Magazine Galicia 13:40 - 18/06/26
Xoves sinónimo de festa porque empeza un dos festivais máis agardados en Galicia, o Son do Camiño. Este mediodía a conselleira de Igualdade presentou no Monte do Gozo o punto lila e arcoiris deste evento, destinado a informar, axudar e combater calquera tipo de agresión, situacións de violencia e odio. Todo nunha semana na que rematará o curso escolar polo que nuns días comezan as vacacións para moitos. Hoxe STOP Accidentes iniciou na coruña a campaña de prevención de accidentes: o uso do móbil é o descoido máis habitual, causante de gran número de accidentes.
A mañá deixa ademais a detención en Ponte Caldelas do home acusado de agredir á súa exparella e escapar co seu fillo. Ás dúas e dez todos os detalles, antes imos falar dun dos tecidos máis demandados no verán na roupa: o liño.