Galicia Informativos   Crónica de Galicia - 12/01/22 12/01/2022 44:41

A CIG esixe que se negocien cos sindicatos os criterios para fixar as prazas dos procesos de acceso ás prazas públicas de profesorado. O sindicato nacionalista está dacordo co dobre vía orientada os interinos e os novos aspirantes, pero non co número de prazas da segunda fase.

A reforma do fondo de compensación interterritorial podería supoñer que Galicia multiplicara por 10 os seus ingresos. É a proposta do economista Santiago Lago que esta mañá no Parlamento sinalou que Galicia debe apoiar as súas reivindicacións no espallamento da poboación.

A central térmica das Pontes vai seguir producindo, alomenos ata finais de mes. A inestabilidade do mercado eléctrico e os altos prezos da enerxía obrigan a mante-la actividade e non hai data para o seu desmantelamento.

Conmoción no concello de Avión pola morte a tiros do neto un matrimonio emigrante en México. Na acción tamén resultou ferida a nai do rapaz. Os avós da víctima, que se atopaban en Galicia, xa emprenderon viaxe de regreso ó país centroamericano.


O tempo. Imponse xa o anticiclón e temos un día solleiro, aínda con vento no litoral norte. Cómo vai evolucionar pola tarde.

Galicia Informativos
Más opciones