Magazine Galicia 13:40 - 16/03/26
Comezamos a semana con tempo primaveral, temperaturas altas en Ourense, Vigo ou Santiago pero con temporal costeiro: hai aviso laranxa na Mariña e na provincia da Coruña, teñan precaución.
Hoxe amenciamos descubrindo as novidades dos premios Oscar, sen galardón para Sirat pero como destacou por exemplo o presidente da Xunta: ter por vez primeira dúas candidaturas galegas nesta cerimonia xa é moito e sinónimo da calidade do nosos cine.
Luns con dobre folga médica, lembren que as súas citas poden sufrir alteracións. A partir das dúas e dez facemos balance da xornada no sanitario.
Antes seguimos falando de sanidade pero desde un punto de vista que vai máis aló dunha diagnose, desde unha perspectiva humana e próxima