aseguran que se descoñece o destino de 159 millóns.

Esta tarde reunión clave para o futuro de Hiperxel. Os traballadores, que levan desde abril sen cobrar a nómina con regularidade, agarda noticias sobre un posible comprador.

A garda civil mantén aberta a operacion que permitiu desartellar un grupo que se dedicaba o roubo e venda ilegal de arte sacra. Recuperáronse 170 pezas correspondentes a unha vintena de roubos. Dúas persoas ingresaron en prisión.

O tempo, estabilidade atomosférica, sÓ na motaña ourensá pode producirse algún chuvasco tormentoso, e temperaturas de verán.

Galicia Informativos
Más opciones